Mostrando entradas con la etiqueta C.F DUMBRIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C.F DUMBRIA. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de agosto de 2020

A COSTA MÍTICA "CESAR DO CABO"




A COSTA MÍTICA

CESAR DO CABO

Folga incidir novamente na talentosa canteira fisterrana, no poderío futbolístico que alí nunca se cansa de nacer, de encher de figuras a toda unha contorna que se alimenta do froito que sae á vida no Ara Solis. Paulo César Sánchez Pérez "César do Cabo" era ese tipo de xogador deslumbrante que posuía todas as cualidades que un adestrador puidese desexar para formar nos seus equipos. Un fisterrán ao que o destino non quixo alumear no Brasil, pero que ben podería ter sido fillo de Bahía ou de Recife, un Rivaldo traballador incansable, imaxinativo e intelixente, de poderoso físico e innata elegancia. 


Dezaséis anos para os inicios na casa, nun equipo xuvenil que ao ano seguinte tivo que emigrar a Corcubión e de onde, rematada esa etapa, voltou ás raíces fisterranas, a despuntar e abraiar nun Fisterra co que colleitou a súa primeira Copa da Costa, e co que desputou outras dúas finais. Despois, agardaba o Ponteceso, dúas tempadas tamén coa cara e a cruz: unha nova Copa e tamén outra final sen premio. César xa era un dos xogadores máis destacados da Costa, codiciado e admirado a partes iguais, integrante posteriormente daquel Dumbría que chegou pisando forte, e co que erguía unha nova Copa da Costa, despois de quedar ás portas do campionato de Liga. Chamado a máis altas metas, o Negreira de Terceira División sería un novo fogar, un equipo no que era dos fixos e do que formaba parte cando os vermellos tocaron o ceo co ascenso a Segunda "B". Pero a parte doce sempre ten outra amarga, e fíxose presente nunha terrible lesión mentres militaba no Santa Comba, nun trascendente partido en Monforte onde estaba en xogo a permanencia na Terceira División. O peroné de César, nun choque fortuito cun rival, quixo abrirse paso na súa perna cara o exterior cando só ían dez minutos de partido, e a seguinte batalla libróuse no hospital, contra a dor e unha operación de urxencia. A recuperación, lenta e delicada, foi o prólogo da volta a un Dumbría que nunca deixara de añoralo. Goleador á altura dos mellores dianteiros, incómodo para defensores e temible para os habitantes dos tres paus, César do Cabo ocupa xa un lugar entre os míticos do noso Universo costeiro. Soubo gañalo.


domingo, 26 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - PESCA

A COSTA MÍTICA



JUAN JOSÉ MARTÍNEZ (PESCA)

Os fisterráns son unha xente acostumada á conquista de novas terras, a traspasar fronteiras e converter Fisterra nun lugar universal, espallado polo mundo sobre todo a través do mar, pero tamén exportado nese outro talento que alí nace en cada xeración: o fútbol. Montado nel viaxou Pesca dende a tenra adolescencia, primeiro a clubes nacionais coma Rayo Vallecano e Atlético de Madrid, moito antes dun periplo europeo digno de calquera aventura de Julio Verne, mesturada co exotismo de Emilio
Salgari.

Pesca voltou da experiencia madrileña para recalar no Bergantiños , nun comezo de travesía costeira que abarcou todos os portos imaxinables da nosa contorna coma Soneira, Cee, Fisterra ou Dumbría. Sen saír de Galicia, abordou ó Cerceda, Vizoño, Vilalbés, Ordes , Porriño e Montañeros, mentres a súa andaina internacional tomaba a saída en Escocia, concretamente no Raith Rover, punto de partida dunha traxectoria que probablemente ningún outro xogador da Costa teña vivido. Portugal foi o seguínte destino, con ascenso á Primeira División incluído co Trofense (Trofa, Porto), para despois embarcarse no Oliveirense. Rematada a etapa no país veciño, rumbo a Bulgaria, ao Botev Plovdiv tamén da primeira


categoría, de onde sacou billete máis aidante para o Cantazaro calabrés, do que garda un entrañable recordo despois de ter sido adestrado polo brasileiro Ze María, nacionalidade sempre punto e aparte no mundo do fútbol. Tan habilidoso coma versátil, Pesca era un extremo esquerdo dos que fan que cada xogada sexa determinante, con intuición e carácter, actitude e técnica individual que completaban a un xogador que marcou unha época polo seu talento pero, tamén, por ese espírito viaxeiro que o fixo indómito e imparable. Fisterrán do mundo, pero tamén corazón de fogar, da casa….dese lugar onde medran os futbolistas e os grandes soños
que, nalgúns casos e coma lle aconteceu a Pesca, fanse realidade.


miércoles, 15 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - JOSÉ NIETO BARCIA "MORO"





JOSÉ NIETO BARCIA "MORO" 


Ás veces ata os mellores tardan en atopar o seu sitio no campo, e experimentan posicións mentras non dan con esa que fará deles protagonistas da competición, donos de títulos e soños que só algúns logran tocar e converter en realidade. Moro foi celeste no seu inicio, coa etapa infantil desenrolada no Compostela, pero xa sendo xuvenil vestíu o verde do Xallas, equipo no que comezou xogando de porteiro, pero que acabou dando paso a súa propia natureza, ao posto de centrocampista ávido e voraz, de personalidade gañadora e potencia tanto física coma mental. Ofensivo en canto tiña ocasión, facendo do remate de cabeza unha arma perigosa en cada área rival.



Carácter indomable sobre o terreo de xogo, compañeiro dos que nunca desfalecían á hora de alentar aos seus, tampouco cando ese alento era preciso no vestiario, antes ou despois do partido. Sempre desposto para tender a man amiga, apoio necesario de todo aquel que o necesitase, batallador e bregador incansable. Talento e calidade que obtiveron o premio dunha Copa da Costa co Xallas e tamén un campionato de Liga co natal e incipiente Mazaricos, aquel equipo de míticos en si mesmo de principios da década dos noventa. Despois, no paso polo Dumbría, nunca deixou de manterse nos postos de máximo goleador, nunha traxectoria onde o seu poderío foi parte indispensable do apoxeo e éxito do fútbol costeiro. Apagadas as luces da primeira liña, mergullóuse na competición de veteráns enrolado no Muros e no Casa Barqueiro de Negreira, pero tamén no Xallas, nunha volta ás orixes que pechaba o círculo da súa andaina futbolística, dos anos de dura batalla entre os mellores, marcando unha época e deixando a impronta de xogador grande dentro e fóra do campo. A categoría non é un traxe que quitarse despois de noventa minutos...o que a ten, coma Moro, sempre a leva posta.






Fotografias ARQUIVO Municipal do Concello de MAZARICOS e SANTA COMBA



JOSÉ NIETO BARCIA "MORO" 
A veces hasta los mejores tardan en encontrar su sitio en el campo, y experimentan posiciones mientras no dan con esa que hará de ellos sean protagonistas de la competición, dueños de títulos y sueños que solo algunos logran tocar y convertir en realidad. Moro fue celeste en su inicio, con la etapa infantil desenrollada en el Compostela, pero ya siendo juvenil vistió el verde del Xallas, equipo en el que comenzó jugando de portero, pero que acabó dando paso a su propia naturaleza, al puesto de centrocampista ávido y voraz, de personalidad ganadora y potencia tanto física como mental. Ofensivo en cuanto tenía ocasión, haciendo del final de cabeza un arma peligrosa en cada área rival. Carácter indomable sobre el terreno de juego, compañero de los que nunca desfallecían a la hora de alentar a los suyos, tampoco cuando ese aliento era preciso en el vestuario, antes o después del partido. Siempre dispuesto para tender una mano amiga, apoyo necesario de todo aquel que lo necesitara, batallador y bregador incansable. Talento y calidad que obtuvieron el premio de una Copa de la Costa con el Xallas y también un campeonato de Liga con el natal e incipiente Mazaricos, aquel equipo de míticos en sí mismo de principios de la década de los noventa. Después, pasó por el Dumbría, nunca dejó de mantenerse en los puestos de máximo goleador, en una trayectoria donde su poderío fue parte indispensable del apogeo y éxito del fútbol costero. Apagadas las luces de la primera línea, Buceando en la competición de veteranos enrolado en el Muros y en el Casa Barqueiro de Negreira, pero también en el Xallas, en una vuelta a los orígenes que cerraba el círculo de su andadura futbolística, de los años de dura batalla entre los mejores, marcando una época y dejando la impronta de jugador grande dentro y fuera del campo. La categoría no es un traje que quitarse después de noventa minutos...el que la tiene, como Moro, siempre la lleva puesta.

domingo, 28 de junio de 2020

JOSÉ CARLOS CANOSA TRABA (LLANERO) - A COSTA MITICA



Certos nomes abonda con invocalos para traelos á memoria, para lembralos sobre un campo de fútbol facendo sobre todo que iso, o fútbol, cobrase categoría de función de maxia. De espectáculo para privilexiados que viron como Llanero conquistaba corazóns a base de goles e un longo percorrido dende aqueles comezos no Ara Solis, nese lugar onde xa se medra sendo mítico, e dende o que seguir un camiño asfaltado de éxito e triunfo á altura dos deuses que alí rixen o destino dos mellores.


Llanero é un dos primeiros desa lista, un xogador épico que vestíu camisolas que se soñan, pero que non soen verse sobre a pel. Compostela na División de Prata, Atlético de Madrid e Sporting de Xixón B, Orihuela, Negreira e, despois, a volta á comarca, ao Dumbría dos títulos, dos ascensos e o triple "Pichichi", nunha etapa tan espléndida como esa zurda que erguía paixóns e trofeos. Pero non só o talento, tamén a capacidade de líderar, de conseguir que o equipo enteiro xirase en torno a súa figura e destreza, carácter que sempre transformaba en intelixencia, en poderío que daba o froito dos tan desexados puntos. Llanero vivíu o fútbol ao grande, sempre coa paixón incrustada no peito, indistintamente do equipo que defendera. No Cee, o descanso do guerreiro, o último treito no que desfrutar e tamén sufrir algunha amargura, ensinar ás xeracións entrantes que habían de mirarse no seu espello inevitablemente. Anos xogando por amor, cunha tempada no Baíñas antes de voltar ao equipo branquiazul e dar lustre a unha Liga da Costa acostumada a ver desfilar por ela as súas estrelas. Llanero sempre seguirá xogando, sempre estará na historia do fútbol que todos admiramos. E diso, é imposible retirarse


CASTELLANO

Ciertos nombres es suficiente con invocarlos para traerlos a la memoria, para recordarlos sobre un campo de fútbol haciendo sobre todo que eso, el fútbol, cobrara categoría de función de magia. De espectáculo para privilegiados que vieron como Llanero conquistaba corazones a base de goles y un largo recorrido desde aquellos comienzos en el Ara Solis, en ese lugar donde ya se crece siendo mítico, y desde lo que seguir un camino asfaltado de éxito y triunfo a la altura de los dioses que allí rigen el destino de los mejores.
Llanero es uno de los primeros de esa lista, un jugador épico que vestíu maillots que se sueñan, pero que no suenen verse sobre la piel. Compostela en la División de Plata, Atlético de Madrid y Sporting de Gijón B, Orihuela, Negreira y, después, la vuelta a la comarca, al Dumbría de los títulos, de los ascensos y el triple "Pichichi", en una etapa tan espléndida como esa zurda que erguía pasiones y trofeos. Pero no solo el talento, también la capacidad de líderar, de conseguir que el equipo entero girara en torno a su figura y destreza, carácter que siempre transformaba en inteligencia, en poderío que daba el fruto de los tan deseados puntos. Llanero vivíu el fútbol #a lo grande, siempre con la pasión incrustada en el pecho, indistintamente del equipo que había defendido. En el Cee, el descanso del guerrero, el último trecho en el que disfrutar y también sufrir alguna amargura, enseñar a las generaciones entrantes que habían de mirarse en su espejo inevitablemente. Años jugando por amor, con una temporada en el Baíñas antes de volver al equipo blanquiazul y dar lustre la una Liga de la Costa acostumbrada a ver desfilar por ella sus estrellas. Llanero siempre seguirá jugando, siempre estará en la historia del fútbol que todos admiramos. Y de eso, es imposible retirarse

lunes, 18 de marzo de 2013

C.F DUMBRIA


EL C.F. SE FUNDÓ EN 1996

Presidente Actual : CÉSAR FERRIO MARTINEZ

Temporada : 2017/2018
Nº Socios : 350
Campo de Futbol: MUNICIPAL DO CONCO (Hierba Artificial) - DUMBRIA
Equipación Oficial: Camiseta BLANCA CON RIBETES NEGROS - Pantalón NEGRO - Medias BLANCAS.
Entrenador: NACHO

PRESIDENTES que tuvo el Dumbría:

  • Jose Manuel Pequeño desde 1996 hasta 2017
  • Cesar Ferrio Martinez desde 2017...


El C.F. DUMBRIA empieza su andadura futbolistica