"RESULTA MOI DIFÍCIL DE DIXERIR QUE ALGUÉN CON QUEN XOGASTE NUNCA VOLTARÁ A DARCHE UNHA APERTA AO REMATAR O PARTIDO".
Non son os porteiros unhas figuras demasiado mediáticas, case sempre solapados polos goleadores dos seus equipos, afeitos a esa imposta soidade baixo paus que fai que vexan o partido dende unha óptica distinta á que ven o resto de xogadores ou afeccionados. Algo que coñece ben Paulo González Canosa (Corcubión, 3-12-1997), dende moi xove desputando a Liga da Costa e actualmente nas filas do Baíñas, pero que xa sabe o que é desputar tamén ligas tan competitivas como a Primeira Galicia, na que xogou o ano pasado enrolado no Fisterra. Un porteiro dos que aínda non abundan entre nós, que se desenvolve con soltura no xogo de pés e que o convirte nun xogador máis de campo. De físico contundente, fai do man a man unha das súas especialidades, para desesperación de dianteiros rivais que coñecen perfectamente o que é atoparse contra o seu muro. Aínda moi xove, atopou no Baíñas esta tempada o afecto e a calidez humana imprescindibles para sentirse seguro e capaz de todo, un máis nunha plantilla con grandes xogadores que o acolleron cos brazos abertos. Paulo desputa a Liga da Costa que o víu medrar deportivamente sendo apenas Cadete, ao igual que moitos outros rapaces da súa xeración aos que segue enfrontándose cada domingo dende fai anos, que se recoñecen no campo e fóra del. Porque iso é o mellor que nos deixa a nosa Liga...a sensación de estar xogando cunha gran familia na que, pese ás lóxicas rivalidades, sempre é ben avenida.
![]() |
Momento Relax de Paulo no Baiñas |
Totalmente. Atopei un grupo de xogadores, diretivos e afeccionados que me valoran e que me fan sentir coma na casa. Deportivamente coido que deberiamos estar máis arriba, pero aínda queda tempo e temos que aproveitalo.
-- Como se vive o partido en solitario, estando baixo paus?.
Tentando manter a tranquilidade e axudar ós compañeiros dando indicacións que eles non poden ver dende as súas posicións.
![]() | ||||||||||||
PAULO co Cee |
Sí, non me importaría probar. (Risas).
-- Ves de xogar na Primeira co Fisterra. Gustaríache repetir en categorías máis altas que a Costa?.
Requiren moito esforzo e dedicación, e non sempre estou mentalizado para iso. (Risas).
![]() |
PAULO co Fisterra |
José Carlos e Rafa sempre confiaron en min plenamente, e ademais foron quen de entenderme á perfeción. Despois, Noé no Fisterra foi un descubrimento, un xeito totalmente diferente de adestrar e de vivir o fútbol, paixón pura, ademais de entregarse a fondo en cada sesión. Pero de destacar a alguén faríao con Floreal, porque sendo un crío el xa me deu a oportunidade de debutar co equipo sénior, e sempre fun nas súas convocatorias naquel Cee competitivo e espectacular, desputando moitos minutos nunha Liga da Costa que tiña un nivel moi alto.
--Coma porteiro, haberá dianteiros que non quererás ver nin achegarse a túa área.
Esta tempada, está claro que Alejo, que me marcou na ida pero que na volta xa non foi capaz (Risas). E dende logo, estou moi contento de que Pablo Muíño estea no meu equipo, porque sería outro que non querería ver nin en pintura. (Risas).
![]() |
PAULO ca SD Fisterra |
Sen dúbida, o mellor foi a clasificación para desputar a Fase de Ascenso co Cee xuvenil da man de Rafa, cando non eramos favoritos. Un grupo fantástico formado por xogadorazos coma Chema, Senlle, Castillo, Álex, Samu, Hugo, Isma...Precisamente, o meu peor momento foi saber da morte de Isma Sanli. Resulta moi difícil de dixerir que alguén con quen xogaste e a quen vías a miúdo, xa non voltará a darche unha aperta ao rematar o partido.
--Foste alumno da Escola de Porteiros Nordés. Recomendas esa preparación a outros porteiros?.
Por suposto. É un tipo de adestramento qu enon se atopa en ningún clube. Non está ao alcance de moitos xogadores poder aprender de alguén coma Elduayen, que foi xogador de Primeira División, e de "Trucho", que fan da escola un sitio imprescindible para quen queira ser un inmellorable porteiro.
![]() |
Paulo tamen como xogador de campo cando se necesita |
Ter Stegen é o porteiro a imitar. Completo, áxil, único cos pés....o máis grande!.
-- Que título quererías gañar?.
A Liga da Costa, sen dubidalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario