Apelidarse Toba en Muxía é algo tan natural coma que despois do temporal vai chegar a calma. Que sexa un dos máis vinculados ao fútbol naquela localidade tampouco é de estrañar, porque xa de antaño para ilustres xogadores ou adestradores era o seu sinal de identidade. O Toba máis mítico foi desa canteira que aínda hoxe dá os seus froitos en forma de historia e descendentes, de herdanza na súa filla Barca Toba, digna sucesora da categoría do pai. Toba non só foi un representante da nosa competición, senón que atravesou España nun tempo onde iso non era nin habitual nin doado, para levar o talento costeiro ata nada menos que Andalucía.
Francisco Toba era aínda un rapaz cando xa se proclamaba máximo goleador co Muxía, afiado estilete dende o extremo dereito que espertou admiración e interese no Doutor Toba, muxián de berce que veraneaba na vila pese a residir fóra dela e que, naquel momento, adestraba no Córdoba, a onde se empeñou en levar ao destacado xuvenil. Alí desputaría unha tempada a carón de xogadores que acabarían nas filas de equipos coma Barcelona ou Atlético de Madrid, pero para o xove Toba o periplo non duraría máis pola marcha do adestrador á selección nacional, polo que se impuxo a volta ás orixes, ao familiar Muxía e equipos veciños coma o Porteño, con tempo tamén para explorar outras experiencias no Monforte de Lemos. Sempre destacado en ataque, insaciable na procura dun gol que foi protagonista absoluto da súa traxectoria. Aventureiro nun tempo e idade onde poucos tiñan ocasión e valentía para dar o salto lonxe da terra, pero no que el aceptou o reto porque o fútbol sobre todo é iso: paixón e sana loucura.
Fotografías CEDIDAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario