miércoles, 1 de julio de 2020

A COSTA MITICA: FLOREAL



FLOREAL

A expresión que tan ben coñecemos de ter o "corazón partido", probablemente sexa algo aplicable á traxectoria de Floreal, a unha dicotomía que o levou de Cee a Dumbría e viceversa, as dúas casas onde durante máis de vinte anos, coa excepción de Baio e o Vista Alegre de Terceira División, foron o escaparate do seu talento. Os clubes aos que procurar, tanto cos seus incontables goles, coma baixo o seu mando dende o banquiño, títulos, ascensos e prezadas Copa da Costa, ese alimento do que subsiste cada equipo e que convirte ás afeccións en habitantes, aínda que sexa brevemente, dun paraíso soñado por todos, pero acadado por moi poucos.

Ós quince anos pisaba o antigo Raíces para defender as cores branquiazuis que, con Manolín á fronte, supuxeron os primeiros triunfos, o esplendor dun binomio que ó longo dos anos vestía ao Cee de títulos e titulares, Da clase dun mediocampista con alma de dianteiro voraz, que destacaba nun equipo cheo de figuras e temido en todas as categorías que pisaba, Pero Floreal nunca pasaría desapercibido, en ningunha parte, pese a ser dono dunha personalidade carente de estridencias e de vanidades superfluas. Andado o tempo, por primeira vez non tivo a Manolín detrás, senón en fronte, coma rival, cando xa os dous adestraban aos equipos da vida de Floreal, e seguían sumando éxito pero por separado. Antes da partida, Floreal estreábase coma técnico-xogador e levaba ó Cee a Preferente, a ese ceo que non se volvíu tocar. Nesa mesma dualidade chegou a década prodixiosa en Dumbría, os tres anos con esa doble función ata colgar as botas e seguir só coma adestrador outros sete, nunha fidelidade que hoxe é case imposible de soñarse. O corazón dividido en dúas cores, en dúas décadas que fixeron historia nunha Costa que o recuperou máis adiante, recén inaugurada a presidencia de Elvira Freire no Cee, coma adestrador dun equipo sénior onde moitos daqueles xogadores medraran á sombra da súa lenda. Señorío incontestable, só á altura do seu facer no campo, tan temido como admirado pero, sobre todo, unánimemente respectado. Se o mando debía ser un anexo da exemplaridade coma dicía Ortega y Gasset...o exemplo, nunca mellor dito, é Floreal.

domingo, 28 de junio de 2020

JOSÉ CARLOS CANOSA TRABA (LLANERO) - A COSTA MITICA



Certos nomes abonda con invocalos para traelos á memoria, para lembralos sobre un campo de fútbol facendo sobre todo que iso, o fútbol, cobrase categoría de función de maxia. De espectáculo para privilexiados que viron como Llanero conquistaba corazóns a base de goles e un longo percorrido dende aqueles comezos no Ara Solis, nese lugar onde xa se medra sendo mítico, e dende o que seguir un camiño asfaltado de éxito e triunfo á altura dos deuses que alí rixen o destino dos mellores.


Llanero é un dos primeiros desa lista, un xogador épico que vestíu camisolas que se soñan, pero que non soen verse sobre a pel. Compostela na División de Prata, Atlético de Madrid e Sporting de Xixón B, Orihuela, Negreira e, despois, a volta á comarca, ao Dumbría dos títulos, dos ascensos e o triple "Pichichi", nunha etapa tan espléndida como esa zurda que erguía paixóns e trofeos. Pero non só o talento, tamén a capacidade de líderar, de conseguir que o equipo enteiro xirase en torno a súa figura e destreza, carácter que sempre transformaba en intelixencia, en poderío que daba o froito dos tan desexados puntos. Llanero vivíu o fútbol ao grande, sempre coa paixón incrustada no peito, indistintamente do equipo que defendera. No Cee, o descanso do guerreiro, o último treito no que desfrutar e tamén sufrir algunha amargura, ensinar ás xeracións entrantes que habían de mirarse no seu espello inevitablemente. Anos xogando por amor, cunha tempada no Baíñas antes de voltar ao equipo branquiazul e dar lustre a unha Liga da Costa acostumada a ver desfilar por ela as súas estrelas. Llanero sempre seguirá xogando, sempre estará na historia do fútbol que todos admiramos. E diso, é imposible retirarse


CASTELLANO

Ciertos nombres es suficiente con invocarlos para traerlos a la memoria, para recordarlos sobre un campo de fútbol haciendo sobre todo que eso, el fútbol, cobrara categoría de función de magia. De espectáculo para privilegiados que vieron como Llanero conquistaba corazones a base de goles y un largo recorrido desde aquellos comienzos en el Ara Solis, en ese lugar donde ya se crece siendo mítico, y desde lo que seguir un camino asfaltado de éxito y triunfo a la altura de los dioses que allí rigen el destino de los mejores.
Llanero es uno de los primeros de esa lista, un jugador épico que vestíu maillots que se sueñan, pero que no suenen verse sobre la piel. Compostela en la División de Plata, Atlético de Madrid y Sporting de Gijón B, Orihuela, Negreira y, después, la vuelta a la comarca, al Dumbría de los títulos, de los ascensos y el triple "Pichichi", en una etapa tan espléndida como esa zurda que erguía pasiones y trofeos. Pero no solo el talento, también la capacidad de líderar, de conseguir que el equipo entero girara en torno a su figura y destreza, carácter que siempre transformaba en inteligencia, en poderío que daba el fruto de los tan deseados puntos. Llanero vivíu el fútbol #a lo grande, siempre con la pasión incrustada en el pecho, indistintamente del equipo que había defendido. En el Cee, el descanso del guerrero, el último trecho en el que disfrutar y también sufrir alguna amargura, enseñar a las generaciones entrantes que habían de mirarse en su espejo inevitablemente. Años jugando por amor, con una temporada en el Baíñas antes de volver al equipo blanquiazul y dar lustre la una Liga de la Costa acostumbrada a ver desfilar por ella sus estrellas. Llanero siempre seguirá jugando, siempre estará en la historia del fútbol que todos admiramos. Y de eso, es imposible retirarse

sábado, 27 de junio de 2020

Entrevista con DIEGO MALLO (Porteiro do CD BAIO)


"O FÚTBOL DA COSTA É ÚNICO, O AMBIENTE, OS DERBIS, A RIVALIDADE ENTRE VECIÑOS. É UN FÚTBOL DIFERENTE".

                                                               Fotografía CEDIDA

Hai xogadores que inspiran afecto e respecto a pouco que se traten ou se coñeza a súa traxectoria, que convirten o fútbol nun xogo familiar, un lugar ao que voltar e atoparse sempre a gusto. Diego Mallo (Carballo, 24/04/1995) encarna perfectamente todo iso, ademais dun bo facer deportivo que o ten considerado coma un dos mellores porteiros das nosas competicións. Parte indispensable daquel título de fai dous anos acadado polo Coristanco, e no que rematou sen perder un só partido, hoxe -de momento- defende a portería do C.D. Baio, despois dun ano convulso que xa parece quedar moi lonxe. Diego cavila sobre un futuro que non pode ser máis que espléndido para el, xuventude e talento coma pezas codiciadas que desexa calquera equipo. Só un poderá telo entre as súas filas....e iso é algo que saberemos cando el teña a ben facérnolo saber.


-Comeza a revolución despois de tanto tempo co fútbol en segundo plano. Como vives este frenesí informativo, está pendente da actualidade doutros equipos?

- Pois a verdade é que estou bastante desconectado dese tema, non estou a seguir as fichaxes nin movementos doutros equipos, e certo que algún que outro escoitalo e chámate a atención, pero como digo non estou seguindo a actualidade.

-No teu clube, no Baio, os movementos comezaron pola directiva. O seguínte soen ser as renovacións, tes a túa xa sobre a mesa?

Si é certo que xa hai nova directiva e alégrome moito que Rebeca collera os mandos xa que eéunha rapaza moi involucrada no Baio, e entón é a persona adecuada para sustituir a Chino do cal só teño palabras de agradecemento. E sobre a miña renovación, pois está todo no aire, como dixen anteriormente co tema do COVID19 desconectei bastante do fútbol e non pensei moito no futuro.

-Ademais de baixo paus, tamén lidias co fútbol como adestrador de categorías Base no Coristanco, o teu anterior clube, que cuaxou unha gran campaña. Botas de menos xogar na Costa?

Sempre o dixen e sempre o direi: o fútbol da Costa é único, o ambiente, os derbis, a rivalidade entre veciños, é un futbol diferente, non o sabría explicar, o que xogou na Costa sabe o que e o fútbol da Costa.

-Ser porteiro é algo especial e que sempre conleva unha responsabilidade engadida. Sófrese moito? Tes algún ritual de preparación antes do partido?

O ser porteiro lévate a estar sempre ó 100%, sempre tes eses nervios de deixar a portería a cero, de estar activo todo partido para non fallar, porque ó final un dianteiro pode fallar mil veces e non pasa nada, pero o porteiro falla unha e podes perder o partido. Rituaiss agora mesmo só teño un o inicio do partido, o saír sempre lle adico o partido a meu pai, o meu fiel seguidor.

-Falando de sufrir, o Baio pasou apuros, sobre todo por falta de efectivos ao non contar con categoría de xuvenís, sempre moi socorrida neses casos. Veste adestrando a mozos chamados a ser relevo dos titulares nos equipos sénior?

Si que é certo que este ano sufrimos moito por falta de xente, entre lesións e por xente que traballaba, pero ó final o tema de xuvenís ali en baio é moi difícil xa que está Zas alí Ó lado, e por desgraza cada vez hai menos nenos e non é fácil empezar de cero e encontrar 18 xuvenis para crear un equipo.

-A Primeira é unha competición tremendamente dura, este ano cuaxada de equipos costeiros. Quje opinas das decisións finais tomadas pola FGF?

A verdade é que nunca xoguei en Primeira Rexional, este ano foi o primeiro que competin nela, e sorprendiume moito o nivel desta. A decisión que tomaron o final pois non sei se acertaron ou non, o que si sei é que nunca vai chover a gusto de todos, e fixeran o que fixeran nunca íamos a chegar a un acordó todos

-Que cualidades require un bo porteiro? Nácese ou, coma se di, faise?

Pois eu creo que un porteiro nácese pero tamén se pode facer e mais hoxe en día tendo a Trucho e a Elduayen, temos as facilidades todas, só hai que escoitar e ver os porteiros que temos por esta zona da Costa.

-Foste un dos artífices do título e ascenso do Coristanco. Velos capaces de repetir xesta agora na Liga da Costa?

O Coristanco sempre foi un equipo humilde, estiven dous anos ali e a verdade e que me sentin coma da casa, e creo que si que poden facer algo bonito para o ano na Costa, xa este ano estiveron toda a tempada da mitade para arriba, asi que creo que esta tempada promete.

-Que oferta serías incapaz de rexeitar?

Preguntándomo asi pois a do Real Madrid (risas), pero sabendo que non vai chegar iso, confórmome con estar nun equipo onde haxa un bo grupo e estea cómodo, non se pode pedir máis, a verdade.

viernes, 26 de junio de 2020

Entrevista con THIAGO BRAZUKA (Xogador do LIRA CF)


"HAI XENTE QUE PENSA QUE OS CARTOS SON TODO NO FÚTBOL E NON É ASÍ"


Se dicimos Thiago de Sousa Oliveira, quizais non saibamos ben de quen estamos a falar, pero abonda engadir "Brazuka" para situalo nun verde onde o ataque é algo que pasa inevitablemente por el. Dianteiro desquiciante para calquera das defensas que o tiveron enfrente, e que voltará á Costa enfundado na camisola roxiña, con quen xa desputou a vindeira tempada dous partidos antes de que a competición ficase detida. Agora, se todo vai ben, cando se retome está a chamado a ser un dos puntas máis determinantes e efectivos, despois do tránsito por un Volantes do que queda un gosto agridoce. Nómada de espiríto, brasileiro afincado en Portugal e despois en Galicia, na Compostela onde entrou en xogo o amor e a recalada en Muros cada fin de semana, para facer do fútbol un espectáculo á altura das súas orixes. En Lombáns agárdase ese momento con impaciencia, e contan co seu talento e calidade para que esta tempada sexa a de voar tan alto coma se poida. 


-Apenas tiveste tempo a tempada pasada de estrear a camisola roxiña, pero ves de renovar co Lira.

Bueno, tiven tempo para pensalo, e o Lira é un bo equipo que me gustou e no que quero seguir.


-Como foi cambiar de competición, deixar a Primeira para enrolarte na Costa?

Non era a miña intención, pero o cambiar a directiva moitos compañeiros marcharon e non todos por cartos, así que quedamos bastante fastidiados.

-No Volantes viviste dous ascensos en dous anos, non é algo especialmente habitual.

Non, é bastante raro, e gustóume moito vivir ese título de Liga e eses ascensos, pero despois pasaron cousas que me impediron seguir.

-En tres anos, xogaste en tres categorías distintas no mesmo equipo. Iso é aínda menos frecuente. Cal das tres desfrutaste máis?

Non me quedo con ningunha en particular. En todas tes que loitar e ser gañador para acadar algo.

                                           THIAGO no seu anterior Equipo o Volantes de Baño

-Foi doloroso deixar un Volantes no que viviste todo ese éxito?

Moito. É duro estar nun equipo, conseguir cousas e que despois chegue unha persoa de fóra e bote todo abaixo. Sentínme moi mal, pero eles saberán o que fan.

-O Lira está a reforzarse e aposta por gol e calidade. Ves ó equipo como aspirante a estar cos de arriba?

O Lira é un bo equipo co que quero marcar goles e estar arriba de todo. Eu vou con toda a intención de que iso vaia para adiante.

-Ilusionado coa volta á unha Costa que sempre ten emoción e sorpresas?

Na Costa sempre hai ilusións e emocións que gusta vivir.

-Pasaste de vivir sempre nas alturas, a angustia dos postos de descenso esta pasada tempada no Volantes. Como se vive esa transición?

Son moi realista a ese respecto: se eu e os que marcharon estivesemos alí,seguro que estaban fóra do descenso. Pero hai xente que pensa que os cartos o son todo, e iso non é o que penso eu nin os meus compañeiros.

-Ti e Álex Pri podedes facer un binomio de ataque chamado a ser a sensación desta Liga, e ademais xa sodes vellos coñecidos.

Aí estaremos os dous, aínda que el vén dunha lesión, pero conto con que esteamos de maravilla e axude moito coma o gran xogador que é.

-Sen Alejo na Costa, o "Pichichi" agarda novo dono. Veste capaz de poñerlle o teu nome?

Pois a verdade que Alejo é un gran "9", pero aínda mellor Yanky, eh? (Risas). Sen ningún dos dous na competición, teño máis posiblidades, pero o que me importa realmente é ser un bo xogador para o Lira. Claro que me gustaría que eles tamén estivesen, son xogadores de alta calidade e con moito gol, pero bueno, tamén teño moita confianza nos meus compañeiros Cristian e Oli. 





lunes, 22 de junio de 2020

Entrevista con MIGUEL CHOUZA (Adestrador do Castriz)




A Liga da Costa é unha competición única, carismática e cunha identidade á que non todos son capaces de adaptarse. Bancos onde se sofre e non só polo resultado, tamén pola esixencia de directivas e afeccións, pola inmediatez que se acostuma requerir a adestradores e corpos técnicos. Miguel Chouza Fidalgo (Pobra do Caramiñal, 2-11-1981) tivo ocasión de comprobalo esta pasada tempada por primeira vez estando aos mandos da S.D. Castriz, nuns meses onde houbo tempo para asomarse a un precipicio que parecía inevitable, pero que a forza de traballo e paciencia, conseguiron voltear. Chouza tampouco é un adestrador convencional, home de método e escéptico aos milagres que non se sustentan no esforzo como base principal do resultado. Curtido nas categorías de Base e a carón de Casalderrey no banco do Puebla, a aterraxe na liga costeira foi exactamente coma lle dixeran: un reto non apto para calquera. Pese a todo, Chouza respira a fondo no alto de San Pedro, e pasa de neófito a todo un graduado que firma por tres novas tempadas, abrindo así un camiño que nunca se vira por estes lares. Non fai falla ser romano para aplicarse aquel "Veni, vidi, vici" de Julio César. A Castriz, con Miguel Chouza, tamén chegou o latín.


"É IMPOSIBLE CREAR SENTIDO DE PERTENZA A UN CLUBE NOS XOGADORES SEN TER CATEGORÍAS BASE"




-SABEMOS QUE HABÍA MOITOS CANDIDATOS AO BANCO DO CASTRIZ. QUE
OFRECE O CLUBE XALLEIRO PARA SER UN DESTINO TAN CODICIADO?


A verdade é que sorprendeume cando o Presidente me dixo que tivera case 20
ofrecementos de adestradores en apenas uns días desde o meu comentario no
Facebook que se entendeu como despedida. Pero é normal que a Liga da Costa sexa
un destino codiciado por calquera adestrador, pola súa competitividade, pola xente que
arrastra e polos cartos que move. O que non é tan coñecido fóra é que todo isto ten a
súa contrapartida para nós os técnicos, que é a presión e a esixencia, moito maiores
incluso que en divisións superiores.
No caso concreto do Castriz, dos adestradores que se ofreceron á Directiva penso que
a gran maioría non sabían onde se ían meter (risas). Dentro da complexidade do fútbol
da Costa para os adestradores, Castriz é unha plaza especialmente difícil, cunhas
características moi particulares. Só hai que ver o número de adestradores que pasaron
polo banquillo de San Pedro, incluso non se renovou ó adestrador co que se logrou o
ascenso de Terceira Rexional fai dúas tempadas.



-A TÚA RENOVACIÓN POR TRES ANOS É BASTANTE INSÓLITA NO FUTBOL
COSTEIRO. CRES QUE PODE SENTAR PRECEDENTE E CONVERTERSE EN
HABITUAL?


Non sei incluso se haberá algún precedente (risas). Hai que tomalo como o que é,
unha declaración de intencións, tanto pola miña parte como por parte da Directiva.
Queremos que a xente vexa que no Castriz estase a traballar nun proxecto a medio ou
incluso longo plazo, que existe unha planificación e que pretendemos medrar paso a
paso, non dando saltos. Queremos cambiar a imaxe que se ten na Costa do Castriz.
Evidentemente, despois a competición poranos no sitio que merezamos, pero saia
mellor ou peor, todos os que integramos o Castriz chegamos ó acordó de que este é o
camiño a seguir, sexa comigo ou con outro que o poida facer mellor no futuro.
Oxalá cunda o exemplo e a miña renovación sirva para reforzar a figura do adestrador
na Costa, na que, por regla xeral, é sempre o eslabón débil da cadea.

-ESTADES A COMPLETAR AS RENOVACIÓNS DA PLANTILLA E TAMÉN
ALGUNHA FICHAXE. CAL SERÍA ESE XOGADOR QUE QUERERÍAS NO TEU
EQUIPO, INDEPENDENTEMENTE DE QUE POIDERAS CONSEGUILO OU NON?


O correcto sería decir que calquera dos que adestrei no pasado, pero neste tipo de
preguntas sempre fixen e sempre farei unha excepción: Rafa Picos, Capitán do Puebla
FC desde os 20 anos. Sempre o querería no meu equipo polas suás cualidades
futbolísticas e humanas. No campo é o xogador máis polivalente que vin nunca, con
nós xogou en tódalas posición e en todas rindeu. É ultracompetitivo, canta máis
esixencia ten, máis sube o seu nivel. E fóra do campo é un exemplo de conducta, xa o
era cando o coñecín ós 12 anos.



-FIXESTE UN BALANCE DE FIN DE CAMPAÑA MOI POSITIVO, PESE A UN MAL
INICIO DA COMPETICIÓN. DEIXAR TRABALLAR CON CONFIANZA E PACIENCIA
NO CORPO TÉCNICO POR PARTE DAS DIRECTIVAS, PARECE UN MITO NA LIGA
DA COSTA.
Máis que un balance positivo, o que pretendín foi poñer en valor o traballo realizado por
todos no Castriz, desde os directivos e colaboradores ata os rapaces que nos axudaron
a completar os adestramentos. Entre todos logramos rematar a tempada na metade
alta da tabla a pesares dun mal inicio, a segunda mellor clasificación do club nos
últimos 10 anos.
Como dixen nunha pregunta anterior, o adestrador na Costa ten normalmente un rol
secundario, e en aspectos decisionais que deberían ser exclusivos del, está
normalizado que entren directivos ou incluso xogadores. No Castriz tiven a fortuna de
que a Directiva, e especialmente o seu Presidente confiasen no meu traballo e tivesen
a paciencia de deixar que as cousas foran funcionando pouco a pouco.

-O CASTRIZ É UN CLUBE SEN CATEGORÍAS DE BASE, ALGO IMPRESCINDIBLE
PARA A SUBSISTENCIA DOUTROS EQUIPOS. PRANTÉXASTE ESE RETO?
CONDICIONA NON TELAS Á HORA DE FORMAR PROXECTO?


A situación de Santa Comba no fútbol base é relativamente parecida á da Pobra do
Caramiñal. En concellos de menos de 10.000 habitantes non ten sentido que haxa
dúas estructuras distintas, porque por razóns demográficas non da para sostelas, non
hai nenos suficientes. Alá na Pobra hai dous clubs con categorías inferiores, o Crocha
CF e o Puebla FC, e xa no seu día cando era Coordinador do Fútbol Base deste último,
intentei unha unificación que foi rechazada, incluso cheguei a comunicarlle un proxecto
ó Alcalde. Por eso creo que en Santa Comba sería perxudicial para os rapaces que o
Castriz se decidirá a facer equipos de base. O que si se podería facer sería crear unha
estructura nova que non dependa en exclusiva do Xallas FC, senón que sumase o
apoio do Castriz, porque sería unha boa forma de darlle a suficiente forza ó proxecto
como para que os nenos daquí non teñan que irse ó Dumbría ou ó Bergantiños para
competir en divisións superiores. Tamén boto en falta un equipo femenino no concello.
Santa Comba reúne as condicións perfectas, por situación xeográfica, por instalacións
e por medios materiais para convertirse no referente do fútbol base da Costa, e eu
estaría encantado de botar unha man no que fose.
O feito de non ter equipos de base condiciona negativamente ó Castriz. A corto plazo,
provoca que teñamos que ter plantillas máis numerosas do que nos gustaría, e sempre
correndo o risco, como nesta última tempada, de que se acumulen baixas e teñamos
que facer números para xuntar 11 fichas para xogar, xa que non podemos tirar de
xuvenís.
E a largo plazo, é imposible crear sentido de pertenza nos xogadores, tódolos
futbolistas teñen que ser fichados doutros equipos, e cando teñen que escoller, o

normal é que volten para casa ou acepten ofertas superiores.



-FÁLASE DE FACER DOUS GRUPOS NA COSTA PARA ACURTAR A
COMPETICIÓN. VELO FACTIBLE E, SOBRE TODO, APROPIADO?


O mellor que lle pode pasar á Liga da Costa, e polo tanto, ós clubes da zona, é que por
debaixo exista unha Terceira Rexional. Cada tempada hai 10 ou 12 equipos que loitan
por ascender ou por non descender, o que mantén a emoción de centenares de
afeccionados. Só ca Liga da Costa, terían emoción 3 ou 4 afeccións dos equipos que
loiten polo ascenso, nada máis, o resto deixaríase ir esperando a Copa da Costa ou a
seguinte tempada. Os equipos de Terceira teñen que entender que sería pan para
hoxe e fame para mañán.
Se a Liga da Costa queda tal e como está, dividirase en dous grupos de 9 equipos.
Personalmente non me gusta, porque nunha liga de 16 partidos case non intervén o
factor da regularidade, e unha racha positiva ou negativa pode ser determinante.
Digamos que minimiza a influencia do adestrador e maximiza aspectos circunstanciais
na clasificación final, e iso incomódame. De calquera forma, tódolos equipos partiremos
cas mesmas condicións, e todos temos que adaptarnos ás novas circunstancias. Os
que antes se adapten, van ter ventaxa sobre o resto.


-TODOS OS EQUIPOS ESTÁN XA ENGRAXANDO MÁQUINAS. AVENTÚRANOS
OS TEUS FAVORITOS DE CARA Ó TÍTULO OU, POLO MENOS, OS QUE DARÁN
GUERRA ARRIBA.


Evidentemente aínda é moi cedo para ter as ideas claras nese sentido, pero
especulando un pouco, o gran favorito será a Esteirana, aínda que se vai ter que
reponer da baixa de MJ. Nun segundo chanzo poría ó Muxía, equipo que polas
circunstancias esta tempada rendiu por debaixo do seu nivel, e como alternativas creo
que poden pelear arriba o San Lorenzo, o Cee ou o Muros.


-DESPOIS DUN PARÓN TAN LONGO, CONFECCIONAR A PRETEMPADA VAI SER
UN TRABALLO ARDUO E LABORIOSO.


Haberá que ver as condicións que imos ter os equipos para facer as nosas
pretempadas, pero a día de hoxe parece que van poder ser moito máis longas do
habitual. Creo que así contrarrestaríase o parón tan largo que levan os rapaces sin
tocar balón. A capacidade de adaptación, coma citei antes, vai cobrar moito
protagonismo. En canto á planificación da pretempada en si,
este ano ademáis da inestimable axuda de Dani Mourelle "Mou",
imos contar coa incorporación de Gabriel Capelo como Adestrador de Porteiros,
así que todo vai ser máis sinxelo. A maiores, este ano a elaboración do plantel de xogadores
está en mans de varios xogadores da plantilla que deron un valiosísimo paso adiante, e da Directiva,
o cal déixame tempo para adicarllo á planificación da pretempada e dos adestramentos.


-CALES SERÁN OS OBXECTIVOS COS QUE PARTE O CASTRIZ NA
COMPETICIÓN?


Cando teñamos o plantel de xogadores definitivo, poderemos aventurarnos a adiviñar
cal será a posición na que estaremos ó final da liga, pero seguirán sendo
especulacións. Sempre digo que o obxectivo clasificatorio márcao a propia
competición, ela poranos no lugar que merezamos, e despois de ir partido a partido,
nos últimos encontros saberemos polo que loitamos. Ahí é cando cobran sentido os

nos últimos encontros saberemos polo que loitamos. Ahí é cando cobran sentido os
obxectivos, porque xa xogas condicionado por algo en concreto.



-E TAMÉN, OS QUE TE MARCAS TI NESTAS TRES TEMPADAS QUE TES POR
DIANTE.


Nesta renovación din un paso cara a involucrarme no club, polo tanto os meus
obxectivos persoais son máis ben desexos para o Castriz. Basicamente quero que
cando deixe o club, este estea moito mellor en tódolos aspectos que cando cheguei, e
que esa mellora sexa real, perdurable no tempo. E quero vivir ese proceso garantindo
dúas cousas innegociables, porque forman parte de min. Unha, divertirme e pásalo
ben, eu e todos no club, o fútbol é algo marabilloso, non se debe vivir a cara de can
desde o desafío constante como parece que está establecido. E outra, competindo ó
máximo das nosas posibilidades en cada minuto de cada partido e de cada
adestramento. Moitas veces non somos conscientes da fortuna que temos ó poder
facer aquelo que tanto nos gusta, e que mellor forma de honrar esa privilexio que
disfrutándoo ó máximo, divertíndose e esforzándose.

CASTELLANO

La liga de la Costa es una competición única, carismática y con una identidad a la que no todos son capaces de adaptarse. Bancos donde se sufre y no solo por el resultado, también por la exigencia de directivas y aficiones, por la inmediatez que se acostumbra requerir a entrenadores y cuerpos técnicos. Miguel Chouza Hidalgo (Pobra do Caramiñal, 2-11-1981) tuvo ocasión de comprobarlo esta pasada temporada por primera vez estando a los mandos de la S.D. Castriz, en unos meses donde hubo tiempo para #asomar la un precipicio que parecía inevitable, pero que la fuerza de trabajo y paciencia, consiguieron voltear. Chouza tampoco es un entrenador convencional, hombre de método y escéptico a los milagros que no se sustentan en el esfuerzo como base principal del resultado. Curtido en las categorías de Base y al lado de Casalderrey en el banco del Puebla, el aterrizaje en la liga costera fue exactamente como le habían dicho: un reto no apto para cualquiera. Pese a todo, Chouza respira a fondo en el alto de San Pedro, y pasa de neófito a todo un graduado que firma por tres nuevas temporadas, abriendo así un camino que nunca se había visto por estos hogares. No hace falla ser romano para aplicarse aquel " Veni, vidi, vici" de Julio César. La Castriz, con Miguel Chouza, también llegó el latín. 

"ES IMPOSIBLE CREAR SENTIDO DE PERTENENCIA A UN CLUBE NOS JUGADORES SIN TENER CATEGORÍAS BASE" -SABEMOS QUE HABÍA MUCHOS CANDIDATOS Al BANCO DEL CASTRIZ. QUE OFRECE El CLUBE XALLEIRO PARA SER UN DESTINO TAN CODICIADO? La verdad es que me sorprendió cuando el Presidente me dijo que había tenido casi 20 ofertas de entrenadores en apenas unos días desde mi comentario en el Facebook que se entendió como despedida. Pero es normal que la liga de la Costa sea un destino codiciado por cualquier entrenador, por su competitividad, por la gente que arrastra y por el dinero que mueve. El que no es tan conocido fuera es que todo esto tiene su contrapartida para nosotros los técnicos, que es la presión y la exigencia, mucho mayores incluso que en divisiones superiores. En el caso concreto del Castriz, de los entrenadores que se ofrecieron a la Directiva pienso que la gran mayoría no sabían donde se iban a meter (risas). Dentro de la complejidad del fútbol de la Costa para los entrenadores, Castriz es una plaza especialmente difícil, con unas características muy particulares. Solo hay que ver el número de entrenadores que pasaron por el banquillo de San Pedro, incluso no se renovó al entrenador con el que se logró el ascenso de Tercera Regional hace dos temporadas. 

-Tu RENOVACIÓN POR TRES AÑOS ES BASTANTE INSÓLITA EN El FÚTBOL COSTERO. CREES QUE PUEDE SENTAR PRECEDENTE Y CONVERTIRSE EN HABITUAL? No sé incluso se habrá algún precedente (risas). Hay que tomarlo cómo lo que es, una declaración de intenciones, tanto por mi parte como por parte de la Directiva. Queremos que la gente vea que en el Castriz se está trabajando en un proyecto a medio o incluso largo plazo, que existe una planificación y que pretendemos crecer paso a paso, no dando saltos. Queremos cambiar la imagen que se tiene en la Costa del Castriz. Evidentemente, después la competición los pondrán en el sitio que merezcamos, pero falda mejor o peor, todos los que integramos el Castriz llegamos al acordó de que este es el camino a seguir, sea conmigo o con otro que lo pueda hacer mejor en el futuro. Ojalá cunda el ejemplo y mi renovación sirva para reforzar la figura del entrenador en la Costa, en la que, por regla general, es siempre el eslabón débil de la cadena.

 -ESTÁIS COMPLETANDO Las RENOVACIONES DE La PLANTILLA Y TAMBIÉN ALGÚN FICHAJE. CUÁL SERÍA ESE JUGADOR QUE QUERRÍAS EN TU EQUIPO, INDEPENDIENTEMENTE DE QUE PUDIERAS CONSEGUIRLO O NO? El correcto sería decir que cualquiera de los que entrené en el pasado, pero en este tipo de preguntas siempre hice y siempre haré una excepción: Rafa Picos, Capitán del Puebla
FC desde los 20 años. Siempre lo querría en mi equipo por sus cualidades futbolísticas y humanas. En el campo es el jugador más polivalente que vine nunca, con nosotros jugó en todas las posición y en todas rindió. ES ultra competitivo, cuanta más exigencia tiene, más sube su nivel. Y fuera del campo es un ejemplo de conducta, ya el era cuando lo conocí a los 12 años. 

- HICISTE UN BALANCE DE FIN DE CAMPAÑA MUY POSITIVO, PESE A UN MAL INICIO DE La COMPETICIÓN. DEJAR TRABAJAR CON CONFIANZA Y PACIENCIA EN El CUERPO TÉCNICO POR PARTE DE Las DIRECTIVAS, PARECE UN MITO EN La LIGA DE La COSTA. Más que un balance positivo, lo que pretendí fue a poner en valor el trabajo realizado por todos en el Castriz, desde los directivos y colaboradores hasta los chicos que nos ayudaron a completar los entrenamientos. Entre todos logramos finalizar la temporada en la mitad alta de la tabla a pesar de un mal inicio, la segunda mejor clasificación del club nos últimos 10 años. Como dije en una pregunta anterior, el entrenador en la Costa tiene normalmente un rol secundario, y en aspectos decisionales que deberían ser exclusivos de él, está normalizado que entren directivos o incluso jugadores. En el Castriz tuve la fortuna de que la Directiva, y especialmente su Presidente confiaran en mi trabajo y tuvieran la paciencia de dejar que las cosas habían ido funcionando poco a poco.

 -El CASTRIZ ES UN CLUBE SIN CATEGORÍAS DE BASE, ALGO IMPRESCINDIBLE PARA La SUBSISTENCIA DE OTROS EQUIPOS. TE PLANTEAS ESE RETO? CONDICIONA NO TENERLAS A La HORA DE FORMAR PROYECTO? La situación de Santa Comba en el fútbol base es relativamente parecida a la de A Pobra do Caramiñal. En ayuntamientos de menos de 10.000 habitantes no tiene sentido que haya dos estructuras distintas, porque por razones demográficas no de la para sostenerlas, no hay niños suficientes. Allá en la Puebla hay dos clubes con categorías inferiores, el Crocha CF y el Puebla FC, y ya en su día cuando era Coordinador del Fútbol Base de este último, intenté una unificación que fue rechazada, incluso llegué a comunicarle un proyecto al Alcalde. Por eso creo que en Santa Comba sería perjudicial para los chicos que el Castriz se decidirá a hacer equipos de base. El que sí se podría hacer sería crear una
estructura nueva que no dependa en exclusiva del Xallas FC, sino que sumara el apoyo del Castriz, porque sería una buena forma de darle la suficiente fuerza al proyecto como para que los niños de aquí no tengan que irse al Dumbría o al Bergantiños para competir en divisiones superiores. También echo en falta un equipo femenino en el ayuntamiento. Santa Comba reúne las condiciones perfectas, por situación geográfica, por instalaciones y por medios materiales para convertirse en el referente del fútbol base de la Costa, y yo estaría encantado de echar una mano en el que fuera. El hecho de no tener equipos de base condiciona negativamente al Castriz. La corto plazo, provoca que tengamos que tener plantillas más numerosas del que nos gustaría, y siempre corriendo el riesgo, como en esta última temporada, de que se acumulen bajas y tengamos que hacer números para juntar 11 fichas para jugar, ya que no podemos tirar de juveniles. Y a ancho plazo, es imposible crear sentido de pertenencia nos jugadores, todos los futbolistas tienen que ser fichados de otros equipos, y cuando tienen que escoger, el normal es que vuelvan para casa o acepten ofertas superiores. 

-SE HABLA DE HACER DOS GRUPOS EN La COSTA PARA ACORTAR La COMPETICIÓN. VERLO FACTIBLE Y, SOBRE TODO, APROPIADO? El mejor que le puede pasar a la Liga de la Costa, y por lo tanto, a los clubes de la zona, es que por debajo exista una Tercera Regional. Cada temporada hay 10 o 12 equipos que luchan por ascender o por no descender, lo que mantiene la emoción de centenares de aficionados. Solo que Liga de la Costa, tendrían emoción 3 o 4 aficiones de los equipos que luchen por el ascenso, nada más, el resto se dejaría ir esperando la Copa de la Costa o la siguiente temporada. Los equipos de Tercera tienen que entender que sería pan para hoy y hambre para mañán. Si la liga de la Costa queda tal y como está, se dividirá en dos grupos de 9 equipos.
Personalmente no me gusta, porque en una liga de 16 partidos casi no interviene el factor de la regularidad, y una rompe positiva o negativa puede ser determinante. Digamos que minimiza la influencia del entrenador y maximiza aspectos circunstanciales en la clasificación final, y eso me incomoda. De cualquiera forma, todos los equipos partiremos
cas mismas condiciones, y todos tenemos que adaptarnos a las nuevas circunstancias. Los que antes se adapten, van a tener ventaja sobre el resto.

 -TODOS Los EQUIPOS ESTÁN YA ENGRASANDO MÁQUINAS. LOS AVENTURAN Tus FAVORITOS DE CARA A El TÍTULO O, POR LO MENOS, Los QUE DARÁN GUERRA ARRIBA. Evidentemente aún es muy temprano para tener las ideas claras en ese sentido, pero especulando un poco, el grano favorito será la Esteirana, aunque se va a tener que
reponer de la baja de MJ. En un segundo escalón pondría al Muxía, equipo que por las circunstancias esta temporada rendiu por debajo de su nivel, y como alternativas créelo que pueden pelear arriba el Sano Lorenzo, el Cee o el Muros.

 -DESPUÉS DE UN PARÓN TAN LARGO, CONFECCIONAR La PRETEMPORADA VA A SER UN TRABAJO ARDUO Y LABORIOSO. Habrá que ver las condiciones que vamos a tener los equipos para hacer nuestras
pretemporadas, pero a día de hoy parece que van a poder ser mucho más largas del habitual. Creo que así se contrarrestaría el parón tan ancho que llevan los chicos sin tocar balón. La capacidad de adaptación, como cité antes, va a cobrar mucho protagonismo. En cuanto a la planificación de la pretemporada en sí, este año además de la inestimable ayuda de Dani Mourelle " Mou", vamos a contar con la incorporación de Gabriel Capelo como Entrenador de Porteros, así que todo va a ser más sencillo. La mayores, este año la elaboración del plantel de jugadores está en manos de varios jugadores de la plantilla que dieron un valiosísimo paso adelante, y de la Directiva, lo cual me deja tiempo para dedicárselo a la planificación de la pretemporada y de los entrenamientos.

-CUALES son los OBJETIVOS CON LOS QUE PARTE El CASTRIZ EN La COMPETICIÓN?. Cuando tengamos el plantel de jugadores definitivo, podremos aventurarnos a adivinar cuál será la posición en la que estaremos al final de la liga, pero seguirán siendo especulaciones. Siempre digo que el objetivo clasificatorio lo marca la propia competición, ella los pondrán en el lugar que merezcamos, y después de ir partido a partido, en los últimos encuentros sabremos por lo que luchamos. Ahí es cuando cobran sentido los objetivos, porque ya juegas condicionado por algo en concreto.

 -Y TAMBIÉN, Los QUE TE MARCAS TI EN ESTAS TRES TEMPORADAS QUE TIENES POR DELANTE. En esta renovación dicen un paso hacia involucrarme en el club, por lo tanto mis objetivos personales son más bien deseos para el Castriz. Básicamente quiero que cuándo deje el club, este esté mucho mejor en todos los aspectos que cuando llegué, y que esa mejora sea real, perdurable en el tiempo. Y quiero vivir ese proceso garantizando dos cosas innegociables, porque forman parte de mí. Una, divertirme y lo pasas bien, yo y todos en el club, el fútbol es algo maravilloso, no se debe vivir la cara de perro desde el desafío constante como parece que está establecido. Y otra, compitiendo al máximo de nuestras posibilidades en cada minuto de cada partido y de cada entrenamiento. Muchas veces no somos conscientes de la fortuna que tenemos al poder hacer aquello que tanto nos gusta, y que mejor forma de honrar esa privilegio que
disfrutándolo al máximo, divirtiéndose y esforzándose.

Copiar