jueves, 27 de mayo de 2021

SENDEIROS DE GLORIA - A ENTREVISTA DA SEMANA "FEDELLO (CF NOIA)


"CREO QUE UN PORTEIRO TEN QUE NACER PERO TAMÉN FACERSE. O TALENTO SEN TRABALLO QUEDA EN NADA"



Fedello: persoa que non para quieta, que anda dun lado a outro. Así describe o diccionario da Real Academia Galega (RAG) o alcume polo que é coñecido Daniel Varela Lema (Berna, 27/05/1992), un dos porteiros máis coñecidos e recoñecidos da nosa comarca, agora desfrutando do título de campión de grupo e candidato á fase de ascenso co seu actual clube, o Noia C.F. Sempre entre os máis solicitados cada tempada, outrora "enfant terrible" que xa transita por unha espléndida madurez deportiva que o leva a ser un fixo desta Preferente. Dani é a seguridade e a confianza baixo paus, a axilidade para voar e o talento para o regate e xogo de pés. Versatilidade que aínda non vemos a miúdo nunha posición tan maltratada coma decisiva. Capacidade comunicativa cos compañeiros que vai da man co respecto que sempre infunde no rival, son o tipo de cualidades que fan del un porteiro admirado e de referencia á hora de desputar calquera categoría. O futuro próximo é Dani "fedellando" nos campos cos mellores equipos e, sobre todo, cada vez máis alto. Coma neses balóns imposibles aos que só chegan algúns escollidos...E nese grupo de elite sempre se atopará Dani Varela.



--Noraboa por ser xa matemáticamente campións do voso grupo. Agora a pola fase.


Moitas grazas. Agora toca preparar a fase e agardamos poder lograr o obxectivo.



--Soñas con desputar a Terceira División?


A verdade é que me gustaría poder volver a xogar nunha categoría tan competitiva coma é a Terceiras División, esperemos que saia todo ben e academos o ascenso.



--Ata hai pouco xogabas en Baio ou Mazaricos. Como foron esas experiencias no fútbol costeiro?


Pois a verdade é que foron experiencias moi distintas, xa que en Mazaricos non poidemos acabar a tempada polo tema da pandemia, pero nos meses que estiven recibin un trato espectacular por parte da directiva e dos compañeiros. E Baio consideroa como a miña segunda casa, estiven tres tempadas divididas en dúas etapas. Foi un equipo no que disfrutei moito xogando e do que me levei grandes amizades. Gardo moi bos recordos do meu paso polo clube.



--A Escola de Porteiros Nordés, da que foste alumno, cres que reivindica un posto non sempre tan valorado coma merece? Que tipo de influenza tivo en ti?


Si , creo que a creación desta escola foi un acerto por parte de Oscar Rama e Agustín Elduayen, porque o posto de porteiro necesita unha atención e un tipo de adestramento moi diferente ao dos outros postos no campo. A creación da Escola Nordés doulle a posibilidade a moitos porteiros da Costa da Morte de desfrutar de adestramentos específicos, xa que moitos clubes non poden contar con adestradores de porteiros. A influencia que tivo en min foi bastante importante. Elduayen foi dos meus primeiros adestradores cando empecei de neno e despois con Óscar tamén aprendín moitísmo, e aínda sigo aprendendo dos dous.


--Que cres que lle agarda ao Noia nesta fase de ascenso?


Creo que nos espera unha fase moi dura contra equipos moi competitivos. O modelo de competición non permite marxe de erro, polo que haberá que dar o 100 % en cada partido.


--Algunha das túas aspiracións, agora ou noutro momento, pasan por xogar algún día no Bergantiños?


O Bergantiños é o clube da miña vida, no que me formei e me dou a oportunidade de xogar en Terceira División. Se algún día xurdira a posibilidade estaría encantado de volver xogar no equipo do meu pobo. A día de hoxe xogar no Bergantiños require un nivel futbolístico moi alto e o meu nivel non alcanza para xogar na categoría que vai a desputar o clube a vindeira temporada.



--Que tipo de xogo debe facer un equipo para que ti poidas despregar o teu maior potencial?


Prefiro xogar en equipos que practiquen un xogo combinativo. Pero non todos os adestradores teñen a mesma filosofía de xogo e hai que adaptarse ás esixencias de cada un.


--Un porteiro nace ou faise?


Creo que un porteiro ten que nacer pero tamén facerse, porque o talento sen traballo quédase en nada.


--Que cualidades consideras as túas mellores bazas?


Creo que os meus puntos fortes poden ser o xogo cos pés e os reflexos baixo paus.


--Pide sen cortarte: unha meta deportiva que alcanzar.

Lograr o ascenso co Noia CF.





domingo, 16 de mayo de 2021

A COSTA MÍTICA FRANCISCO PERFECTO TOBA MUÍÑO (TOBA)


 Apelidarse Toba en Muxía é algo tan natural coma que despois do temporal vai chegar a calma. Que sexa un dos máis vinculados ao fútbol naquela localidade tampouco é de estrañar, porque xa de antaño para ilustres xogadores ou adestradores era o seu sinal de identidade. O Toba máis mítico foi desa canteira que aínda hoxe dá os seus froitos en forma de historia e descendentes, de herdanza na súa filla Barca Toba, digna sucesora da categoría do pai. Toba non só foi un representante da nosa competición, senón que atravesou España nun tempo onde iso non era nin habitual nin doado, para levar o talento costeiro ata nada menos que Andalucía.


Francisco Toba era aínda un rapaz cando xa se proclamaba máximo goleador co Muxía, afiado estilete dende o extremo dereito que espertou admiración e interese no Doutor Toba, muxián de berce que veraneaba na vila pese a residir fóra dela e que, naquel momento, adestraba no Córdoba, a onde se empeñou en levar ao destacado xuvenil. Alí desputaría unha tempada a carón de xogadores que acabarían nas filas de equipos coma Barcelona ou Atlético de Madrid, pero para o xove Toba o periplo non duraría máis pola marcha do adestrador á selección nacional, polo que se impuxo a volta ás orixes, ao familiar Muxía e equipos veciños coma o Porteño, con tempo tamén para explorar outras experiencias no Monforte de Lemos. Sempre destacado en ataque, insaciable na procura dun gol que foi protagonista absoluto da súa traxectoria. Aventureiro nun tempo e idade onde poucos tiñan ocasión e valentía para dar o salto lonxe da terra, pero no que el aceptou o reto porque o fútbol sobre todo é iso: paixón e sana loucura.

Fotografías CEDIDAS

jueves, 13 de mayo de 2021

SENDEIROS DE GLORIA - A ENTREVISTA DA SEMANA Adrián Negro Alvite - Preparador Físico da Sd Fisterra


"O PREPARADOR FÍSICO TEN QUE LEVAR O ÓSCAR AO MELLOR ACTOR SECUNDARIO, NUNCA AO MELLOR ACTOR PRINCIPAL.”


Non fai falla ir moi lonxe para atopar grandes profesionais dos que non só se forxan na nosa contorna, senón que sempre están despostos para beber doutras fontes. Adrián Negro Alvite (Muxía, 1990) está feito desa pasta, xogador en varios clubes da comarca coma Cee, Bergantiños ou Camariñas, pero sobre todo no Muxía natal, bregado naquela Terceira Rexional tan alonxada das categorías nas que hoxe se move, pero que deixan o pouso imborrable do afán de superación. O ascenso á Costa foi sen dúbida un dos mellores momentos desa etapa, pero quedaba por diante unha longa etapa que o levaría ás antípodas, ao outro lado do mundo para ampliar horizontes e experiencias coas que seguir nutrindo unha profesión que tamén o levou ao Lugo anteriormente. Este ano, fichaxe estrela no banco fisterrán da cuarta categoría nacional, quizais o único que foi inamovible nesta axitada pero emocionante tempada. Adrián desenvolve o seu traballo coma un máis xa da familia fisterrana, querido e respectado, pero sobre todo admirado por un traballo que recompón feridas físicas e tamén das outras, das que deixan as derrotas ou un mal momento anímico. Imposible imanixarse este Fisterra sen o seu traballo, dedicación e amor por uns xogadores que mima coma faría o mellor pai con cada un dos seus pródigos fillos. Sanador de corpo e alma, carismático e, sobre todo, exercendo no noso lado do mundo. Por fortuna


-Entre Brisbane, Australia, e Fisterra hai todo un planeta polo medio. Coma foi darlle a volta?


A verdade é que foi todo un privilexio desfrutar de ese país. Darlle a volta foi cando menos agotador polas máis de 30 horas de avión que conleva chegar ata alí. Pero non cambiaría por nada do mundo as miles de experiencias que vivín.
Todos os comezos son duros pero esas vivencias fannos máis fortes e mellores. Poder traballar en un clube tan profesional como é o Olympic F.C. ou traballar na “Barça Academy” e aprender da súa metodoloxía, supuxo un aprendizaxe moi significativo para min. A esixencia en este tipo de contextos é bastante alta e obrígache a esforzarte ao máximo para dar a talla. De todas maneiras, co que me quedaría de ese ano vivido nas antípodas sería con todos os amigos que fixen estando aló, en especial con Jose Barcala, Laura Pérez e a súa filla Carlota. Sen eles non sería o mesmo. Estareille toda a vida agradecido por todo canto me axudaron.


-Ves de traballar en clubes a anos luz da nosa idiosincrasia costeira. Supón moita adaptación á hora de desenvolverse?


Cada clube supón unha adaptación. En cada un hai culturas diferentes e maneiras distintas de traballar. A habilidade que teñamos en tratar de adaptarnos, e identificar as necesidades o antes posible para poder sumar como grupo de traballo, é un aspecto que marca a diferenza.
No meu caso foi moi doado comezar a traballar co Fisterra. Toda a directiva xunto con José Álvarez “Tolo”, traballan moi duro para que todo funcione, se aínda por encima lle sumas a unha das mellores afeccións de Galicia como son os Rapacollóns, todo resulta fácil. Con estes últimos é imposible non estar namorado do fútbol, porque che poñen a pel de galiña en cada encontro. Pode que non teñamos unhas instalaciós profesionais como a maioría dos equipos de Terceira, pero en calidade humana e traballo hai poucos que se podan equiparar.
Para min supón unha motivación moi especial traballar ca S.D. Fisterra. Cada vez que vexo a xogadores da nosa zona competir contra auténticos equipazos da Terceira División, sinto un orgullo e unha felicidade inmensa. Por fin amosamos ao mundo o tremendo talento que sempre houbo na nosa zona, e sobre todo a raza e a coraxe que nos caracteriza.

 
-Aínda non rematou a tempada e xa tiveste tres adestradores contigo no banco. Habitual seguro que non é.


Certo, non é o máis habitual. Hoxe en día o mundo do fútbol vai máis rápido ainda que o mundo “real”, ata tal punto que o rendemento ten que ser case inmediato. Nunca son situacións fáciles, nin para os adestradores, aos que sempre lle estaremos agradecidos por todo o seu traballo, nin para a directiva nin para os xogadores. Intento quedarme sempre con todas as cousas positivas que deixaron non clube.

 
-Que precisas para desenvolver o teu traballo nun clube?

Moi fácil. Respecto e confianza na miña persoa e no meu traballo. Con eso todo, o resto sae só. A maiores disto, aquí en Fisterra temos aos dous mellores utilleros que vin na miña vida. Tanto Messi como Marcelino fan que todo sexa máis levadeiro. Son uns auténticos cracks.


-Esta fase de permanencia está redimindo ao Fisterra dunha tempada agridoce. Algo terás que ver na recuperación de xogadores que están amosando un riendemento espectacular.


Un profesor que tiven unha vez díxome: “O preparador físico ten que levar o Óscar ao mellor actor secundario, nunca ao mellor actor principal.”
Non podo estar máis dacordo, aquí os verdadeiros protagonistas son os futbolistas, que son os que dan a cara cada Domingo.
Polo tanto creo que o maior mérito é o dos propios xogadores, pola actitude que mostran cando están adestrando. Nós, como corpo técnico, intentamos axudalos en todo o posible. Tamén temos a sorte de contar con Vero, que no apartado das lesións é unha peza fundamental. Sempre está dispoñible para axudar. Eso vale moito. No meu caso tratamos de individualizar o máximo posible, de maneira que podamos atender as diferentes demandas de cada un e inculcarlle hábitos de vida o máis saudables posibles. Todo inflúe no rendemento.

 


Moitísimo. As veces que soño, aínda o fago como xogador e marcando o gol da victoria, nunca dende o banquillo formando parte dun corpo técnico. Xogar ao fútbol sempre está presente na miña mente. Cada vez que paso polo fortín da Arliña non podo evitar recordar o feliz que me facía xogar e adestrar no Muxía con todos os meus amigos.


-Da afección fisterrana pódese dicir que, a súa maneira, exerce poderes curativas sobre os seus xogadores. Soa esaxerado?


Están tolos!! Son os mellores. Para min son a alma e a imaxe do que ten que representar o noso fútbol. Son a ilusión, o ánimo, e sobre todo a alegría do pobo. A S.D. Fisterra está en 3ª división en gran parte, grazas ao apoio incondicional desta xente. Nunca vin cousa igual. Da o mesmo que perdamos, que mostremos unha imaxe mala, que o fagamos francamente mal, que eles animan igual como se lle fose a vida en eso. Tanto Diego Díaz como Bebeto, a cabeza visible, fan que cada fin de semana o Ara Solis se asemelle ao Sambódromo de Río de Janeiro. Un espectáculo que todo mundo debería ver cada domingo. Invito a todo mundo a que se acerque os días de partido, porque a verdade é que son impresionantes.


Cres factible a permanencia?


Por suposto. Mentres as matemáticas non digan o contrario, nós imos a loitar contra quen se poña diante para tratar de gañar cada partido. Todos cremos na inmensa capacidade competitiva do equipo. Por coraxe non vai quedar.


-Que xogador do Fisterra foi un descubrimento para ti?


Non sería capaz de nombrar a un xogador que esté dando un nivel baixo. Todos están enchufadísimos. Parte da culpa de esto é de Juán Porrúa e Juán Cabrejo que están facendo un traballo espectacular. Os xogadores recén chegados de este ano axudaron moito a que o equipo rendise a un nivel moi alto. Se a maiores xuntas o talento e a experiencia dos que xa estaban o ano pasado, encóntraste con un super equipo.


-Aparte do traballo físico, eres moi motivador e nunca deixas de animar e estimular aos xogadores. Tamén é parte do plan de traballo ou é algo co que se nace?


A maior parte aprendino dos que tiven a sorte de compartir vivencias e vestiarios. Compañeiros e amigos coma José Mato, Rubén Arce, Yoni Iglesias, Alberto Pérez, José Seonae, Pablo Martínez, Nacho Zas, a Doutora Luisa Ibáñez, xunto cos que considero os meus "pais futbolísticos" coma Ángel Vales, José Barcala e Manuel Mourelos. Foron as persoas as que lle teño que agradecer hoxe en día siga tenda esta paixón por este fermoso deporte. Son todos uns profesionais impresionantes. Todos teñen isto en común: son boas persoas que adestran/ensinan desde o cariño e o respecto.

 
Non quixera deixar pasar esta entrevista sen antes agradecer todo o traballo tan importante que Costa Fútbol fai polo noso fútbol. Grazas de corazón.

domingo, 9 de mayo de 2021

A COSTA MÍTICA - JOSIÑO PEQUE





JOSÉ M. GARCÍA MARTÍNEZ "PEQUE"

Defender as cores dun clube soe vir precedido por ser o da vila natal, pero ás veces tamén por tradición familiar coma ten acontecido con varios xogadores ceenses, entre eles Josiño, que non precisaría máis nome nin apelidos que dicirse fillo de José, auténtica institución no clube branquiazul ao longo dos anos. Peque, coma era coñecido na etapa deportiva, tivo un papel destacado na historia dos títulos acadados polo Cee, sempre da man de Manolín e das súas ensinanzas, bagaxe que lle permitiría máis adiante enrolarse no Camariñas, Carnota, Dumbría, Corcubion ou no postreiro Pereiriña.


Extremo esquerdo de técnica e fino golpeo, de intelixencia co balón no pé e ampla visión de xogo, que lle permitiron xa de ben novo proclamarse campión de Liga por dúas veces na etapa xuvenil, as mesmas que repetiría despois en maiores, outros dous títulos co Union Club Cee e un co Dumbria na Costa. Especialista en goles olímpicos con varios no seu haber, que o convertiron nun xogador temido cada vez que enfilaba o saque de curruncho. Preciso e rápido, dos que marcaban o ritmo e pelexaban por ir diante, sempre listo para o ataque e o pase final. Canteira azul naquel tempo onde o Cee marcaba a pauta dos clubes que sempre ían a máis, que subía de categoría e engordaba as súas vitrinas case que cada tempada. Peque foi desa época onde despuntar levaba aparellado o triunfo e a posibilidade de ser profeta na casa. O fútbol sala sería igualmente unha patria coñecida, incluso xa retirado do céspede, nesa volta ás orixes da idade competitiva. Un pasado en diferentes cores no que sempre sobresairá, por enriba de todos, o do fogar propio e familiar. De casta venlle ó galgo.



jueves, 6 de mayo de 2021

"SENDEIROS DE GLORIA" - A ENTREVISTA DA SEMANA

"PLANTILLA, CUERPO TÉCNICO, AFICIÓN Y DIRECTIVA SON LA ÚNIÓN PERFECTA PARA QUE EL SOFÁN SIGA MUCHOS AÑOS EN BOCA DE TODOS"



Poucos xogadores permanecen o tempo suficiente nun clube para poder contar que transitaron con el por tres categorías distintas, e sen descartar unha cuarta se todo sae ben de aquí a fin de tempada. Raúl Díaz Carballeira (A Coruña, 30/04/1979) é deses afortunados desde que decidira ligar o seu destino ao do Sofán onde non só botou raíces, senón que tamén foi escalando posicións deportivas e afectivas nun equipo que capitanea e dirixe coa mesma elegancia e contundencia que o caracteriza no campo. Portento físico que non impide o refinamento nas formas, nese achegamento letal á área contraria onde infunde tanto temor coma respecto e admiración. Raúl é un cazador de goles, un felino sempre presto para o ataque e o implacable remate. O noso particular Ibrahimovic costeiro, depredador que non desperdiciará un balón e que forza acaba convertido en referente alí onde xogue. A SD Sofán chegou para quedar e elevar ós ceos unha vila que soña tan alto coma o seu capitán, mestre nos terreos de xogo e fóra deles, cultivado e atípicamente venerado sen distinción de cores. Raúl Díaz xa fixo historia no Sofán, pero segue nutrindo ese fútbol engaiolador que non alcanzamos a imaxinar sen el sobre o céspede do Carral.


Que significa para ti o Sofán?

Creo que la mejor definición que podría dar del Sofán es que es una gran familia. Es la unión perfecta entre plantilla, cuerpo técnico, afición y directiva. La forma en la que todos nos tratan hace que disfrutemos del fútbol. Si siguen en esta línea, el Sofán estará muchos años en boca de todos. Aún encima, me ha dado la oportunidad de poder jugar con mi ahijado, algo que para mí es una felicidad poder compartir el fútbol con él.

-Xogaste na zona das Mariñas en todas as categorías desde Segunda ata Preferente. ¿Coma foi recalar no fútbol da Costa?

La primera vez que fiché por un equipo en 2ª regional fue cuando fiché en el Sofán. Fue una de las mejores decisiones que tomé en mi vida futbolística, la afición de los campos en la liga de la costa es extraordinaria, los equipos llevan mucha gente a los campos, viven el fútbol de su pueblo y lo llevan en la sangre. Uno de los motivos por los que fiché en el Sofán era por jugar la Copa da Costa, siempre me la habían descrito como un gran evento deportivo y tuve la posibilidad de comprobarlo.

-Acadaste ascensos co Vizoño, Silva e Sofán, pero nunca á Terceira División. Quizais xa toque coma broche de ouro a túa traxectoria deportiva.

Es pronto para hablar de ascenso, debemos ir paso a paso. Primero, lo importante es mantenernos en esta posición de privilegio y para eso tenemos que seguir trabajando como hasta ahora. Si finalmente accedemos a la fase de ascenso, trataremos de hacer todo lo posible para poder conseguirlo. De hacerlo, como es lógico, sería un broche de oro, no cabe duda. Quizás así me dejasen retirarme (es broma).

-Cal é o xogo que máis se adapta ás túas características e cal é o que a ti che gusta desempeñar nos equipos onde xogas?

El juego que más se adapta a mi fútbol, por mis condiciones y en el puesto que juego, es el juego directo, si bien es cierto que con el paso de los años me he sabido adaptar a las necesidades para cada campo.

-Ser capitán é case tamén un oficio, hai que ter determinadas cualidades e non vale para todo o mundo.

Normalmente el capitán es el más veterano del equipo y eso implica de los más mayores, o el que más en mi caso, pero es cierto que asume un rol importante dentro del equipo. Para mí modo de ver el fútbol, las cualidades que debe tener un capitán son responsabilidad, carácter, sacrificio y empatía. El capitán de cualquier equipo es la cabeza visible del mismo. Tengo la suerte de tener y haber tenido unos compañeros de 10 por lo que la tarea del capitán es mucho más fácil.

-Moi trascendente o partido deste domingo. ¿Hai moita presión e responsabilidade polo resultado?

Es un partido importante, pero no es una final para nosotros. Por supuesto que en el caso de ganar, sacaríamos una ventaja importante a falta de pocos partidos por jugarse. Contamos con el factor de jugar en nuestro campo, algo que nos da una ventaja y como no, delante de nuestra afición intentaremos dar un nuevo paso hacia la fase.

- ¿Veste desputando a Terceira en caso de ascender?

Es algo que no he pensado siquiera ya que primero debemos conseguirlo y no será tarea fácil aunque, si se consiguiese, veo muy difícil poder jugar en tercera por la exigencia de la categoría a nivel dias de entrenamientos por mi situación familiar y laboral.

- O Carral está a responder neste ano tan atípico pero, ao mesmo tempo, ¿tan intenso?

O Carral siempre responde, da gusto entrar en este campo y con esta afición y esta directiva tan entregada, te sientes como en casa. En él, independientemente del resultado, los equipos lo pasan mal por las dimensiones y por la intensidad del juego, algo que a nosotros nos va muy bien al estar acostumbrados.

- Un desexo que viras cumprido e outro por cumprir no fútbol.

Ganar 2 copas de A Coruña en Riazor para mí fue un sueño hecho realidad, por cumplir, desearía ganar la Copa da Costa o ascender a 3ª división con el Sofán.