Non fai falla ir moi lonxe para atopar grandes profesionais dos que non só se forxan na nosa contorna, senón que sempre están despostos para beber doutras fontes. Adrián Negro Alvite (Muxía, 1990) está feito desa pasta, xogador en varios clubes da comarca coma Cee, Bergantiños ou Camariñas, pero sobre todo no Muxía natal, bregado naquela Terceira Rexional tan alonxada das categorías nas que hoxe se move, pero que deixan o pouso imborrable do afán de superación. O ascenso á Costa foi sen dúbida un dos mellores momentos desa etapa, pero quedaba por diante unha longa etapa que o levaría ás antípodas, ao outro lado do mundo para ampliar horizontes e experiencias coas que seguir nutrindo unha profesión que tamén o levou ao Lugo anteriormente. Este ano, fichaxe estrela no banco fisterrán da cuarta categoría nacional, quizais o único que foi inamovible nesta axitada pero emocionante tempada. Adrián desenvolve o seu traballo coma un máis xa da familia fisterrana, querido e respectado, pero sobre todo admirado por un traballo que recompón feridas físicas e tamén das outras, das que deixan as derrotas ou un mal momento anímico. Imposible imanixarse este Fisterra sen o seu traballo, dedicación e amor por uns xogadores que mima coma faría o mellor pai con cada un dos seus pródigos fillos. Sanador de corpo e alma, carismático e, sobre todo, exercendo no noso lado do mundo. Por fortuna
-Entre Brisbane, Australia, e Fisterra hai todo un planeta polo medio. Coma foi darlle a volta?
A verdade é que foi todo un privilexio desfrutar de ese país. Darlle a volta foi cando menos agotador polas máis de 30 horas de avión que conleva chegar ata alí. Pero non cambiaría por nada do mundo as miles de experiencias que vivín.
Todos os comezos son duros pero esas vivencias fannos máis fortes e mellores. Poder traballar en un clube tan profesional como é o Olympic F.C. ou traballar na “Barça Academy” e aprender da súa metodoloxía, supuxo un aprendizaxe moi significativo para min. A esixencia en este tipo de contextos é bastante alta e obrígache a esforzarte ao máximo para dar a talla. De todas maneiras, co que me quedaría de ese ano vivido nas antípodas sería con todos os amigos que fixen estando aló, en especial con Jose Barcala, Laura Pérez e a súa filla Carlota. Sen eles non sería o mesmo. Estareille toda a vida agradecido por todo canto me axudaron.
-Ves de traballar en clubes a anos luz da nosa idiosincrasia costeira. Supón moita adaptación á hora de desenvolverse?
Cada clube supón unha adaptación. En cada un hai culturas diferentes e maneiras distintas de traballar. A habilidade que teñamos en tratar de adaptarnos, e identificar as necesidades o antes posible para poder sumar como grupo de traballo, é un aspecto que marca a diferenza.
No meu caso foi moi doado comezar a traballar co Fisterra. Toda a directiva xunto con José Álvarez “Tolo”, traballan moi duro para que todo funcione, se aínda por encima lle sumas a unha das mellores afeccións de Galicia como son os Rapacollóns, todo resulta fácil. Con estes últimos é imposible non estar namorado do fútbol, porque che poñen a pel de galiña en cada encontro. Pode que non teñamos unhas instalaciós profesionais como a maioría dos equipos de Terceira, pero en calidade humana e traballo hai poucos que se podan equiparar.
Para min supón unha motivación moi especial traballar ca S.D. Fisterra. Cada vez que vexo a xogadores da nosa zona competir contra auténticos equipazos da Terceira División, sinto un orgullo e unha felicidade inmensa. Por fin amosamos ao mundo o tremendo talento que sempre houbo na nosa zona, e sobre todo a raza e a coraxe que nos caracteriza.
-Aínda non rematou a tempada e xa tiveste tres adestradores contigo no banco. Habitual seguro que non é.
Certo, non é o máis habitual. Hoxe en día o mundo do fútbol vai máis rápido ainda que o mundo “real”, ata tal punto que o rendemento ten que ser case inmediato. Nunca son situacións fáciles, nin para os adestradores, aos que sempre lle estaremos agradecidos por todo o seu traballo, nin para a directiva nin para os xogadores. Intento quedarme sempre con todas as cousas positivas que deixaron non clube.
-Que precisas para desenvolver o teu traballo nun clube?
Moi fácil. Respecto e confianza na miña persoa e no meu traballo. Con eso todo, o resto sae só. A maiores disto, aquí en Fisterra temos aos dous mellores utilleros que vin na miña vida. Tanto Messi como Marcelino fan que todo sexa máis levadeiro. Son uns auténticos cracks.
-Esta fase de permanencia está redimindo ao Fisterra dunha tempada agridoce. Algo terás que ver na recuperación de xogadores que están amosando un riendemento espectacular.
Un profesor que tiven unha vez díxome: “O preparador físico ten que levar o Óscar ao mellor actor secundario, nunca ao mellor actor principal.”
Non podo estar máis dacordo, aquí os verdadeiros protagonistas son os futbolistas, que son os que dan a cara cada Domingo.
Polo tanto creo que o maior mérito é o dos propios xogadores, pola actitude que mostran cando están adestrando. Nós, como corpo técnico, intentamos axudalos en todo o posible. Tamén temos a sorte de contar con Vero, que no apartado das lesións é unha peza fundamental. Sempre está dispoñible para axudar. Eso vale moito. No meu caso tratamos de individualizar o máximo posible, de maneira que podamos atender as diferentes demandas de cada un e inculcarlle hábitos de vida o máis saudables posibles. Todo inflúe no rendemento.
Moitísimo. As veces que soño, aínda o fago como xogador e marcando o gol da victoria, nunca dende o banquillo formando parte dun corpo técnico. Xogar ao fútbol sempre está presente na miña mente. Cada vez que paso polo fortín da Arliña non podo evitar recordar o feliz que me facía xogar e adestrar no Muxía con todos os meus amigos.
-Da afección fisterrana pódese dicir que, a súa maneira, exerce poderes curativas sobre os seus xogadores. Soa esaxerado?
Están tolos!! Son os mellores. Para min son a alma e a imaxe do que ten que representar o noso fútbol. Son a ilusión, o ánimo, e sobre todo a alegría do pobo. A S.D. Fisterra está en 3ª división en gran parte, grazas ao apoio incondicional desta xente. Nunca vin cousa igual. Da o mesmo que perdamos, que mostremos unha imaxe mala, que o fagamos francamente mal, que eles animan igual como se lle fose a vida en eso. Tanto Diego Díaz como Bebeto, a cabeza visible, fan que cada fin de semana o Ara Solis se asemelle ao Sambódromo de Río de Janeiro. Un espectáculo que todo mundo debería ver cada domingo. Invito a todo mundo a que se acerque os días de partido, porque a verdade é que son impresionantes.
Cres factible a permanencia?
Por suposto. Mentres as matemáticas non digan o contrario, nós imos a loitar contra quen se poña diante para tratar de gañar cada partido. Todos cremos na inmensa capacidade competitiva do equipo. Por coraxe non vai quedar.
-Que xogador do Fisterra foi un descubrimento para ti?
Non sería capaz de nombrar a un xogador que esté dando un nivel baixo. Todos están enchufadísimos. Parte da culpa de esto é de Juán Porrúa e Juán Cabrejo que están facendo un traballo espectacular. Os xogadores recén chegados de este ano axudaron moito a que o equipo rendise a un nivel moi alto. Se a maiores xuntas o talento e a experiencia dos que xa estaban o ano pasado, encóntraste con un super equipo.
-Aparte do traballo físico, eres moi motivador e nunca deixas de animar e estimular aos xogadores. Tamén é parte do plan de traballo ou é algo co que se nace?
A maior parte aprendino dos que tiven a sorte de compartir vivencias e vestiarios. Compañeiros e amigos coma José Mato, Rubén Arce, Yoni Iglesias, Alberto Pérez, José Seonae, Pablo Martínez, Nacho Zas, a Doutora Luisa Ibáñez, xunto cos que considero os meus "pais futbolísticos" coma Ángel Vales, José Barcala e Manuel Mourelos. Foron as persoas as que lle teño que agradecer hoxe en día siga tenda esta paixón por este fermoso deporte. Son todos uns profesionais impresionantes. Todos teñen isto en común: son boas persoas que adestran/ensinan desde o cariño e o respecto.
Non quixera deixar pasar esta entrevista sen antes agradecer todo o traballo tan importante que Costa Fútbol fai polo noso fútbol. Grazas de corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario