"HAI XENTE QUE PENSA QUE OS CARTOS SON TODO NO FÚTBOL E NON É ASÍ"
Se dicimos Thiago de Sousa Oliveira, quizais non saibamos ben de quen estamos a falar, pero abonda engadir "Brazuka" para situalo nun verde onde o ataque é algo que pasa inevitablemente por el. Dianteiro desquiciante para calquera das defensas que o tiveron enfrente, e que voltará á Costa enfundado na camisola roxiña, con quen xa desputou a vindeira tempada dous partidos antes de que a competición ficase detida. Agora, se todo vai ben, cando se retome está a chamado a ser un dos puntas máis determinantes e efectivos, despois do tránsito por un Volantes do que queda un gosto agridoce. Nómada de espiríto, brasileiro afincado en Portugal e despois en Galicia, na Compostela onde entrou en xogo o amor e a recalada en Muros cada fin de semana, para facer do fútbol un espectáculo á altura das súas orixes. En Lombáns agárdase ese momento con impaciencia, e contan co seu talento e calidade para que esta tempada sexa a de voar tan alto coma se poida.
-Apenas tiveste tempo a tempada pasada de estrear a camisola roxiña, pero ves de renovar co Lira.
Bueno, tiven tempo para pensalo, e o Lira é un bo equipo que me gustou e no que quero seguir.
-Como foi cambiar de competición, deixar a Primeira para enrolarte na Costa?
Non era a miña intención, pero o cambiar a directiva moitos compañeiros marcharon e non todos por cartos, así que quedamos bastante fastidiados.
-No Volantes viviste dous ascensos en dous anos, non é algo especialmente habitual.
Non, é bastante raro, e gustóume moito vivir ese título de Liga e eses ascensos, pero despois pasaron cousas que me impediron seguir.
-En tres anos, xogaste en tres categorías distintas no mesmo equipo. Iso é aínda menos frecuente. Cal das tres desfrutaste máis?
Non me quedo con ningunha en particular. En todas tes que loitar e ser gañador para acadar algo.
THIAGO no seu anterior Equipo o Volantes de Baño
-Foi doloroso deixar un Volantes no que viviste todo ese éxito?
Moito. É duro estar nun equipo, conseguir cousas e que despois chegue unha persoa de fóra e bote todo abaixo. Sentínme moi mal, pero eles saberán o que fan.
-O Lira está a reforzarse e aposta por gol e calidade. Ves ó equipo como aspirante a estar cos de arriba?
O Lira é un bo equipo co que quero marcar goles e estar arriba de todo. Eu vou con toda a intención de que iso vaia para adiante.
-Ilusionado coa volta á unha Costa que sempre ten emoción e sorpresas?
Na Costa sempre hai ilusións e emocións que gusta vivir.
-Pasaste de vivir sempre nas alturas, a angustia dos postos de descenso esta pasada tempada no Volantes. Como se vive esa transición?
Son moi realista a ese respecto: se eu e os que marcharon estivesemos alí,seguro que estaban fóra do descenso. Pero hai xente que pensa que os cartos o son todo, e iso non é o que penso eu nin os meus compañeiros.
-Ti e Álex Pri podedes facer un binomio de ataque chamado a ser a sensación desta Liga, e ademais xa sodes vellos coñecidos.
Aí estaremos os dous, aínda que el vén dunha lesión, pero conto con que esteamos de maravilla e axude moito coma o gran xogador que é.
-Sen Alejo na Costa, o "Pichichi" agarda novo dono. Veste capaz de poñerlle o teu nome?
Pois a verdade que Alejo é un gran "9", pero aínda mellor Yanky, eh? (Risas). Sen ningún dos dous na competición, teño máis posiblidades, pero o que me importa realmente é ser un bo xogador para o Lira. Claro que me gustaría que eles tamén estivesen, son xogadores de alta calidade e con moito gol, pero bueno, tamén teño moita confianza nos meus compañeiros Cristian e Oli.

No hay comentarios:
Publicar un comentario