JOSÉ DÍAZ LÓPEZ (MICULITA)
Ca indumentaria da Sd Fisterra na Terceira División Hai nomes que se evocan e acontece como coa fábula da lámpada máxica, que nada máis fregar nela sae o xenio que leva dentro para que todos os desexos se cumpran. Así era cada domingo nos equipos onde
Miculita destapaba o tarro das súas esencias futbolísticas, maxia sobre un campo que se desfacía tanto diante do seu talento coma do seu talante, sempre indómito, indomable, pero carismático e inalcanzable para o común dos mortais, que só podían renderse a esa voráxine de paixón e calidade que asolagaba os terreos de xogo e ás atónitas bancadas.

Na súa etapa no COMPOSTELA
Miculita era de carne e óso, pero iso non lle impedía ser un deus, un portento de polivalencia que mesturaba a súa irrepetible técnica cun físico de loitador romano. Goleador a mansalva, a discreción, coma se cada partido fose unha batalla da que houbese que saír vitorioso a cañonazos. Ausente porque, ademais de partidos, había que gañalo pan, e non sempre daba rematado as competicións que comezaba porque tocaba surcar outras augas, as do mar que o apartaban longas tempadas dos sendeiros da gloria. Xogador daquel mítico Fisterra de Terceira División que agora repite historia, coma se corenta anos non fosen nada, porque ninguén esquece a quen foi o talento por antonomasia de toda a Costa da Morte. Ningunha enquisa virtual das que deron en facerse con asiduidade entre os internautas deixaron de telo no máis alto de todas elas, sempre o elixido, o desexado, o mítico que paseou a súa arte moi noviño nesa outra canteira de fisterráns que é o Lira, cando non estaba nin federado pero Miculita xa agasallaba alí co preludio do seu futuro. Despois o fogar verde, o Lugo, o Noia co que conseguía o ascenso á Terceira División e algunha Liga, o Compostela e os costeiros Unión Club Cee e Soneira onde tamen gañou algunha liga. Non podemos esquecernos do seu paso polo Hannover onde abrumaba ca sua clase os míticos Rummenigge, Muller, Beckenbauer, entre outros. Rexeitou ofertas coas que outros só poden soñar: Elche, UD As Palmas e mesmo o Deportivo da Coruña. Miculita amaba o fútbol...pero tamén a vida que hai fóra del, xenio e figura sen máis ataduras que un corazón nómada e inquedo, vítima ás veces de si mesmo, dunha intensidade que provocaba, en ocasións, encontronazos cos adestradores que se enorgullecían dun potencial que o traía de volta das súas singladuras e ao domingo seguinte xa estaba listo para xogar, como se non deran pasado unha chea de meses, pero incapaces de suxeitar un alma que voaba a pracer como e por onde quería. Xefe sen fisuras no campo, un referente ao que achegarse porque ningún outro era tan completo, tan capaz de dominar calquera aspecto do xogo, reinado indiscutible nuns noventa minutos que convertía en ouro puro. Miculita é a lenda...o xenio que fixo a maxia de convertilo en inesquecible. E, polo de agora, en insuperable tamén.

Hay nombres que se evocan y se dan como con la fábula de la lámpara mágica, que nada más frotar en ella sale el genio que lleva dentro para que todos los deseos se cumplan. Así era cada domingo en los equipos donde
Miculita destapaba el tarro de sus esencias futbolísticas, magia sobre un campo que se deshacía tanto delante de su talento como de su talante, siempre indómito, indomable, pero carismático e inalcanzable para lo común de los mortales, que solo podían rendirse a esa vorágine de pasión y calidad que inundaba los terrenos de juego y a las atónitas gradas.
Miculita era de carne y hueso, pero eso no le impedía ser un dios, un portento de polivalencia que mezclaba su irrepetible técnica con un físico de luchador romano. Goleador a mansalva, la discreción, como si cada partido fuera una batalla de la que hubiera que salir victorioso a cañonazos. Ausente porque, además de partidos, había que ganar el pan, y no siempre daba finalizado las competiciones que comenzaba porque tocaba surcar otras aguas, las del mar que lo apartaban largas temporadas de los senderos de la gloria. Jugador de aquel mítico
Fisterra de Tercera División que ahora repite historia, como si cuarenta años no fueran nada, porque nadie olvida a quién fue el talento por antonomasia de toda la Costa da Morte. Ninguna encuesta virtual de las que dieron en hacerse con asiduidad entre los internautas dejaron de tenerlo en el más alto de todas ellas, siempre el elegido, el deseado, el mítico que paseó su arte muy jovencito en esa otra cantera de fisterráns que es el Lira, cuando no estaba ni federado, pero
Miculita ya agasajaba allí con el preludio de su futuro. Después el hogar verde, el
Lugo, el Noia con el que conseguía el ascenso a la Tercera División y alguna Liga, el Compostela y los costeros
Unión Club Cee y
Soneira donde tambien ganó alguna liga. No podemos olvidarnos de su paso por el
Hannover, donde abrumaba con su clase a los
Rummenigge,
Muller,
Beckenbauer, entre otros. Rechazó ofertas con las que otros solo pueden soñar:
Elche,
UD Las Palmas y mismo el
Deportivo de A Coruña.
Miculita amaba el fútbol...pero también la vida que hay fuera de él, genio y figura sin más ataduras que un corazón nómada e inquieto, víctima a veces de sí mismo, de una intensidad que provocaba, en ocasiones, encontronazos con los entrenadores que se enorgullecían de un potencial que lo traía de vuelta de sus singladuras y al domingo siguiente ya estaba listo para jugar, como si no hubiesen pasado un montón de meses, pero incapaces de sujetar un alma que volaba a placer como y por donde quería. Jefe sin fisuras en el campo, un referente a lo que acercarse porque ningún otro era tan completo, tan capaz de dominar cualquier aspecto del juego, reinado indiscutible en unos noventa minutos que convertía en oro puro.
Miculita es la leyenda...el genio que hizo la magia de convertirlo en inolvidable. Y, por el de ahora, en insuperable también.