Mostrando entradas con la etiqueta U.D CARNOTA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta U.D CARNOTA. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de agosto de 2020

A COSTA MÍTICA - SUSO INSUA



SUSO ÍNSUA

Dicir que o firmamento está cheo de estrelas parece algo redundante, mais hai veces nas que se convirte en algo literal, e onde algunha alumea sen apagarse nunca, viva para sempre no legado e nas lembranzas deixadas entre os terreais, entre a lexión de afeccionados que tantos domingos miraron cara o ceo agradecidos con algún dos seus goles, de potente disparo ou de remate de cabeza marca da casa, de calquera xeito que xurdira dun físico esculpido a cincel, digno dun Miguel Ángel que, de ser contemporáneo, podería ter atopado en Suso Ínsua unha das súas mellores obras. 

Fillo pródigo daquel vello Raíces do que brotaba tanto talento que resultaba incontible, e que se derramaba por toda a bisbarra e fóra dela, pero non sen antes destacar na casa, en branquiazul, no Unión Club Cee polo que Ínsua sempre sentíu morriña, tamén cando foi requerido en etapa xuvenil polo Real Madrid, soño de tantos e ao alcance de tan poucos. Foi no Compostela de Segunda "B" onde atopou acougo por catro tempadas, para despois dar o salto á categoría de prata dende o Cartaxena, nun periplo nómada que tamén o levou ata o Arousa, Logroñés, Arenteiro e Noia, onde co seu irmán Juanín comezou a desescalada, pasando logo polo Carnota e voltando ao querido fogar ceense. Obrigado a unha pronta retirada por un xeonllo rebelde, Suso Ínsua era un xogador dos que deixaban impronta, desa clase de personalidades que marcan a diferenza no campo pero tamén cando saen del, compañeiro que non deixaba de selo unha vez traspasada a porta do vestiario. Querido e admirado polas súas virtudes, pero igualmente con capacidade infinita para gañarse o perdón ante calquera defecto. Na memoria de todos aínda baila o "7" cosido non só ás costas, senón tamén a un corazón con puntadas de fío azul, sempre galopando polo extremo dereito do terreo de xogo, inalcanzable para os rivais e ídolo eterno para unha bancada na que vivirá perennemente. Tan inmortal coma esa estrela que se tinguíu de verde só para que Suso poida seguir xogando sobre un campo de Fútbol.


viernes, 15 de marzo de 2013

U.D CARNOTA

LA U.D CARNOTA SE FUNDÓ EN 1969

Presidente Actual :ANTONIO OTERO (TONO TOUMO)
ANTONIO TOUMO (PRESIDENTE) 
Temporada: 2012 - 2013
Nº SOCIOS: 300 Aprox.
Campo de Futbol : LOMBÁNS (Hierba Artificial)
Equipación Oficial : Camiseta BLANCA CON FRANJAS AZULES - Pantalón AZÚL - Medias AZULES.
Entrenador: ALFREDO CAMBEIRO
ALFREDO CAMBEIRO (Entrenador del Carnota) 
DE PIE de Izquierda a Derecha
RODRI - LUIS DE LA PEÑA-MANOLO CHOUZA-NAKATA-PEDRO-JACOBO-URKO-MIKI
AGACHADOS
TONO - MANUEL LUIS - BERNARDO - JOSELU - DAVID BREA - PABLO BEIRO - MARTÍN
DE PIE de Izquierda a Derecha
LUIS DE LA PEÑA - MANUEL LUIS - MANOLO CHOUZA - ANDRÉS - TONO - DAVID BREA
AGACHADOS
PUMUKY-BERNARDO - PABLO BEIRO - LOLO - BONI 
La Afición que NUNCA SE RINDE
El U.D CARNOTA que fué fundado en 1969 y que su Presidente