sábado, 27 de junio de 2020

Entrevista con DIEGO MALLO (Porteiro do CD BAIO)


"O FÚTBOL DA COSTA É ÚNICO, O AMBIENTE, OS DERBIS, A RIVALIDADE ENTRE VECIÑOS. É UN FÚTBOL DIFERENTE".

                                                               Fotografía CEDIDA

Hai xogadores que inspiran afecto e respecto a pouco que se traten ou se coñeza a súa traxectoria, que convirten o fútbol nun xogo familiar, un lugar ao que voltar e atoparse sempre a gusto. Diego Mallo (Carballo, 24/04/1995) encarna perfectamente todo iso, ademais dun bo facer deportivo que o ten considerado coma un dos mellores porteiros das nosas competicións. Parte indispensable daquel título de fai dous anos acadado polo Coristanco, e no que rematou sen perder un só partido, hoxe -de momento- defende a portería do C.D. Baio, despois dun ano convulso que xa parece quedar moi lonxe. Diego cavila sobre un futuro que non pode ser máis que espléndido para el, xuventude e talento coma pezas codiciadas que desexa calquera equipo. Só un poderá telo entre as súas filas....e iso é algo que saberemos cando el teña a ben facérnolo saber.


-Comeza a revolución despois de tanto tempo co fútbol en segundo plano. Como vives este frenesí informativo, está pendente da actualidade doutros equipos?

- Pois a verdade é que estou bastante desconectado dese tema, non estou a seguir as fichaxes nin movementos doutros equipos, e certo que algún que outro escoitalo e chámate a atención, pero como digo non estou seguindo a actualidade.

-No teu clube, no Baio, os movementos comezaron pola directiva. O seguínte soen ser as renovacións, tes a túa xa sobre a mesa?

Si é certo que xa hai nova directiva e alégrome moito que Rebeca collera os mandos xa que eéunha rapaza moi involucrada no Baio, e entón é a persona adecuada para sustituir a Chino do cal só teño palabras de agradecemento. E sobre a miña renovación, pois está todo no aire, como dixen anteriormente co tema do COVID19 desconectei bastante do fútbol e non pensei moito no futuro.

-Ademais de baixo paus, tamén lidias co fútbol como adestrador de categorías Base no Coristanco, o teu anterior clube, que cuaxou unha gran campaña. Botas de menos xogar na Costa?

Sempre o dixen e sempre o direi: o fútbol da Costa é único, o ambiente, os derbis, a rivalidade entre veciños, é un futbol diferente, non o sabría explicar, o que xogou na Costa sabe o que e o fútbol da Costa.

-Ser porteiro é algo especial e que sempre conleva unha responsabilidade engadida. Sófrese moito? Tes algún ritual de preparación antes do partido?

O ser porteiro lévate a estar sempre ó 100%, sempre tes eses nervios de deixar a portería a cero, de estar activo todo partido para non fallar, porque ó final un dianteiro pode fallar mil veces e non pasa nada, pero o porteiro falla unha e podes perder o partido. Rituaiss agora mesmo só teño un o inicio do partido, o saír sempre lle adico o partido a meu pai, o meu fiel seguidor.

-Falando de sufrir, o Baio pasou apuros, sobre todo por falta de efectivos ao non contar con categoría de xuvenís, sempre moi socorrida neses casos. Veste adestrando a mozos chamados a ser relevo dos titulares nos equipos sénior?

Si que é certo que este ano sufrimos moito por falta de xente, entre lesións e por xente que traballaba, pero ó final o tema de xuvenís ali en baio é moi difícil xa que está Zas alí Ó lado, e por desgraza cada vez hai menos nenos e non é fácil empezar de cero e encontrar 18 xuvenis para crear un equipo.

-A Primeira é unha competición tremendamente dura, este ano cuaxada de equipos costeiros. Quje opinas das decisións finais tomadas pola FGF?

A verdade é que nunca xoguei en Primeira Rexional, este ano foi o primeiro que competin nela, e sorprendiume moito o nivel desta. A decisión que tomaron o final pois non sei se acertaron ou non, o que si sei é que nunca vai chover a gusto de todos, e fixeran o que fixeran nunca íamos a chegar a un acordó todos

-Que cualidades require un bo porteiro? Nácese ou, coma se di, faise?

Pois eu creo que un porteiro nácese pero tamén se pode facer e mais hoxe en día tendo a Trucho e a Elduayen, temos as facilidades todas, só hai que escoitar e ver os porteiros que temos por esta zona da Costa.

-Foste un dos artífices do título e ascenso do Coristanco. Velos capaces de repetir xesta agora na Liga da Costa?

O Coristanco sempre foi un equipo humilde, estiven dous anos ali e a verdade e que me sentin coma da casa, e creo que si que poden facer algo bonito para o ano na Costa, xa este ano estiveron toda a tempada da mitade para arriba, asi que creo que esta tempada promete.

-Que oferta serías incapaz de rexeitar?

Preguntándomo asi pois a do Real Madrid (risas), pero sabendo que non vai chegar iso, confórmome con estar nun equipo onde haxa un bo grupo e estea cómodo, non se pode pedir máis, a verdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario