"CO QUE SOÑO É CON XOGAR NA U.D MONTE LOURO, COS AMIGOS E DEFENDENDO AO MEU POBO".
![]() |
Fotografia JM Ferreiro |
A nosa prolífica Costa exporta talento a moitos recunchos do país e a diferentes categorías, sendo nunha das de máis arriba, na Terceira División Nacional e concretamente no Racing Club Vilalbés, onde desfrutan do señorío e bo facer de Juan Lado Formoso "Juan de Dora" (Louro, 15-09-1998), un dos nosos mellores expoñentes futbolísticos. Juan medrou deportivamente no Conco despois dun inicio fugaz no Louro, e naquela canteira apabullante do Dumbría foi xogador de Liga Galega e División de Honra con Infantís e Cadetes, ata o ano inesquecible do ascenso por fin co equipo Xuvenil.
Juan de Dora é deses xogadores que non só despertan admiración polo seu incuestionable talento deportivo, senón tamén por unha personalidade á mesma altura. Sempre querido e respectado por compañeiros e rivais, consegue que o espectador esqueza que quizais non sexa un xogador do seu equipo, pero ante o que resulta imposible ficar indiferente tras cada regate ou incursión na área. Só cabe renderse e aplaudir, desfrutar dun rapaz xeneroso no campo e fóra del, ávido de gol pero sobre todo de vitoria para os seus, para o equipo, porque ese é sempre o seu primeiro obxectivo. Juan florece nas terras altas do interior, lonxe dunha Costa da que non se desentende e á que soña con voltar. Pero para iso ten todo o tempo do mundo....e mentres, teremos que seguir conformándonos con que sexan outros os que admiren cada domingo coma se pode facer maxia sen truco ningún. Abonda con fixarse nas botas de Juan de Dora cada vez que pisan un campo de fútbol.--Ano novo, novas esperanzas. Hai tempo aínda para escapar do descenso?
Hai tempo suficiente como para escapar e non sufrir nas derradeiras xornadas, e creo que asi vai ser. Creo que temos equipo abondo coma para non pasar apuros e o equipo esta competindo moi ben, solo nos falta enganchar unha dinámica boa de vitorias e estaremos fóra do descenso.
--Coma é a competición nunha categoría tan alta xa como a Terceira División?
Pois moi bonita e competitiva, onde calquer equipo che pode gañar. E onde todos os xogadores teñen un gran nivel xa sexa desde o líder ata o último equipo clasificado.
-- Xa desputaste a División de Honra na etapa Cadete no Dumbría, polo que non é novo para ti viaxar lonxe para xogar. Que tal se leva iso?.
Pois o verán foi o mais complicado xa que estaba en Louro e meu pai e eu tiñamos que ir tódolos dias a Villalba para adestrar, pero bueno, agora estou na Coruña e desde aqui hai un paso, ademais hai moitos compañeiros de equipo tamén na Coruña e indo todos xuntos faise mais levadeiro.
--As categorías de tan arriba terán un nivel de esixencia elevado. Custa compaxinar cos estudos e con vivir noutro lugar?.
Que va, para nada. Meus pais sempre me dixeron que habia tempo para todo, tempo para estudar e tempo para xogar ó futbol, e levan razon. Organizándose ben pódense facer as dúas cousas. Igual o máis duro é vivir lonxe, xa que a maioria dos fins de semana non podo baixar a Louro pero bueno, o que quer algo, algo lle custa.
--Como foi a adaptación a un equipo novo, lonxe da nosa Costa e onde hai que empezar de cero cos compañeiros?
Pois moi ben. Tratáronme coma un máis e acolléronme dende o primeiro momento tanto os xogadores como todo o que forma o Racing. Estou moi contento de estar aqui e en gran parte e gracias a eles.
![]() |
Juan de Dora esta temporada en Carballo (Foto JM Ferreiro) |
--Toda a túa infancia e etapa xuvenil transcorréu deportivamente en Dumbría. Algunha vez serás xogador da categoría Sénior?.
Pois non sei, nunca pecho portas a ningún equipo e menos ao Dumbria, que foi o equipo no que xoguei dende tan pequeno e onde sempre me trataron tan ben. Pero si que me gustaria voltar, e xogar con moitos compañeiros e sobre todo con tantos amigos que me levei en aqueles 7 anos.

Juan na Final da Copa da Costa que lle ganou a Esteirana Juvenil |
--O ano pasado estiveste a piques de proclamarte campión da Copa da Costa co Sofán. É un título sempre emblemático para os xogadores costeiros. Faríache ilusión gañala nalgún momento?.
Fariame moitisima ilusión, coma calquer xogador que sexa da Costa. O ano pasado xogueina e foi unha mágoa non ganala. Pero bueno, ogallá algún dia volva xogar a final da Copa e ganala, e xa postos que sexa co Louro (Risas),
-- A afección vilalbesa é tan apaixonada coma soen ser as da Costa?.
Si claro, sempre nos ven ver bastante xente e sobre todo agora que non estamos a pasar por un bo momento, que noutros equipos canto peor vai a cousa menos xente vai. Por iso debemos sacar isto adiante e darlle unha alegria a toda esa xente que ven cada domingo á Magdalena e se despraza a vernos xogar fóra.
--A climatoloxía é diferente, con temperaturas baixo cero en moitas ocasións. Inflúe no ánimo e no xogo?.
No ánimo non inflúe pero no céspede e no xogo si, porque fórmase unha capa de xeo e é bastante inestable. Polo de máis hai que ir cargado de roupa para non pasar frio.
--Ese equipo ou ese xogador cos que soñas competir algunha vez.
Pois a verdade é que soño e quero xogar na UD Monte Louro, na miña casa e cos meus amigos e veciños, defendendo ó equipo do meu pobo.

Os Don JUAN de Louro (Juan de Celia e Juan de Dora) Final Copa da Costa Juvenil DUMBRIA - ESTEIRANA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario