miércoles, 30 de enero de 2019

EN ORSAY: A Entrevista da Semana " O TOLO" - (Director Deportivo SD Fisterra)


"ÁS VECES OS EGOS MATAN O TALENTO"

No mundo do fútbol, a calquera que sexa o nivel, danse personaxes que aparte de desenrolar as súas labouras, exercen un carisma especial sobre todo o que os rodea, convertíndose en pezas fundamentais para os equipos nos que traballan. José Manuel Álvarez Fernández "O Tolo", (Sardiñeiro-Fisterra, 23-10-1983) cabe perfectamente nesa descripción, tanto dende os seus inicios defendendo a portería como agora, adestrando aos que ocupan o que antes fora o seu lugar. Pero tamén vive o outro fútbol, o que se manexa nos despachos e do que participa coma oxeador de xogadores, sempre á caza dese preciado talento que incorporar as súas filas. Actualmente coma Director Deportivo na SD Fisterra, está a levar ao equipo por unha senda de vitorias que fai soñar á vila onde vive. Pese a que aínda queda todo un pouco lonxe, para "O Tolo" as metas nunca son inalcanzables.

--Como se ve a vida dende o máis alto da clasificación?

Con responsabilidae e orgullo. Na pretempada pedíuselle ós xogadores dúas cousas vitais, que foron as de cultura adestramento (mellorar no dia a asistencia ós adestramentos) e a de competir nun periodo de medio a curto prazo de tempo, e conseguireno eles, os 24 da plantilla. Os futbolistas son os únicos protagonistas, o resto (directivos, utilleros, fisio, técnicos, dirección deportiva) só lles axudamos a mellorar e a facilitarlles o seu día a día, para que se centren en adestrar e competir.

O Tolo e mais Estrella
  --O Fisterra está a amosar que pode aspirar a todo. Custa manter esa motivación no equipo cada semana?.

NON, en absoluto. Comezada a segunda volta os xogadores viron que se cumpren as 2 premisas anteriormente mencionadas, en canto a adestrar e competir, eles mesmos se deron conta, que ainda que xoguemos contra equipos moi poderosos como Flavia e Sigúeiro, non son invencibles, e algo así como David contra Goliat, pero agora esta plantilla ten pensamento de fortaleza propia, e que podemos facerlle dano a calquera e que gañarlle a un equipo máis poderoso é unha posibilidade que está na realidade do fútbol, e iso e unha motivación para estes xogadores.

-- Coma foi o reencontro con xogadores cos que xa traballaches na época do Dumbría?.

Moi bo, teño grandes amigos nese gran clube. Primeiro están as persoas e logo os clubes, e por sorte para min sempre fun unha persoa moi valorada no vestiario do dumbria,e importante no día a día.

Na sua etapa no Dumbria
--Cando se traballa con categorías un pouco altas, haberá moitos egos cos que lidiar.

Se te refires a miña condición de oxeador nunha gran empresa relacionada coa representación de fútbolistas como e gestifute , os egos podería dicirche que existen dende a Terceira Rexional ata a Primera División, pero a maioria, o 99 por cento dos xogadores son boa xente,, con valores e que saben de onde veñen. Ás veces os egos matan o talento.

No seu traballo en GESTIFUTE
--Con que tipo de xogadores te atopas máis cómodo á hora de traballar con eles?.

Con todos, porque amo o fútbol, para min é como unha droga, necesito fútbol no meu día a día. Lévome moi ben con todos, podo estar perfectamente comendo un mediodía con Güaita ou Sidney e á noite cenando con Makay ou Bouzon, o fin e o cabo, todos somos persoas, da igual a categoria na que xoguen, hai que valorar a persoa en sí. 

Un dia de Oficina
  --Foste porteiro e iso non é apto para todo o mundo. Algún que admires especialmente?.

Oblack e Vocente Güaita, por ser porteiros sobrios e seguros. Porteiros que dan moitos puntos aos seus equipos e por ser persoas cuns principios e valores admirables.

Foron moitas tempadas en Dumbría, gardarás recordos especiais.

Sempre levarei a Dumbría no corazón. Crecin como persoa e xogador, logreI títulos tanto de xogador como de adestrador de porteiros, logrei que xogadores como Makay por segunda vez, Rubén Márquez, Capelo,Iván González, Suleiman, vestisen a camisola do clube,ainda que outros levaran as medallas, fixen moitos amigos.O Dumbría en sí está representado nos valores dunha gran persoa coma é "MANOLIÑO" con iso queda todo dito. É a persoa máis importante do Dumbría e a menos protagonista, sempre mira polo ben do clube. Saín pola porta grande dun gran clube e iso non o pode dicir todo o mundo, sempre lles desexarei o mellor ao Dumbria e a todo aquel que forme parte do Dumbria.
Celebrando o Titulo de Liga co Dumbria
--Se hai Liga e Copa en Fisterra, que se vaia preparando a praia da Ribeira.

Bueno, ata maio queda moito, hai que ter o esceario claro, e dentro dun mes e medio, a clasificación veremos o que nos depara. Entón saberemos a que esceario podemos acceder, se a Liga ou Copa. Falar agora de celebración, seria hipotecar o noso futuro. 

 
--Esa fichaxe que sempre quererías ter no teu equipo.

A ningún. Teño os mellores 24 fútbolistas que se poden ter,porque confio a morte neles.

-- Que peso ten a afección do Fisterra nos resultados do equipo?.

Toda, é a mellor afección que hai na Costa da Morte, da gusto ver o campo todos os domingos, da igual como estea a climatoloxia, que eles sempre estan aí. Son o orgullo dun pobo. 

Arengando a Afición para que animasen
  Dentro de todo esto do Fútbol o final tes que escudarte na familia, e a familia e o mais importante, sen eles non sería o que son.


No hay comentarios:

Publicar un comentario