A COSTA MÍTICA
Os fisterráns son unha xente acostumada á conquista de novas terras, a traspasar fronteiras e converter Fisterra nun lugar universal, espallado polo mundo sobre todo a través do mar, pero tamén exportado nese outro talento que alí nace en cada xeración: o fútbol. Montado nel viaxou Pesca dende a tenra adolescencia, primeiro a clubes nacionais coma Rayo Vallecano e Atlético de Madrid, moito antes dun periplo europeo digno de calquera aventura de Julio Verne, mesturada co exotismo de Emilio
Salgari.
Pesca voltou da experiencia madrileña para recalar no Bergantiños , nun comezo de travesía costeira que abarcou todos os portos imaxinables da nosa contorna coma Soneira, Cee, Fisterra ou Dumbría. Sen saír de Galicia, abordou ó Cerceda, Vizoño, Vilalbés, Ordes , Porriño e Montañeros, mentres a súa andaina internacional tomaba a saída en Escocia, concretamente no Raith Rover, punto de partida dunha traxectoria que probablemente ningún outro xogador da Costa teña vivido. Portugal foi o seguínte destino, con ascenso á Primeira División incluído co Trofense (Trofa, Porto), para despois embarcarse no Oliveirense. Rematada a etapa no país veciño, rumbo a Bulgaria, ao Botev Plovdiv tamén da primeira
categoría, de onde sacou billete máis aidante para o Cantazaro calabrés, do que garda un entrañable recordo despois de ter sido adestrado polo brasileiro Ze María, nacionalidade sempre punto e aparte no mundo do fútbol. Tan habilidoso coma versátil, Pesca era un extremo esquerdo dos que fan que cada xogada sexa determinante, con intuición e carácter, actitude e técnica individual que completaban a un xogador que marcou unha época polo seu talento pero, tamén, por ese espírito viaxeiro que o fixo indómito e imparable. Fisterrán do mundo, pero tamén corazón de fogar, da casa….dese lugar onde medran os futbolistas e os grandes soños
que, nalgúns casos e coma lle aconteceu a Pesca, fanse realidade.
que, nalgúns casos e coma lle aconteceu a Pesca, fanse realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario