martes, 10 de mayo de 2022

A COSTA MITICA - JOSE CARLOS

A COSTA MITICA

JOSÉ CARLOS

Formar parte dun clube convírtese ás veces en algo incalculable, en moito máis que unha etapa da vida ou da carreira deportiva. Acaba sendo un proxecto de entrega incondicional, de tempo e sentimento invertidos nunhas cores coas que sempre será identificado, e nas que o paso coma xogador só era o preludio dun comrpomiso que mudou en adestrador e presidente co tempo. Diferentes espazos pero un único latexar, corazón branquiazul que fixo de Jose Carlos "Rei de Copas" con tres títulos, naquel U.C. CEE que era buque insignia da comarca e surcaba categorías como a Preferente. 

Orgulloso esplendor que Jose Carlos defendía baixo paus, porteiro dos que despertaban admiración e codicia, que conquistaba polas súas artes pero tamén, especialmente, por un carácter que rebosa humanidade e xenerosidade. De branquiazul igualmente no Baio e campión costeiro co Camariñas, nun periplo que abarcou ata os corenta e seis anos, habitando o ángulo recto dunha madeira que chegou a coñecer tan ben coma o fogar propio. Adestrador que abrazou unhas semifinais de Copa co Carnota, antes de enrolarse de novo nas raíces, na orixe dunha traxectoria da que xa non voltaría a partir. Os éxitos retornaron da man do equipo xuvenil, adestrador mítico para varias xeracións de xogadores do Cee, aos que dou paso como só el sabe facer, regalando  bonhomía e dedicación ilimitadas, sen máis intereses que os de ver medrar ao clube no que tamén el medrou. Jose Carlos é esa clase de campión que non se apaga cando remata o partido, que segue a conquistar títulos fóra dos terreos de xogo en forma de afectos. Quizais os que máis custa conseguir, pero dos que Jose Carlos pode presumir de ter as vitrinas cheas. 


miércoles, 9 de febrero de 2022

A LÚS DO CANDIL - FÚTBOL COSTEIRO, CORAZÓN SENEGALÉS



Aínda resoan os tambores despois da vitoria de Senegal na que xa é a súa primeira Copa de África. Trinta e tres anos tiveron que pasar, ademais da amargura de perder a final na anterior edición, que se convertía na segunda derrota. Os tempos son chegados para un país que ten, ao igual que Galicia, a moitos dos seus fillos na emigración procurando un futuro mellor. Moitos deles, na nosa Comunidade, e non poucos formando parte non só das nosas vidas como veciños, senón integrando os clubes costeiros que cada fin de semana son a nosa fonte de paixón.


Camariñas, Ameixenda ou Monte Louro entre outros teñen senegalases defendendo as súas cores, pero tamén o Dumbría ou ó Lira, con Baba e Mamadou que son xogadores con percorrido na Costa. Os dous viviron esa final diante de Exipto transportados de novo ao seu fogar natal, a unha nenez na que non imaxinaran estar tan lonxe de canto viron ao nacer, pero aos que tamén o fútbol abriría a este lado do océano as portas dunha nova vida. Porque Baba e Mamadou teñen en común, ademais da nacionalidade, un camiño andado no que o fútbol cobra suma importancia dende que pisaron esta terra á que Baba chegaría dez anos atrás con visado portugués vía Lisboa - Porto - Coruña, onde agardaba seu tío co que acabaría trasladándose a Ponteceso. Alí, con Mato presidindo o clube pontecesán, ficharía e pronto destacaría nese mediocampo no que é un bregador tan duro como elegante e que o levaría a transitar por distintas categorías de toda a provincia. Da man do fútbol chegaba tamén o traballo que aínda conserva, escalando postos e xa pai dun neno galego, un herdeiro máis nado na Vila de Pondal.

Mamadou arribou hai case catro anos en pateira, nese traxecto entre a vida e a morte que tantos africanos emprenden, con distinta sorte, cada día. Instalado en Fisterra a carón da súa familia, pero de corazón roxiño nese outro fogar que é o Lira, implicado en solucionarlle o farrogoso camiño burocrático que permita poder optar a un traballo que non pase por ir ao mar. Para travesía, suficiente a de cruzar o Estreito. A tempada pasada, sen competicións, pasouna nos invernadoiros de Almería antes de poder volver e enfundarse de novo a elástica do Ajax da Costa. Mamadou miraba a pantalla do televisor segundos despois da vitoria abstraído, entre estupefacto e atónito. Incapaz de crer nese milagre que tocaba desfrutar tan lonxe. Horas antes, el tamén gañaba o seu partido de Liga co Lira, nun presaxio de fortuna para o que estaba por vir. Con máis de trinta persoas vendo o partido na mesma casa chegadas de diferentes puntos da comarca, comida, pregarias e toda a fe do mundo posta sobre o céspede de Olembe, Baba e Mamadou sentiron no asubío final, cos ollos pechados por un intre, que Senegal ruxía como nunca dentro do seu peito. Igual que o noso orgullo e afecto porque formen parte do noso corazón costeiro.


FÚTBOL COSTERO, CORAZÓN SENEGALÉS 

Aún resuenan los tambores después de la victoria de Senegal en la que ya es su primera Copa de África. Treinta y tres años tuvieron que pasar, además de la amargura de perder la final en la anterior edición, que se convertía en la segunda derrota. Los tiempos son llegados para un país que tiene, al igual que Galicia, a muchos de sus hijos en la emigración procurando un futuro mejor. Muchos de ellos, en nuestra Comunidad, y no pocos formando parte no solo de nuestras vidas como vecinos, sino integrando los clubes costeros que cada @fin son nuestra fuente de pasión. Camariñas, Ameixenda o Monte Rubio entre otros tienen senegalases defendiendo sus colores, pero también el Dumbría o al Lira, con Baba y Mamadou que son jugadores con recorrido en la Costa. Los dos vivieron esa final delante de Egipto transportados de nuevo a su hogar natal, la una niñez en la que no habían imaginado estar tan lejos de cuanto vieron al nacer, pero a los que también el fútbol abriría la este lado del océano las puertas de una nueva vida. Porque Baba y Mamadou tienen en común, además de la nacionalidad, un camino andado en el que el fútbol cobra suma importancia desde que pisaron esta tierra a la que Baba llegaría diez años atrás con visado portugués vía Lisboa - Puerto - Coruña, donde esperaba su tío con el que acabaría trasladándose a Ponteceso. Allí, con Mato presidiendo el clube pontecesán, ficharía y pronto destacaría en ese mediocampo en el que es un bregador tan duro como elegante y que lo llevaría a transitar por distintas categorías de toda la provincia. De la mano del fútbol llegaba también el trabajo que aún conserva, escalando puestos y ya padre de un niño gallego, un heredero más nado en la Villa de Pondal.
 
Mamadou arribó hace casi cuatro años en pateira, en ese trayecto entre la vida y la muerte que tantos africanos emprenden, con distinta suerte, cada día. Instalado en Fisterra al lado de su familia, pero de corazón roxiño en ese otro hogar que es el Lira, implicado en solucionarle el farrogoso camino burocrático que permita poder optar a un trabajo que no pase por ir al mar. Para travesía, suficiente la de cruzar el Estrecho. La temporada pasada, sin competiciones, la pasó en los invernaderos de Almería antes de poder volver y enfundarse de nuevo la elástica del Ajax de la Costa. Mamadou miraba la pantalla del televisor segundos después de la victoria abstraído, entre estupefacto y atónito. Incapaz de creer en ese milagro que tocaba disfrutar tan lejos. Horas antes, él también ganaba su partido de Liga con el Lira, en un presagio de fortuna para lo cual estaba por venir. Con más de treinta personas viendo el partido en la misma casa llegadas de diferentes puntos de la comarca, comida, plegarias y toda la fe del mundo puesta sobre el césped de Olembe, Baba y Mamadou sintieron en el silbido final, a pies juntillas por un rato, que Senegal rugía como nunca dentro de su pecho. Igual que nuestro orgullo y afecto porque formen parte de nuestro corazón costero.



lunes, 15 de noviembre de 2021

A COSTA MITICA - JUAN BAUTISTA, TITO E FRAN (CORCUBION)

A COSTA MÍTICA

JUAN BAUTISTA, FRAN E TITO CAAMAÑO 

Tres irmáns vestindo as mesmas cores non é algo que vexamos con frecuencia, pero os Caamaño foron unha excepción naquel Corcubión que, con eles a bordo e con Manolín ao timón, acadou a súa primeira Copa da Costa. Os tres excepcionais, e con Bautista e Fran que, máis adiante, seguirían travesía co mestre Manolín no Cee (Bautista tamén no Baio), onde desfrutarían de novos títulos nunha traxectoria épica e regada de éxitos. Inesquecibles non só polo seu talento deportivo, senón tamén pola exquisitez de trato, saber estar e compromiso, cualidades que se alongaban unha vez rematado o partido, Os tres cortados polo mesmo patrón, personalidades afectuosas que colleitaban o que sembraban: o respecto de todo aquel que compartíu minutos e céspede con eles. 

Bautista era o central por excelencia, a potencia e o dominio da área, a seriedade que non permitía nin un erro, incapaz de baixar a garda nin por un segundo. Garantía nese pequeno pero decisivo cadrado da zaga. Fran era a rebeldía na marcaxe ao rival, indómito pola banda que facía do roubo de balón unha especialidade propia, lateral de longo percorrido que impoñía un físico de gladiador para dominar a pracer as incursións alleas. Imprescindible poderío para dar osíxeno ao equipo, calculada presión da que poucos podian salir airosos. Fran foi un deses xogadores que ningún rival quere enfronte, sabedores de que pelexar contra el era, case sempre, unha batalla perdida. Tito foi fugaz, de viaxe máis efímera, pero igualmente talentoso. Todoterreo capaz de xogar en calquera posición, que aunaba perfectamente as condicións dos dous irmáns para sumalas as que el xa posuía, e que o converteron nun xogador prometedor e desexado. Aínda que vestiron outras camisolas, os tres son lenda vida do seu equipo de corazón, daquel Corcubión que formou parte dunha época onde a Costa era unha pasarela de estrelas que sempre vivían preto, que enchían de orgullo ás súas vilas....e que facían das cores moito máis que un uniforme, tamén un estilo de vida e unha declaración de intencións. E seguro que pese a tantos outros premios...ningún terá o sabor dese primeiro na casa, onde os tres fillos de Pilar do Navarro inauguraron un camiño que ainda segue a ser imaxe de añorado esplendor nunha xeración irrepetible.

Fotografía CEDIDA dos Irmáns Caamaño ca camisola da UD CORCUBION

Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Galicia en Goles En Xogo Radio Nordés Cadena SER Fútbol da Costa El Punteirolo A Bancada Non Vale Furar

lunes, 1 de noviembre de 2021

A COSTA MÍTICA JOSÉ MANUEL MATO (Puenteceso SD)

Formar parte dun clube para algunhas persoas é moito máis que vestir unhas cores ou acodir ó campo cada semana. Hai quen, sinxelamente, non vive prácticamente para outra cousa, e Mato foi para o Ponteceso todo o que cabe ser nun equipo de fútbol, dende xogador a presidente, pasando polo banco de adestradores no seu derradeiro ano ligado ao Pinguel. Un fervor estreado aos catorce anos, cando nesa tenra idade xa destacaba e formaba co equipo sénior onde acabou xogando dez tempadas, repartidas en distintas etapas, pero convertido nese lugar ao que sempre o levaba de novo o corazón.

Mato foi un xogador de Costa puro, que vestíu outras camisolas coma a do Corme ou o Nantón, tamén a do Baio no ano en que se proclamaron campións de Liga e acadaron o ascenso á Primeira Rexional. Antes, tivo ocasión de desfrutar dunha pretempada co Sporting de Xixón, onde circunstancias personais impediron que se poidese prantexar vestir de roxibranco. Técnica depurada nun xogador ao que lle gustaba exercer de medio centro, posición na que podía permitirse organizar e combinar unha creatividade que nel era innata. Dos que non se afanaban en ser o que culminase o gol, senón o que elaborase ese pase final que acabaría co balón na rede. Mato era un Guardiola costeiro que demostrou sobre todo na función de adestrador, onde os seus equipos sempre primaban a posesión, a desputa do balón e facer do fútbol un espectáculo que xogar e que admirar. Unha traxectoria avalada tamén polas case dúas décadas na presidencia dun Ponteceso competitivo e temido todo ese tempo no que Mato, en calquera das súas versións, foi corpo e alma entregados á causa do equipo da vila de Pondal.

lunes, 25 de octubre de 2021

O ILUSIONISTA Jorge García Sar (Unión Club Cee)



Os azuis son un deses clubes que sempre souberon misturar perfectamente a veteranía coa xuventude da súa rica canteira, unha camisola que vestiron moitos xogadores dende pequenos e que non deixou de ser a mesma ao longo dos anos. Jorgito é un dos que xa de ben novo pisaba céspede co Unión, e dos que xa formaba parte do equipo naquela última Copa da Costa do ano 2.007. Entrega branquiazul agás un breve lapso no Carnota, como tantos outros xogadores ceenses que atoparon en Lombáns unha segunda casa pero que, inevitablemente, acabaron volvendo á que sempre sería a súa: o Cee. E para non marchar nunca máis.

Jorge leva anos vendo medrar ás xeracións de xoves xogadores cos que despois compartirá vestiario, dando paso á semente de futuro que todo clube precisa para renovarse. Defensor de banda e esforzo, de alentar a todo o que redunde beneficiosamente no equipo. Tempada tras tempada, un fixo nese lateral do interminable campo que xa coñece como a propia palma da man, que percorre nos bos tempos e nos malos, que nunca deixa de habelos, pero que resiste porque, dalgún xeito, o Cee é xa unha familia da que custa desprenderse. Un ano en branco futbolísitcamente falando porque as circunstancias son as que son...pero para el, para Jorgito, os días e os meses, nalgún curruncho do corazón, seguirán sendo azuis. 

Galicia en Goles A Bancada Non Vale Furar Futbol modesto para a costa da morte Fútbol da Costa El Punteirolo Real Federación Galega de Fútbol - Futgal En Xogo

lunes, 18 de octubre de 2021

A COSTA MÍTICA MANUEL V. ALONSO DE LEÓN "PICHURRI"

A COSTA MÍTICA

MANUEL V. ALONSO DE LEÓN "PICHURRI"

Ter un alcume recoñecido é moi típico da nosa bisbarra, tanto que escurece o nome real e pasa a un segundo plano completamente. No caso de Pichurri é así exactamente, e ademais con connotacións cinéfilas, despois dunha proxección no cine da Ponte do Porto onde o protagonista era un xogador así chamado, cunhas características físicas que fixeron que o resto de chavalería o identificase con el e así o rebautizaran, pese ao pouco que en principio lle gustaba. Era o comezo dun camiño que percorrería emulando ao protagonista daquela película, sobre un campo de fútbol e deixando constancia de que ser nativo de Camariñas era estar moi preto da gloria futboleira.

Estreándose con apenas trece anos no xuvenil do Soneira S.D. vestindo xa as cores do primeiro equipo tamen , para o ano seguinte vestir as cores do Muxíacf Muxía xuvenil, de onde daría o salto ao equipo sénior do Porteño, co que estivo varias tempadas e acadou o título de Liga nos primeiros anos da década dos setenta e Campeón da Copa da Costa. Capitán e líder dunha formación que só abandoaría polo Bergantiños - Escuelas Luis Calvo de Rexional Preferente, que tivo que compaxinar co obrigado cumprimento do Servizo Militar. Foron dous anos antes de recalar no Carnota outros dous, preludio da súa derradeira mudanza coa creación do Camariñas FC, ao que partiría para xa nunca voltar a marchar. Alí, xenio e figura dos que deixan pegada, incombustible aínda que os anos fosen caendo no casilleiro, reconvertido máis adiante en xogador e adestrador, pero sempre ao calor do fogar camariñán, destino final dunha carreira entregada as cores e a un clube do que sempre formará parte, por tempo que pase.

Fotografias CEDIDAS, Pichurri na época do Porteño

Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Galicia en Goles En Xogo Concello de Camariñas Camariñas FC Radio Nordés Cadena SER La Voz de Galicia Porteño CF A Bancada Non Vale Furar El Punteirolo

lunes, 4 de octubre de 2021

A COSTA MITICA - JUAN BAUTISTA, TITO E FRAN (CORCUBION)

A COSTA MÍTICA

JUAN BAUTISTA, FRAN E TITO CAAMAÑO 

Tres irmáns vestindo as mesmas cores non é algo que vexamos con frecuencia, pero os Caamaño foron unha excepción naquel Corcubión que, con eles a bordo e con Manolín ao timón, acadou a súa primeira Copa da Costa. Os tres excepcionais, e con Bautista e Fran que, máis adiante, seguirían travesía co mestre Manolín no Cee (Bautista tamén no Baio), onde desfrutarían de novos títulos nunha traxectoria épica e regada de éxitos. Inesquecibles non só polo seu talento deportivo, senón tamén pola exquisitez de trato, saber estar e compromiso, cualidades que se alongaban unha vez rematado o partido, Os tres cortados polo mesmo patrón, personalidades afectuosas que colleitaban o que sembraban: o respecto de todo aquel que compartíu minutos e céspede con eles. 

Bautista era o central por excelencia, a potencia e o dominio da área, a seriedade que non permitía nin un erro, incapaz de baixar a garda nin por un segundo. Garantía nese pequeno pero decisivo cadrado da zaga. Fran era a rebeldía na marcaxe ao rival, indómito pola banda que facía do roubo de balón unha especialidade propia, lateral de longo percorrido que impoñía un físico de gladiador para dominar a pracer as incursións alleas. Imprescindible poderío para dar osíxeno ao equipo, calculada presión da que poucos podian salir airosos. Fran foi un deses xogadores que ningún rival quere enfronte, sabedores de que pelexar contra el era, case sempre, unha batalla perdida. Tito foi fugaz, de viaxe máis efímera, pero igualmente talentoso. Todoterreo capaz de xogar en calquera posición, que aunaba perfectamente as condicións dos dous irmáns para sumalas as que el xa posuía, e que o converteron nun xogador prometedor e desexado. Aínda que vestiron outras camisolas, os tres son lenda vida do seu equipo de corazón, daquel Corcubión que formou parte dunha época onde a Costa era unha pasarela de estrelas que sempre vivían preto, que enchían de orgullo ás súas vilas....e que facían das cores moito máis que un uniforme, tamén un estilo de vida e unha declaración de intencións. E seguro que pese a tantos outros premios...ningún terá o sabor dese primeiro na casa, onde os tres fillos de Pilar do Navarro inauguraron un camiño que ainda segue a ser imaxe de añorado esplendor nunha xeración irrepetible.

Fotografía CEDIDA dos Irmáns Caamaño ca camisola da UD CORCUBION

Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Galicia en Goles En Xogo Radio Nordés Cadena SER Fútbol da Costa El Punteirolo A Bancada Non Vale Furar

domingo, 3 de octubre de 2021

O que sempre esta e Nunca se ve - MANOLO LÓPEZ (DUMBRIA)

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VÉ

MANOLO LÓPEZ (DUMBRÍA C.F.)

Non se concibe o noso fútbol sen esa representativa faciana que identifica á meirande parte dos clubes, eses directivos que, paseniñamente, á sombra dun labor imprescindible, son a maquinaria necesaria que precisa un equipo para botar a rodar cada domingo. Manolo López non só é un veterán dos campos da Costa, tamén é un dos pioneiros e artífices daquel Dumbría que comezou a camiñar para converterse nun referente costeiro a día de hoxe, e co que nuns meses cumprirá as Vodas de Prata ao servizo dunha casa na que, ademais de infatigable traballo, pon alma e corazón en todo ese tempo que adica ao Conco.

Manolo vive coa filosofía de que o deporte non é unha regra de tres, que gañar e perder son sempre dúas caras que dan a volta con facilidade, pero nunca sabes cando vai saír algunha delas. Espectador de primeira liña na traxectoria dun Dumbría que acadou fitos históricos na bisbarra, ascensos e títulos, pero tamén os logros dun fútbol Base que esta tempada voltan a situarse nas grandes ligas galegas. Con todo e tanto vivido, lembranza especial para a primeira Copa da Costa, aquela que estreaba o novo século e que abríu a porta ás que virían despois. Coma Delegado do primeiro equipo, vive intensamente a ras de céspede cada encontro, coa exquisitez de trato que o caracteriza e o fai ben recibido onde queira que viaxe. Encargado tamén desa montaña burocrática na que se convirte calquera trámite, papeleo e comunicacións que requiren paciencia e moitas horas que nunca se contabilizan, pero que aí están e fan posible que cada domingo o Dumbría saia dos vestiarios para que desfrutemos dunha tarde de fútbol. Manolo ocupará o seu lugar no banco, coa bolsa preparada para atender as incidencias dos seus xogadores...os mesmos que, nalgúns casos, leva vendo media vestidos de branco e negro, tan familiares coma a propia familia. Porque Manolo é exactamente iso, incluso para moitos rivais: alguén familiar e necesario nas vidas dos que soñan en redondo.

CF Dumbria -oficial- Concello de Dumbría Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Galicia en Goles En Xogo El Punteirolo Non Vale Furar A Bancada

lunes, 23 de agosto de 2021

ENTREVISTA co Novo Adestrador dos Xuvenís de Liga Galega do CF Dumbria -oficial- O Carnotán MARCOS DOMINGUEZ


- Satisfeito de retornar á competición nun clube coa soleira do Dumbría?

A verdad e que muy ilusionado de afrontar este novo reto e formar parte dun dos clubs con mais nome na costa.

-Tes experiencia en categorías de Base, pero a Liga Galega é sempre moi esixente.

-A verdad e que non a coñezo moito, pero con apenas traballar 3 dias cos rapaces deime conta do gran nivel que vai ter esta categoria.

-O obxetivo e intentar manter o equipo en liga galega e sobre todo formar xogadores para que dean o salto o equipo de maiores cun nivel o mais alto posible.

-Houbo moitas baixas por cuestión de idade, tocará fichar e renovar caras.

Eu xá chego co equipo formado e estou contento cos rapaces que teño, a directiva fixo o seu traballo e Eu ahora intentar sacar o mellor de cada un deles

-Que cualidades buscas á hora de decantarte por un xogador?

A hora de velo fixome na sua capacidade futbolistica... a hora de fichalo ou recomendalo entran as cualidades fisicas e técnicas pero tamen a sua maneira de vivir o deporte, de comportamentos cos compañeiros e cos rivais, co corpo tecnico etc.. que é tan importante como o anterior. A primeira vista non vou negar que me gustan os xogadores talentosos con técnica individual e bo trato de balon (os zurdos son a miña debilidade),pero os xogadores que destacan mais polo seu traballo fisico son tan importantes coma os anteriores. Encontrar o equilibrio e o mais dificil.

-Como foi a experiencia na Terceira División?

Espectacular, o ano pasado non o cambiaría por nada. As facilidades que me topei para traballar, ter un corpo tecnico dunha gran calidade no que cada un desempeña o seu traballo, ter uns xogadores dun nivel altisimo e poder aprender dun profesional como Jaime foi impresionante. Non todo foron alegrías, pasei momentos malos pero de todo se aprende e quedome co positivo que foi o 90%.

-Adestrar ao equipo xuvenil sempre é un reto, hai que preparalos para o salto ós maiores.

Siiii xá o respondin con anterioridade pero ese e o maior obxetivo

-Tardaste moito en decidirte despois de recibir a oferta?

Pois nooo. Categoría de nivel alto nunha idade na que podo traballar como me gusta e intentarlle enseñar todo o que aprendín nos Cursos de Entrenador e este ano pasado en Fisterra.

-Que motivou que aceptases?

Como dixen antes a categoría na que vou estar e sobretodo que é un club muy ben estructurado e serio e sentirse como un adestrador non solo un alineador.

-Dinos que considerarías un éxito a final de tempada.

A nivel de equipo poder sacar o maximo rendimento de cada xogador, conseguir aguantar o equipo na categoría e a nivel personal seguir crecendo como entrenador.

Como remate dar as gracias a directiva do Dumbria por apostar por mín e a intentar devolverlle esa confianza con moito traballo.



lunes, 19 de julio de 2021

A COSTA MÍTICA - JUAN PORRÚA


Non soen ser os  porteiros a clase de xogadores aos que máis atención se lles presta. Fundamentais porque eles teñen a derradeira chave da vitoria ou da derrota, pero esquecidos en moitas ocasións, alonxados do foco mediático que encumbra a goleadores e, en definitiva, aos que fan que o marcador se mova, non aos que poñen todo o seu empeño en evitalo. Pero Juan Porrúa é un dos que leva toda a vida cumprindo con ese cometido, e non de calquera xeito, senón nese grupo de escollidos que fixo dos treus paus un escaparate co que percorrer toda Galicia, sumando premios e títulos mentras detiña balóns e freaba en seco a avidez dos dianteiros. A gloria, con el diante, sempre quedaba na área pequena.

Porrúa nunca tivo outra posición no terreo de xogo, ata agora que senta no banco e comparte experiencia e coñecementos coma adestrador do Monte Louro, con quen vén de acadar o ascenso a esa Liga da Costa que tanto admira e desfruta, e da que tivo ocasión de ser campión coma xogador, igual que de Copa. Estreou adolescencia e posto no Muros natal, onde se fixo dono dese habitáculo que xa nunca abandoaría, e que o levou ata o Compostela coma primeira parada, onde acadou o campionato de Tercera División co filial, tamen onde mais destacaría sería no Santa Comba de Terceira División xogando seis tempadas e sendo unha das etapas mais importantes da súa vida. O Grove, Noia, Ribadumia ou Chaián antes de voltar á comarca, especialmente ao Dumbría, onde vivíu grandes éxitos coma o ascenso a Preferente. Tamén  no Conco sentou por primeira vez no banquiño para adestrar ao equipo Cadete, antes da súa marcha ao Dubra, onde finalmente colgaría unhas botas exhaustas de transitar por todo o fútbol galego. Varias veces premiado coma porteiro menos batido, Juan Porrúa é fiel a un estilo, ao de facer familia alí por onde pase, sabedor de que un equipo precisa a mesma confianza que se require para poñerse entre os tres paus. Pese a unha prologanda ausencia por motivos laborais, está de volta e con todos os folgos do mundo para seguir facendo historia...para roubarlle, aínda que sexa sen querer, o protagonismo aos que o levan habitualmente cada domingo. 

jueves, 15 de julio de 2021

A COSTA MÍTICA - JOSÉ NIETO BARCIA "MORO"

 


Ás veces ata os mellores tardan en atopar o seu sitio no campo, e experimentan posicións mentras non dan con esa que fará deles protagonistas da competición, donos de títulos e soños que só algúns logran tocar e converter en realidade. Moro foi celeste no seu inicio, coa etapa infantil desenrolada no Compostela, pero xa sendo xuvenil vestíu o verde do Xallas, equipo no que comezou xogando de porteiro, pero que acabou dando paso a súa propia natureza, ao posto de centrocampista ávido e voraz, de personalidade gañadora e potencia tanto física coma mental. Ofensivo en canto tiña ocasión, facendo do remate de cabeza unha arma perigosa en cada área rival.

Carácter indomable sobre o terreo de xogo, compañeiro dos que nunca desfalecían á hora de alentar aos seus, tampouco cando ese alento era preciso no vestiario, antes ou despois do partido. Sempre desposto para tender a man amiga, apoio necesario de todo aquel que o necesitase, batallador e bregador incansable. Talento e calidade que obtiveron o premio dunha Copa da Costa co Xallas e tamén un campionato de Liga co natal e incipiente Mazaricos, aquel equipo de míticos en si mesmo de principios da década dos noventa. Despois, no paso polo Dumbría, nunca deixou de manterse nos postos de máximo goleador, nunha traxectoria onde o seu poderío foi parte indispensable do apoxeo e éxito do fútbol costeiro. Apagadas as luces da primeira liña, mergullóuse na competición de veteráns enrolado no Muros e no Casa Barqueiro de Negreira, pero tamén no Xallas, nunha volta ás orixes que pechaba o círculo da súa andaina futbolística, dos anos de dura batalla entre os mellores, marcando unha época e deixando a impronta de xogador grande dentro e fóra do campo. A categoría non é un traxe que quitarse despois de noventa minutos...o que a ten, coma Moro, sempre a leva posta.





domingo, 11 de julio de 2021

A COSTA MÍTICA - ÁNGEL ÍNSUA CAAMAÑO "ANGELIÑO"



É ben coñecida a rivalidade entre dúas das canteiras máis potentes da Costa e referentes ao longo dos anos en talento e estrelas que deron lustre ás nosas competicións como foron Cee e Fisterra. Pese a ese eterno antogonismo, houbo xogadores que compaxinaron ambos clubes conseguindo ser queridos e admirados por igual nun que noutro, como foi o caso de Angeliño, regalo de exquisitez e finura capaz de conquistar terreos de xogo en cada movemento, rendidas afeccións que elevaron o seu nome á categoría de divinidade e de mito tan desexado como temido se onde competía era no equipo rival.


Punto de partida no Ara Solis, debutante aos catorce anos co primeiro equipo de Primeira Rexional con quen completaría a tempada e sería o seu pasaporte á convocatoria da Selección Galega Sub-15 e á posterior fichaxe polo Compostela de División de Honra, onde estaría os dous anos restantes de etapa xuvenil. Antes diso, xa curtido e laureado xogador de Fútbol Sala, cun terceiro posto Alevín e un campionato de España Infantil coa nosa selección autonómica. Despois chegaría o salto á Preferente co Atlético Mineiro onde en dous anos acadaría unha Copa da Costa, título de Liga e o ascenso á Terceira División, unha competición que chegaría a coñecer moi ben tras cinco anos nas filas do Santa Comba. O seu palmarés seguiría incrementándose con outra Copa no Dumbría e, tras varios anos no Cee, a rúbrica perfecta na volta ás orixes gañando a derradeira -polo momento- Copa da Costa co Fisterra, con quen xa posuía un título ligueiro de Segunda Rexional. Con Dumbría e Cee, dous e un título respectivamente da extinta Copa Neria completan unha traxectoria que é moito máis que galardóns para un xogador ao que apodaban "Kunsito" en relación ao arxentino Kun Agüero. Rápido e perpetuamente voraz na área, fame de gol e derroche de estilo, dos que era imposible non destacar en cada crónica, un nome sempre inscrito en cada vitoria e en cada titular de tantos nos que foi protagonista indiscutible. Angeliño é a imaxe dun pasado aínda recente no que fixarse e do que aprender, categoría e señorío para unha memoria na que nunca poden faltar carácter e xenialidade como os que el demostrou sempre ter.




jueves, 8 de julio de 2021

A COSTA MITICA - JORGE CALABANDA

A COSTA MITICA

JORGE CALABANDA

Hai nomes que non adquiren toda a súa importancia ata que engadimos o alcume polo que son coñecidos, porque Jorge Mira López quizais non nos diga moito, pero dicir "CALABANDA" xa son palabras maiores. Imposible non coñecer a aquel xogador de potente físico que con apenas dezaséis anos xa formaba nas aliñeacións do seu clube natal, o Baio, onde a súa familia marcou unha época, con seu pai na presidencia e seu irmán ao seu carón no campo, convertidos en dous dos mellores xogadores da historia branquiazul.

Calabanda soñaba con chegar ao Deportivo, pero quen se cruzou no seu camiño foi o Celta cando, con dezaoito anos, xogaba no Bergantiños. A mala xestión directiva frustrara unha fichaxe que quedou nun regusto agridoce, nunha incógnita do que puido ser pero xa nunca coñeceremos. En pleno apogeo, chegou a un U.C. Cee no cúmio do éxito, desputando varias tempadas en Preferente e mesmo gañando a Copa da Costa dos oitenta, diante dun Corcubión que despois o tería no banco, como adestrador nun de tantos deses equipos que contaron coa súa experiencia e talento. A súa capacidade para organizar e interpretar o xogo, fixo del un puntal en calquera equipo no que xogaba, con chegada e gol dende ese interior dereito cargado de técnica que abraiaba a compañeiros, rivais e afeccionados. Voltar a casa, ao Baio, era unha crónica anunciada que se consumou co equipo en Primeira Rexional. Mestre da talentosa xeración que alí maduraba, o ascenso a Preferente foi a consolidación dunha categoría que xa era máis que recoñecida en toda a Costa. Ca retirada non chegou o abandono dos terreos de xogo, senón que foi reconvertido en adestrador de equipos coma o citado Corcubión, Agualada, Fisterra, Porteño, Nantón ou Camariñas e tamén, ata non fai moito, nas categorías do fútbol Base dese Cee co que vivíu unha gran e fructífera parte do seu periplo costeiro. Calabanda era o poderío que aunaba un poderoso físico coa elegancia dunha clase que descansaba no seu innato talento. Héroe branquiazul que fixo soñar a varias xeracións....e que puxo o seu nome no máis alto da historia dos clubes que o desfrutaron. Ningún foi o Deportivo coma el quería, mais quen perdeu, todos sabemos, non foi Calabanda.

sábado, 26 de junio de 2021

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VEJULIO CASTRO LÓPEZ (CD Baio)

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VE

JULIO CASTRO LÓPEZ (CD Baio)

Ninguén traspasa as portas do Platas Reinoso sen toparse con el, coa súa benvida a un campo que é moito máis que un terreo de xogo, tamén esa outra casa onde exerce de pai da familia branquiazul, a quen ve medrar e pasar bos e malos momentos, pero en todos eles sempre está Julio. Directivo dende os primeiros anos oitenta, a súa primeira iniciativa sempre pasa por estar desposto para axudar e colaborar, para facilitar a vida de todos os que forman parte dese Baio que lle viste o corazón.

A bordo da súa moto e indiferente ás condicións climatolóxicas, Julio chega ao Platas coa mesma ilusión que se respira nunha afección que deixa pegada por onde pasa, tan acolledor coma unha tarde de vitoria, de goles que celebrar e de títulos que desfrutar. Soños cumpridos en domingos onde Julio ve aos seus xogadores eufóricos sobre o céspede, e nada pode haber que compense máis de tanto traballo e adicación. Escoitar o ruído do seu motor é sinal de que volta a competicion, de que pronto de novo o campo terá xente chamando á porta, agardando para ocupar a súa localidade e alí estará, coma sempre, Julio. Chova ou faga sol, antes de que ninguén aparque na explanada do Platas Reinoso, dentro estará todo desposto para que nós, cantos estamos namorados do mundo do balón, poidamos vivilo en todo esplendor e comodidade. Julio estará alí para iso...para que o fútbol sexa o outro motor no que viaxa cada fin de semana. 

jueves, 24 de junio de 2021

SENDEIROS DE GLORIA - GUELI COTELO (Adestrador do Equipo Femenino do Bergantiños)



"ESTE ANO MERECEMOS O ASCENSO MÁIS QUE NUNCA"




Din que nunca choveu que non escampase e quizais, no invernal domingo que vivimos a pasada fin de semana, esa foi unha máxima que pese a non cumprirse no meteorolóxico, si se fixo real no anímico. Porque para o Bergantiños as pingas de agua deixaron de sentirse por fin co pitido final do partido, para transformarse en intenso calor e emoción despois da competida pero merecida vitoria que daba o pase á final polo ascenso. Alí, sufrindo pero finalmente reconfortado, atopábase Miguel Ángel "Gueli" Cotelo Couto (Carballo, 23/04/1980) vendo desfrutar e desbordar felicidade ás xogadoras que adestra e que acababan de consumar unha dura remontada. É o froito dun longo traballo, de intensas xornadas dende que o Bergantiños Feminino vise a luz por primeira vez e marcase un camiño que hoxe se abre espléndido para toda a comarca. Gueli é parte fundamental dese traxecto que agora pode consolidarse co ascenso, nun ano atípico e inesperado que, quen sabe, pode acabar sendo o que marque unha nova crónica para un equipo e un adestrador que, por si mesmos, xa fixeron historia.


--As finais non se xogan, gáñanse, dicía alguén.


Pois si a verdade, ninguén se lembra do subcampión. Aínda que no noso caso imos a intentar desfrutar do partido e do momento sen ningún tipo de presión.


--Aparte da dinámica habitual, a fortaleza mental precisará un extra de traballo?


Intentaremos controlar a extramotivación para esta final. Temos que ter a suficiente madurez para afrontar este tipo de partidos. Calquer despiste pode costar caro e ata o de agora vimos demostrando un nivel de concentración moi alto durante os noventa minutos.


--Pasar despois dunha remontada e de tanto sufrimento, favorece a nivel motivación?



A verdade é que aínda que tivemos o partido bastante controlado, nos últimos minutos apretáronnos sobre todo con accións a balón parado. Co pitido final as xogadoras celebraron a victoria e o feito de meterse na final. Saboréase mellor a victoria cando tes que sufrir para conseguila. Tivemos o domingo para festexar a victoria, dende o luns xa estamos centradas no Bueu.


--É a mellor oportunidade para o Bergantiños de dar por fin o salto á Primeira. Moita responsabilidade despois de tantos anos sen telo conseguido?


Nunca tivemos a obriga de ascender, nin dende o clube nin nós mesmas. Co paso dos adestramentos e das xornadas démonos conta que estábamos a un nivel moi bo e que podíamos chegar ao tramo final da tempada con opcións de ascender. Tamén o curso pasado dependíamos de nós mesmas antes do confinamento e tiñamos serias opcións de conseguilo. E fai dúas tempadas tamén fomos quen de meternos na fase de ascenso e tamén quedamos ás portas contra o Friol. A verdade é que este ano merecémolo mais ca nunca.


--Como valoras o sistema competicional que houbo nesta tempada tan atípica?



Entendo que as circunstancias da pandemia e a demora do inicio da liga non deron moitas mais opcións, pero a verdade é que non me gustou moito. Unha liga regular moi curta e sen marxe de fallo, e despois dúas eliminatorias a partido único, parece un formato de competición dun torneo ou copa mais ca que de unha liga regular. O privilexio de quedar campión debería estar mais premiado.


--Cada día xurden novos equipos femininos na Costa, que sempre foi caladeiro de xogadoras para o Bergan. Custa máis agora facer equipo en Carballo?


A verdade que non, porque cantos mais equipos hai, máis xogadoras se animan. Esta tempada fixemos a plantilla mais curta porque pensamos que era mellor para unha tempada de 10 partidos como moito.


--A canteira é un factor determinante e xa contades con categoría feminina "promesas". Hai proxecto de ampliar a outras?


Levamos 5 anos con feminino sénior, 3 anos co equipo promesas ( de 6 a 11 anos) e fai dous anos fixemos un equipo infantil para competir na copa Gallaecia. Para a tempada que vén intentaremos consolidar un equipo infantil na liga Galega de nenas de 12 e 13 anos. Dende aquí animo a todas as nenas que queiran vir a probar que estamos con xornadas de portas abertas para que nos veñan a coñecer e a disfrutar do fútbol con mais nenas de todas as idades.



--Que se formen novos equipos femininos é en parte grazas á senda aberta en Carballo. Consideraste dalgún xeito un pioneiro?


A verdade que na zona si que fomos os primeiros, aínda que outros anos tamén houbo outros equipos femininos de fútbol e fútbol sala. Penso que realmente a visibilidade que se lle está a dar nos últimos anos ao fútbol feminino, foi o que realmente fixo que mais equipos da zona se animasen a crear equipos femininos, sempre a raíz da demanda das propias xogadoras.


--Que destacarías das túas xogadoras?



Pois que a pesar de todo o que sufrimos esta tempada tan atípica, souberon manter a ilusión e a unión do grupo por encima de todas as adversidades. Hai un ambiente moi bo e iso nótase en cada adestramento. Isto facilita moito o traballo como adestrador. Por outro, lado cabe destacar tamén a labor de René, o segundo adestrador.
Del destacaría a ilusión e a paixón con que vive cada adestramento e cada partido. El tamén forma parte do exito desta tempada.


--Soña en alto e atrévete a pedir un desexo


Pois que remate esta lacra o antes posible e aprendamos dende o fútbol e o deporte en xeral, a disfrutar dos momentos que nos dá a vida rodeados da familia e dos amigos.

sábado, 19 de junio de 2021

O QUE SEMPRE ESTA E NUNCA SE VE (MANUEL SENDÓN SANTOS (MANOLO))

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VE

MANUEL SENDÓN SANTOS (MANOLO)

O Outes é un clube meritorio por moitos motivos, comezando por ese mimo co que se traballa a canteira, parte fundamental de que o noso fútbol sexa unha realidade, de que exista e regue de xogadores as ligas que nos fan ateigar os campos, que nos convirte os domingos en días de sufrimento pero tamén de inmenso pracer e desfrute. Todo iso non se consegue dun día para outro, e require de xente comprometida pero tamén desinteresada, da que fai das cores un motor que funciona carburando ilusión e traballo arreo.

Manolo é a alma dun Outes que volta a vivir esplendores, que nesta tempada vén de acadar o ascenso do equipo sénior á Liga da Costa e o campionato xuvenil. Os tempos non permitiron grandes celebracións, pero non tardarán en bailar as brasas sobre a grella que Manolo domina cunha arte especial. Non importa se hai calor ou frío, porque o verdadeiramente importante é xuntarse, e se fai falla, arrimarlle á ascua unha rancheira coa que ir abrindo boca antes dos manxares. En tempo de competición, Manolo é ese home que está sempre, que recoñecen os máis vellos e tamén os máis novos que cada día enchen de vida O Conchido. A figura pegada ao marcador, subindo tantos que saben a gloria cando son locais, e que ás veces o deixan sen números cando compiten os cativos. Manolo tamén exerce de delegado de equipo, de habitante do banco a carón deses xogadores que o desfrutan coma un avó compartido, un pouco de todos e co que todos medran. Imprescindible nos bos momentos, pero tamén nos malos, cando o seu sentido do humor serve de estímulo e bálsamo. Manolo sabe estar sempre...e moi posiblemente o que non se sabería, na casa branquinegra, sería estar sen el.

Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Outes Futbol Club El Punteirolo Galicia en Goles

sábado, 12 de junio de 2021

O QUE SEMPRE ESTA E NUNCA SE VE - EMILIO SUEIRO ARCAY (MILUCO)

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VE

EMILIO SUEIRO ARCAY (MILUCO)

De punta a punta da Costa, cada clube non só conta coa súa historia, senón tamén co seu histórico. Con esa xente imprescindible que, sen embargo, moitas veces nin sequera vemos, pero sen a que cada domingo sería imposible que o balón rodase sobre o céspede dos nosos campos. Miluco é un deses homes para todo no Corme, na versión azul da súa alma, a cor da que pinta un corazón que fai do Cairo unha segunda casa, un lugar ao que chegar o primeiro e poñer a funcionar todo o preciso antes de que dé comezo o espectáculo do fútbol.

Miluco nunca falla, nunca deixa nada atrás se el pode facelo. Entrañable incluso ao seu pesar, a ese carácter que pretende gruñón pero que ten gañadas as simpatías de toda a familia cormelá. Abrir a porta cando aínda todos repousan o xantar, torre vixía que dará paso aos xogadores, aos directivos, a todos os que irán chegando mentras el xa estaba alí. Cumprido recebemento aos afeccionados, aos visitantes, entradas e rifas que pasan polas súas mans coma un prezado tesouro, maquinaria necesaria para sobrevivir. Miluco coida con esmero cada balón, atento aos que sobrepasan os muros e caen ao outro lado, pendente de que nada se extravíe, de que todo estea de novo no seu sitio para o seguinte partido. O Corme vén de ser proclamado campión de Liga e ascendido á Primeira Autonómica, para gozo e satisfacción dos seus seareiros...mais tamén para a xente coma Miluco que traballa desinteresada e arduamente e que, dalgún xeito, esa tamén é a súa recompensa. O éxito nunca o sería sen el, sen a súa dedicación e amor ás cores a cambio só de seguir soñando en azul.

Fotografía CEDIDA

JP Parri  Real Federación Galega de Fútbol - Futgal Galicia en Goles Dulce Corcu  Corme CF Radio Galega Yovanna Vidal

jueves, 10 de junio de 2021

SENDEIROS DE GLORIA - A Entrevista da Semana con RAFA SUAREZ "Adestrador do UC CEE Femenino"


"NON VAI SER DOADO ACADAR O ASCENSO, PERO IMOS CON MOITA ILUSIÓN"


 A aposta polo fútbol feminino xa é unha fermosa realidade en toda a comarca, con cada vez máis participantes e, sobre todo, máis interese mediático dando pulo ás xogadoras, un primeiro paso necesario para a visibilización e a motivación á hora de botar a rodar un equipo. No Cee non dubidaron a tempada pasada en lanzarse a por un proxecto que vén de consolidarse e dar o primeiro título ao clube, cun grupo que se mantivo case na súa totalidade e que igualmente xogou baixo a batuta de Rafael Suárez Pais (Santa Comba, 02/09/1972) Rafa xa é entre os branquiazuis moito máis que un adestrador, con varios anos formando parte dunha familia na que ocupou o banco en moitas e variadas categorías, incluído o equipo masculino sénior, con quen voltará a competir en canto a situación se reanude. Mentres iso non chega, queda o reto do ascenso, a experiencia vivida e unha bancada en San Paio de Refoxos que seguíu manténdose viva para apoiar ás campionas que xa son todas as xogadoras que conforman o U.C. CEE.


--Primeiro obxectivo cumprido. Era co que contabas?


Despois do rendemento do equipo no noso primeiro ano contabamos con poder pelexar pola Liga, xa que se mantivo a práctica totalidade do plantel e a maiores incorporáronse Sara, Lucía Facal e Ánxela.


--O equipo estivo arrollador, diso dan boa conta os números feitos. Que agardas para a Fase?

Non é unha fase en sí, senón que xogamos un partido de semifinal e se pasamos unha final, ambos en campo neutral, gañando os dous acadaríamos o ascenso. Non vai ser doado pero imos con moita ilusión.


--Cal cres que é a clave do auxe do fútbol feminino actualmente?


Sinceramente, non sabería dicilo pero benvido sexa e oxalá siga medrando.


--Como viven as xogadoras este primeiro título no seu segundo ano de competición?


O ano foi tan atípico que ata se dou a circunstancia que fomos matemáticamente gañadoras na xornada que descansamos e non estabamos xuntas para celebralo.

--Que destacarías do grupo que tes?

Destacaría sobre todo a calidade e a xuventude. Creo que hai moito talento no plantel e cun equipo tan xoven non sabemos onde pode estar o teito deportivo. Agardo e desexo que sigan competindo xuntas moitos anos e acaden grandes éxitos.


--Por outra banda, tes ó sénior masculino do que tamén es adestrador aínda que non se xogase. Que tal ves o de retomar despois dun ano parados?

O parón vaise notar para todos, cando empece a pretemporada levaremos 16 meses sen adestrar.


--O Cee, sobre o papel, confeccionara un equipo que apuntaba moi boas maneiras. Agora tocará ir facendo reconto.

Estou moi ilusionado pois paréceme que conseguimos unha plantilla ampla e de calidade e trataremos de reafirmar o cambio de tendencia da tempada pasada, poñéndonos como reto mellorar a clasificación acadada.


--Ves ao Cee feminino con posibilidades de ascender?

Quedan só dous partidos para conseguilo, ao ser eliminatorias a partido único pode pasar calquera cousa. Imos loitar por facelo realidade.


--O mellor e o peor deste formato tan atípico.

É un formato moi distinto ao habitual pola súa brevidade e non permitiu darlle a todas as xogadoras os minutos que me gustaría. Noutra tempada xa estariamos ascendidas ao gañar a Liga, pero se conseguimos ascender ninguén se vai lembrar do formato.

 
--Que plans hai no Cee de cara á nova tempada, que xa en nada temos aquí.

Os plans do clube son seguir medrando como entidade, algo do que lle temos que estar enormemente agradecidos á nosa directiva que traballa arreo para que dispoñamos de todos os recursos necesarios e que fan un traballo que merece un maior recoñecemento, e desde aquí gustaríame facer un chamamento á colaboración que seguro que agradecen enormemente calquera axuda que se lles preste.
A nivel do equipo sénior queremos volver a ser un equipo que loite por títulos, no feminino, se conseguimos o ascenso tocará loitar por manter a categoría e se non pois voltaremos a pelexar por acadalo e no futbol base seguir ca liña de traballo actual buscando formar xogadores e sobre todo persoas.


E por último, estamos traballando nunha novidade que esperemos facer realidade para a próxima tempada e que anunciaremos en canto se concrete.

jueves, 3 de junio de 2021

SENDEIROS DE GLORIA - A ENTREVISTA DA SEMANA (JUAN PORRÚA e JUAN CABREJO da SD FISTERRA)

 

"DESFRUTEMOS DOS TRES PARTIDOS QUE NOS QUEDAN TODOS XUNTOS: CLUBE, AFECCIÓN, XOGADORES E CORPO TÉCNICO".

Non hai constancia de que os milagres existan, pero se alguén estivo preto de acadar un, foron tanto Juan Luces Cores (Muros, 18/12/978) coma Juan Cabrejo Pasantes (Camariñas, 26/05/1975) adestradores da S.D. Fisterra que non deixaron de abraiar nas semanas que levan formando dúo no banco fisterrán, por máis que finalmente parece que vaian quedar sen a tan desexada recompensa da permanencia. Pese a todo, o recoñecemento ao seu labor é unánime, capaces de chegar e recompoñer un equipo que apenas conseguía manterse a flote, pero que sacaron adiante con tesón e traballo, inoculando confianza e unha forza que facía moitos partidos que non se vira no Ara Solis. A piques de rematar a tempada, queda o sabor agridoce que non empañará de ningún xeito esta breve pero intensa traxectoria de dúas lendas que voltaron a xuntarse, anos despois, dende o outro lado da barreira para demostrar que seguen a ser unha parella de éxito.


--Sodes fieis ás matemáticas ou xa abandonades o soño da permanencia?


PORRÚA: Despois da derrota deste domingo contra o C.D. Pontellas, estamos ao 99´9% na Rexional Preferente, pero no vindeiro encontro no Ara Solis intentaremos sacar o partido adiante pese a todas as dificultades que estamos a atopar cada xornada. E a agardar resultados.


CABREJO: Sendo realistas hai que pensar que esta última derrota diante do Pontellas deixounos K.O, por máis matemáticamente aínda non estemos descendidos. Debemos seguir dando a cara polo clube e agardar un milagre.


--Os vosos números, pese a todo, son impresionantes. De partir todos de cero nesta fase, outro galo cantaría.


PORRÚA: A verdade que os números non minten, pero aínda así quédanos un mal sabor de boca por ter fallado nalgúns partidos clave. Pero é o que ten xogarte a vida cada semana co déficit de puntos que traiamos da primeira fase.


CABREJO: Os números son moi bos, pero partiamos con moita desvantaxe de puntos e ese foi un hándicao clave, pero estaba feito así e hai que aceptalo. O que si é certo é que en Preferente non contan os puntos que acadaste para ascender, o primeiro pasa con tres puntos e o segundo con un, e creo que este sería un método máis xusto tamén en Terceira, partindo cun baremo parecido dende o mellor clasificado ao peor. Pero nada se pode facer.


--Coma valorades o traballo do "Tolo" na dirección deportiva?


PORRÚA: Respira unha paixón polo fútbol en cada poro da pel, máis se cabe polo "seu" Fisterra que vin en moi pouco xente ata agora. Os que o coñecemos sabemos o gran traballo e sacrificio que fai por traer os mellores xogadores de Fisterra e bisbarra, complementado con outros de algo nivel da zona de Santiago e Coruña. Cos seus acertos e erros, axudou e moito a levar equipo do seu pobo ata a Terceira División.


CABREJO: Creo que fixo e fai un gran traballo, sendo un home que coñece moi ben o fútbol e que dá a vida polo seu Fisterra. O traballo aí está e ten un mérito tremendo. Ver o Fisterra en Terceira esta tempada é en outras cousas gracias o seu labor.


--Cal foi a fórmula para motivar un vestiario que vivíu de todo antes da vosa chegada?


PORRÚA: Dende o primeiro día o que fixemos foi dicirlle ós xogadores que creran neles mesmos, que son moi bos e forman un gran equipo. Que remaramos todos na mesma dirección e traballar arreo ata o último partido pasase o que pasase. E o máis importante: que pese a situación tan complicada que vivimos esta tempada, que DESFRUTASEN xogando ó fútbol.


CABREJO: O que tratamos de facer nós foi facerlles ver ós xogadores que eran mellores do que dicía a clasificación. Que creran neles e no seu traballo e que, remando todos xuntos, os resultados acabarían por vir. Intentamos aproveitar o traballo dos adestradores anteriores e cambiar algunhas cousas tácticas que vimos oportunas. Cando contas con tan pouco tempo, non podes chegar a un sitio e darlle un cambio radical porque non sería bo.


--Hai oferta de renovación sobre a mesa? Aceptariades o reto?


PORRÚA: Polo de agora non podemos pensar en renovacións ou ofertas. Quéndannos tres partidos para rematar a fase de permanencia e é no que imos centrarnos, no equipo e nos xogadores. Cando isto remate xa haberá tempo para sentarnos a falar e valorar a situación con calma e sen présa.


CABREJO: De momento non falamos nada, primeiro hai que rematar cos tres partidos que nos quedan e despois ver que pasa. O fúltbol, como a vida en xeral, sempre é un reto e hai que afrontalos.


--Pouca xente apostaba por un dúo inédito coma o voso. Que vos animou a aceptar e traballar xuntos'


PORRÚA: É normal que a xente teña as súas dúbidas cando chegan uns adestradores novos e, sobre todo, na situación na que estaba o clube. Cando xurdíu o momento, o primeiro que pensei foi en que tiña que contar con alguén da miña completa confianza e curtido en mil batallas, e non dubidei en ningún momento de que esa persoa sería Juan Cabrejo. Púxenme enseguida en contacto con el para explicarlle a ocasión que se nos presentaba e non tivo dúbidas para embarcarse nesta difícil pero FERMOSA aventura. Por enriba de todo está a amizade que mantemos dende que coindicimos no Compostela B. Estareille eternamente agradecido, e tamén ao "TOLO" pola oportunidade brindada.


CABREJO: Cando Porrúa mo propuxo, non dubidei o máis mínimo e dixen que adiante. Coñecémonos de hai moitos anos, dende aquela etapa no Compostela B e os dous coincidimos en que era unha moi boa oportunidade para adestrar e, ao mesmo tempo, un reto para adquirir experiencia neste mundiño.


--En Fisterra xa contades co afecto e respecto da afección, algo moi importante alí que non todos conseguen en tan pouco tempo.


PORRÚA: Eu só teño palabras de agradecemento infinito, están sempre co equipo no bo e no menos bo. Son a mellor afección da Terceira con diferenza, sempre respectando ás outras, por suposto. Son o xogador número "12", sempre tan importante. E de non ser por esta maldita pandemia, Ara Solis sería un campo sempre cheo a rebentar. So podo dicir que en tan pouco tempo eu xa me sinto un fisterrán máis e, pase o que pase no futuro, poderei dicir que tiven a mellor afección posible: os "RAPACOLLÓNS BIG BAND". E toda a xente de Fisterra que sabe e moito de fútbol. MOITAS GRAZAS POLO VOSO APOIO.


CABREJO: Iso é de agradecer. E sobre todo un orgullo que a SD. FISTERRA teña a mellor afección, sempre animando e apoiando e non só na casa, gañen ou perdan. Recibimos mensaxes de apoio e ánimo cando non gañas, e iso di moito deles, porque o fácil é facelo cando os resultados acompañan. Pero que non te deixen tirado nas derrotas vale ouro.


--Unha plantilla curta sempre limita. Pode ser un dos problemas a destacar se finalmente non se acada o obxectivo da permanencia?


PORRÚA: Non quero entrar a valorar os problemas que puideron traernos a esta situación. Cando remate a tempada falaremos diso, mentres contaremos co que temos ata o final.


CABREJO: É certo que somos un plantel curto, que cando hai baixas nótanse e que nos houbera gustado ter algún xogador máis. A estas alturas hainos que xa levan moito traballo acumulado nas pernas e van cansos, algo que se notaría menos se houbese máis efectivos para poder rotar. Pero tampouco quero empregalo coma escusa, somos os que somos e con eles a morte ata o final. En cuestión de traballo descúbrome ante todos eles.


--De poder elixir, que outra cousa teriadse cambiado nestas semanas?


PORRÚA: Non me arrepinto nin cambiaría nada. Bueno, si...os resultados negativos (risas)


CABREJO: A toro pasado e vendo o que pasou, é moi doado dicir que houbese cambiado tal ou cal cousa. Pero atrás non se pode voltar e hai que apeitugar co que pasou. Juan e máis eu sempre lles decimos que estamos para errar o menos posible, molestar o mínimo, pero está claro que cando perdes en algo fallas, pero eso é o fútbol.


--Unha valoración do comportamento do equipo e da afección.


PORRÚA: Un dez a ambos sen dúbida ningunha.


CABREJO: Dende a nosa chegada, non podemos estar máis contentos e orgullosos cos xogadores. Dano todo sempre máis alá de que gañes ou perdas. Iso foi tamén o que lles esiximos: dar todo o que levan dentro en cada partido, que se deixaran a alma polo escudo que levan e o escudo que representan. Con respecto a afección, pois un orgullo pertencer a este clube para desfrutar deles, e agradecerlles enormemente o apoio que nos dan e que, coma se di por alí: ORJULLO FISTERRÁN!!



jueves, 27 de mayo de 2021

SENDEIROS DE GLORIA - A ENTREVISTA DA SEMANA "FEDELLO (CF NOIA)


"CREO QUE UN PORTEIRO TEN QUE NACER PERO TAMÉN FACERSE. O TALENTO SEN TRABALLO QUEDA EN NADA"



Fedello: persoa que non para quieta, que anda dun lado a outro. Así describe o diccionario da Real Academia Galega (RAG) o alcume polo que é coñecido Daniel Varela Lema (Berna, 27/05/1992), un dos porteiros máis coñecidos e recoñecidos da nosa comarca, agora desfrutando do título de campión de grupo e candidato á fase de ascenso co seu actual clube, o Noia C.F. Sempre entre os máis solicitados cada tempada, outrora "enfant terrible" que xa transita por unha espléndida madurez deportiva que o leva a ser un fixo desta Preferente. Dani é a seguridade e a confianza baixo paus, a axilidade para voar e o talento para o regate e xogo de pés. Versatilidade que aínda non vemos a miúdo nunha posición tan maltratada coma decisiva. Capacidade comunicativa cos compañeiros que vai da man co respecto que sempre infunde no rival, son o tipo de cualidades que fan del un porteiro admirado e de referencia á hora de desputar calquera categoría. O futuro próximo é Dani "fedellando" nos campos cos mellores equipos e, sobre todo, cada vez máis alto. Coma neses balóns imposibles aos que só chegan algúns escollidos...E nese grupo de elite sempre se atopará Dani Varela.



--Noraboa por ser xa matemáticamente campións do voso grupo. Agora a pola fase.


Moitas grazas. Agora toca preparar a fase e agardamos poder lograr o obxectivo.



--Soñas con desputar a Terceira División?


A verdade é que me gustaría poder volver a xogar nunha categoría tan competitiva coma é a Terceiras División, esperemos que saia todo ben e academos o ascenso.



--Ata hai pouco xogabas en Baio ou Mazaricos. Como foron esas experiencias no fútbol costeiro?


Pois a verdade é que foron experiencias moi distintas, xa que en Mazaricos non poidemos acabar a tempada polo tema da pandemia, pero nos meses que estiven recibin un trato espectacular por parte da directiva e dos compañeiros. E Baio consideroa como a miña segunda casa, estiven tres tempadas divididas en dúas etapas. Foi un equipo no que disfrutei moito xogando e do que me levei grandes amizades. Gardo moi bos recordos do meu paso polo clube.



--A Escola de Porteiros Nordés, da que foste alumno, cres que reivindica un posto non sempre tan valorado coma merece? Que tipo de influenza tivo en ti?


Si , creo que a creación desta escola foi un acerto por parte de Oscar Rama e Agustín Elduayen, porque o posto de porteiro necesita unha atención e un tipo de adestramento moi diferente ao dos outros postos no campo. A creación da Escola Nordés doulle a posibilidade a moitos porteiros da Costa da Morte de desfrutar de adestramentos específicos, xa que moitos clubes non poden contar con adestradores de porteiros. A influencia que tivo en min foi bastante importante. Elduayen foi dos meus primeiros adestradores cando empecei de neno e despois con Óscar tamén aprendín moitísmo, e aínda sigo aprendendo dos dous.


--Que cres que lle agarda ao Noia nesta fase de ascenso?


Creo que nos espera unha fase moi dura contra equipos moi competitivos. O modelo de competición non permite marxe de erro, polo que haberá que dar o 100 % en cada partido.


--Algunha das túas aspiracións, agora ou noutro momento, pasan por xogar algún día no Bergantiños?


O Bergantiños é o clube da miña vida, no que me formei e me dou a oportunidade de xogar en Terceira División. Se algún día xurdira a posibilidade estaría encantado de volver xogar no equipo do meu pobo. A día de hoxe xogar no Bergantiños require un nivel futbolístico moi alto e o meu nivel non alcanza para xogar na categoría que vai a desputar o clube a vindeira temporada.



--Que tipo de xogo debe facer un equipo para que ti poidas despregar o teu maior potencial?


Prefiro xogar en equipos que practiquen un xogo combinativo. Pero non todos os adestradores teñen a mesma filosofía de xogo e hai que adaptarse ás esixencias de cada un.


--Un porteiro nace ou faise?


Creo que un porteiro ten que nacer pero tamén facerse, porque o talento sen traballo quédase en nada.


--Que cualidades consideras as túas mellores bazas?


Creo que os meus puntos fortes poden ser o xogo cos pés e os reflexos baixo paus.


--Pide sen cortarte: unha meta deportiva que alcanzar.

Lograr o ascenso co Noia CF.