miércoles, 23 de enero de 2019

EN ORSAY: A entrevista da semana con IVAN FERREIRO (Arbitro da Costa)



"SER ÁRBITRO NON É ALGO QUE SERVA PARA TODOS".

IVAN FERREIRO (Fotos Cedidas)
Cando atopamos mocidade nos campos de fútbol, estamos afeitos a velos ca pelota nos pés, vestindo as camisolas dos seus clubes e defendendo un escudo. Pero hai outra mocidade que tamén pisa os terreos de xogo sen desputar balón, que teñen o cometido xustamente de que nin lles roce, pois a súa laboura é decidir sobre o que fan os xogadores con el. Arbitrar é algo que Iván Ferreiro Santos (Muxía, 1-10-1998) está encantado de facer nesta xa segunda tempada que percorre os campos da Costa, para impartir xustiza e dirimir esas xogadas que custarán sumar tres puntos ou restalos. Pese a súa xuventude, xa sabe o que é arbitrar derbis comprometidos e vivir situacións non sempre agradables, para o que se precisa un carácter conciliador e moito autocontrol que, con apenas vinte anos, el manexa con madurez e moita ilusión. Cada fin de semana, mentres os seus amigos durmen despois dunha noite de festa, Iván encamíñase a Camariñas, Carballo, Camelle ou calquera outro lugar onde o esperan para, co seu pitido inicial, comezar esa outra festa que el vive intensamente e desfruta sen importar horarios: a do fútbol dende o círculo central. Despois, noventa minutos onde a súa misión é non ser nunca o protagonista. Ese é o gol dos que, coma el, xogan sen balón. 


É a túa segunda tempada arbitrando. Contento?.
Moi contento a verdade, temos un grupo moi bo na Subdelegación en Baio, ademais está sendo todo moito mais doado grazas á axuda dos que xa estaban, que nos apoian en todo e tentan ensinarnos de que vai todo este mundo.

Hai partidos nos que pensas que igual era mellor adicarse a outra cousa?.
Bueno...hai de todo, non todo vai ser partidos bonitos, hai partidos máis broncos pola rivalidade ou polo que se están xogando os equipos, e iso sempre añade un plus de dificultade ao partido.

Que categorías son as que máis che gusta arbitrar?
Os nenos son un mundo aparte, xa que non recibes unha mala contestación nin te atopas con casos raros, os entrenadores están mellorando esa faceta e transmitindollo moi ben aos nenos. Pero sen dúbida cando saes de asistente a Primeira Rexional e Preferente é cando mellor o pasas, son partidos máis intensos e nos que se ve algo máis de fútbol.

Algúns horarios son de madrugón e ti es un mozo en idade de andar de festa.

Madrugar non é do gusto de ninguén, pero algún que outro dia tes que sacrificarte polo colectivo. Un dia tes que madrugar para ir a Carballo e outro podes salir unhas horiñas por qué pitas en Fisterra.


Todos sabemos que o árbitro sempre leva a peor parte no campo. Precísase mentalidade e personalidade.
Non é algo que sirva para todos, aí levas a razón. Hai que aguantar en moitos partidos a presión dende fóra e dende dentro do campo, non é doado, pero todo se saca adiante.

Animarías a outros mozos e tamén mozas a adicarse á arbitraxe?.
Claro qué si,de feito, teño xa un amigo interesado en unirse a nós. Está visto de maneira moi diferente cómo se vive ser árbitro, conoces moita xente, conoces mundo, e o mellor de todo é que fas amizades con xente que che axuda no día a día e non tan só no campo.

Coma leva a túa familia estar na bancada dos partidos que arbitras?
Meu irmán pequeno sempre me di ónde arbitro para vir verme, xa que lle gusta o feito de que sexa árbitro. Miña nai preocúpase bastante por min e sempre me chama ao acabar o dia para preguntarme que tal me foi, é a primeira en chamarme se ve algunha cousa rara nas miñas actas (risa).E miña moza pois lévao algo peor, sempre que vén comigo é os domingos e soen ser partidos máis intensos que os de Base, mais tensión, mais protestas, etc.

Foste xogador tamén. Non hai veces nas que botas de menos ser o que mete o gol e non a tarxeta?.

Ás veces si, coma xogador disfrutei moito, xa que tiña un grupo moi bo, onde estabamos todos moi unidos e desfrutabas xogando. Sin embargo, desfruto moitisimo arbitrando, agora mesmo non me plantexo deixar de arbitrar por voltar a xogar.

Algunha anécdota que lembres.

Cos nenos pequenos moitisimas. Unha bastante simpática, foi en Carballo nas Eiroas, un rapaz non recordo se era Benxamin ou Prebenxamin comezoume a preguntar se habia que estudar moito para ser árbitro, eu rinme e respondinlle que si queria ser un bo árbitro tiña que estudar moito, ao que me respondiu entonces xa serei árbitro cando sexa máis maior, agora mesmo non me apetece estudar tanto.

Custa facerse respectar diante de xogadores moito maiores ca ti.
Ao principio pode que si me costara máis, unha vez vas coñecendo á xente sabes como tratala, aprendes dos erros e vaste facendo de respectar. A medida que colles experiencia sabes como levar mellor as situacións para que non se che vaia das mans.


No hay comentarios:

Publicar un comentario