FLOREAL
A expresión que tan ben coñecemos de ter o "corazón partido", probablemente sexa algo aplicable á traxectoria de Floreal, a unha dicotomía que o levou de Cee a Dumbría e viceversa, as dúas casas onde durante máis de vinte anos, coa excepción de Baio e o Vista Alegre de Terceira División, foron o escaparate do seu talento. Os clubes aos que procurar, tanto cos seus incontables goles, coma baixo o seu mando dende o banquiño, títulos, ascensos e prezadas Copa da Costa, ese alimento do que subsiste cada equipo e que convirte ás afeccións en habitantes, aínda que sexa brevemente, dun paraíso soñado por todos, pero acadado por moi poucos.
Ós quince anos pisaba o antigo Raíces para defender as cores branquiazuis que, con Manolín á fronte, supuxeron os primeiros triunfos, o esplendor dun binomio que ó longo dos anos vestía ao Cee de títulos e titulares, Da clase dun mediocampista con alma de dianteiro voraz, que destacaba nun equipo cheo de figuras e temido en todas as categorías que pisaba, Pero Floreal nunca pasaría desapercibido, en ningunha parte, pese a ser dono dunha personalidade carente de estridencias e de vanidades superfluas. Andado o tempo, por primeira vez non tivo a Manolín detrás, senón en fronte, coma rival, cando xa os dous adestraban aos equipos da vida de Floreal, e seguían sumando éxito pero por separado. Antes da partida, Floreal estreábase coma técnico-xogador e levaba ó Cee a Preferente, a ese ceo que non se volvíu tocar. Nesa mesma dualidade chegou a década prodixiosa en Dumbría, os tres anos con esa doble función ata colgar as botas e seguir só coma adestrador outros sete, nunha fidelidade que hoxe é case imposible de soñarse. O corazón dividido en dúas cores, en dúas décadas que fixeron historia nunha Costa que o recuperou máis adiante, recén inaugurada a presidencia de Elvira Freire no Cee, coma adestrador dun equipo sénior onde moitos daqueles xogadores medraran á sombra da súa lenda. Señorío incontestable, só á altura do seu facer no campo, tan temido como admirado pero, sobre todo, unánimemente respectado. Se o mando debía ser un anexo da exemplaridade coma dicía Ortega y Gasset...o exemplo, nunca mellor dito, é Floreal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario