Mostrando entradas con la etiqueta PONTECESO SD. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PONTECESO SD. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de agosto de 2020

A COSTA MÍTICA "CESAR DO CABO"




A COSTA MÍTICA

CESAR DO CABO

Folga incidir novamente na talentosa canteira fisterrana, no poderío futbolístico que alí nunca se cansa de nacer, de encher de figuras a toda unha contorna que se alimenta do froito que sae á vida no Ara Solis. Paulo César Sánchez Pérez "César do Cabo" era ese tipo de xogador deslumbrante que posuía todas as cualidades que un adestrador puidese desexar para formar nos seus equipos. Un fisterrán ao que o destino non quixo alumear no Brasil, pero que ben podería ter sido fillo de Bahía ou de Recife, un Rivaldo traballador incansable, imaxinativo e intelixente, de poderoso físico e innata elegancia. 


Dezaséis anos para os inicios na casa, nun equipo xuvenil que ao ano seguinte tivo que emigrar a Corcubión e de onde, rematada esa etapa, voltou ás raíces fisterranas, a despuntar e abraiar nun Fisterra co que colleitou a súa primeira Copa da Costa, e co que desputou outras dúas finais. Despois, agardaba o Ponteceso, dúas tempadas tamén coa cara e a cruz: unha nova Copa e tamén outra final sen premio. César xa era un dos xogadores máis destacados da Costa, codiciado e admirado a partes iguais, integrante posteriormente daquel Dumbría que chegou pisando forte, e co que erguía unha nova Copa da Costa, despois de quedar ás portas do campionato de Liga. Chamado a máis altas metas, o Negreira de Terceira División sería un novo fogar, un equipo no que era dos fixos e do que formaba parte cando os vermellos tocaron o ceo co ascenso a Segunda "B". Pero a parte doce sempre ten outra amarga, e fíxose presente nunha terrible lesión mentres militaba no Santa Comba, nun trascendente partido en Monforte onde estaba en xogo a permanencia na Terceira División. O peroné de César, nun choque fortuito cun rival, quixo abrirse paso na súa perna cara o exterior cando só ían dez minutos de partido, e a seguinte batalla libróuse no hospital, contra a dor e unha operación de urxencia. A recuperación, lenta e delicada, foi o prólogo da volta a un Dumbría que nunca deixara de añoralo. Goleador á altura dos mellores dianteiros, incómodo para defensores e temible para os habitantes dos tres paus, César do Cabo ocupa xa un lugar entre os míticos do noso Universo costeiro. Soubo gañalo.


domingo, 12 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - MANUEL OLIVEIRA GÓMEZ (MANOLÍN)



MANUEL OLIVEIRA GÓMEZ (MANOLÍN)


Din que a intención é o que conta e, neste caso, así terá que ser, porque a traxectoria dalguén coma Manolín é imposible de enumerar sen consultar varias hemerotecas e despoñer de gran espazo. Terá que abondar o desexo de tentalo, de querer plasmar unha historia única e irrepetible, case de ficción, pero tan real como a de todos os equipos que, a través del, viviron e probaron o sabor da gloria, dos triunfos e os títulos que son, finalmente, os que ademais de encher vitrinas, gañan corazóns.


Adolescente naquel Unión Club Cee aínda sen federar, do que marchou cara ás Rías Baixas para xogar en equipos coma o Arosa ou Marín, só un pequeno tránsito antes do Deportivo da Coruña, de onde tomou a decisión de voltar á casa, de embarcarse en augas máis tranquilas e dar forma ao que hoxe coñecemos e tanto admiramos: a Liga da Costa. Pioneiro na competición da Copa, gañador desa primeira edición enrolado no Cee, o mesmo equipo co que voltou a gañala seis veces máis, sete en total para os branquiazuis, e todas co nome de Manolín gravado. Porque se a súa etapa coma xogador foi fructífera, a de adestrador marca un fito difícil de superar, cuaxada de ascensos, títulos, dez Copas da Costa, múltiples recoñecementos, homenaxes, premios...Só na Costa, aparte do Cee, Fisterra, Outes, Corcubión, Soneira, Lira, Ponteceso, Baio ou Camariñas, pero tamén alén do noso territorio, coma o mesmo Marín onde xa xogara ou o mariñán Burela. Ata chegar ó punto final que puxo co Ameixenda, a quen ascendíu na súa última tempada en activo. Mítico de verde e letras, de sentimento e poesía que bota a rodar como antaño facía co balón, rei que nunca precisou coroa para implantar unha monarquía onde a divisa principal era o triunfo. Profesionalidade e carácter no banco, mestre das mellores xeracións que alumearon na nosa Costa, lector de partidos coma se fosen versos, declamando instrucións en cada xogada, incapaz de renderse ante ningunha adversidade. Invocalo é a nostalxia, a lembranza de tempos onde todo era posible se el estaba ó timón, respectado ata polo inimigo, ou incluso máis se cabe por este. Ninguén quería estar ao outro lado da súa trincheira porque iso significaba derrota case segura. Manolín arrolou ás grandes lendas que admiramos, fixo que medrasen, que se convertisen en membros do noso admirado Olimpo, pero tamén víu apagarse moitas, nun fútbol onde o compromiso e a actitude non sempre van da man. Xenio e figura de xeito absolutamente literal, retirado pero non esquecido, memoria á que acodir cando hai que traer de novo á escea ós prodixios que el dou forma, que alimentaba en cada vestiario e en cada tarde de partido. Se se pode ser orfo en vida nós, os que amamos tolamente o fútbol costeiro....vivimos orfos de Manolín.


jueves, 17 de enero de 2013

PONTECESO S.D


EL PONTECESO S.D SE FUNDÓ EN 1964

Presidente: MANUEL PARGA
Temporada : 2012/2013
Nº Socios : 350 Aprox.
Campo de Futbol : O PINGUEL (Hierba Artificial) - PONTECESO
Equipación Oficial: Camiseta BLANCA - Pantalón AZUL - Medias AZULES
Entrenador : NACHO
NACHO (Entrenador) 

DE PIE de Izquierda a Derecha

DIEGO - TONI - DANI PALLAS - JAVI - NANDO - ALBERTO RECAREY - NORBERTO - BOLÓN - RUBÉN - NACHO
AGACHADOS
XURXO - CANAI - MENDIETA - RUBEN - MARTÍN PUENTE - TUCHO - URBIETA - IAGO

El PONTECESO SD se fundó en