viernes, 13 de abril de 2018

BANCADA PREVIA

Imagen del Baio - Fisterra (MC con Jesús)
ENTRE O CEO E O ARASOLIS

Nesa distancia caben as esperanzas dunha salvación non eterna, pero sí moi tranquilizadora para Fisterra e Baio, que se medirán este domingo nun dos partidos máis atractivos da xornada. Todo pode acontecer, pero é indiscutible que ambas afeccións estarán a pé do cañón e o espectáculo será dos que tardan en esquecerse. No resto, choques de altura para Xallas e Dumbría, ante os dous primeiros. Na Segunda a emoción desborda cada semana e nada é predecible, espadas en alto e loita de titáns para non perder as vantaxes gañadas tan duramente. Na parte baixa, un drama aínda sen consumar e con todos agardando redentoras vitorias que os rescaten dun descenso seguro. En Terceira, a apaixonante volta da Fase de Ascenso e o inicio da liguilla de Copa. Tede os ollos ben abertos e os corazóns ben suxeitos!.
Imagen del Dumbria - Betanzos
PREFERENTE NORTE

Ten o XALLAS unha durísima pedra de toque na súa visita ao líder POLVORÍN, no que sería o cúlmen dunha gran tempada, ambiciosa e na que amosaron ser capaces de gañar a calquera. Mesma ambición en DUMBRÍA á hora de salvarse, por máis que o rival a bater sexa o temible PAIOSACO. Deixarse a pel será innegociable. non queda outra. O SOFÁN en cambio visitará a un BETANZOS ferido despois da derrota da semana pasada, pero non deixa de ser un partido de trámite para os dous.

Encuentro Baio - Fisterra (Roa del Fisterra con Adrian Peke del Baio)
PRIMEIRA GALEGA

Chega o FISTERRA ao derbi co BAIO non tan ben coma desexarían, despois dunha dolorosa derrota en Tordoia da que aínda custa recuperarse, pois ademais da perda dos tres puntos supuxo certos danos colaterais que tentarán arranxar coma fan os fisterráns: con entrega e paixón ilimitadas. Non menos fará o rival, na cresta da ola grazas aos bos resultados dos últimos encontros. O SONEIRA recibirá en xornada sabatina a un TORDOIA que tocou o ceo coa punta dos dedos diante dos fisterráns, pero o do Municipal de Vimianzo xa é outro partido. Mentres, o SAN LORENZO a piques estivo de dar a sorpresa en terras de Rosalía, e recibirá a un BERTAMIRÁNS como pouco, incómodo.

Imagen del Baiñas - Esteirana (El Capi de la Esteirana Alex Rama protegiendo el esférico)
LIGA DA COSTA

Impresionante esprint final de competición, onde non hai descanso nin para os de arriba nin para os de abaixo. O afianzado líder, a ESTEIRANA, recibe a un CORISTANCO aínda na corda frouxa, desexoso de dar a campanada e poñer terra de por medio dos postos de perigo. Un asfixiado CAMARIÑAS non o terá doado recibindo a un MAZARICOS que non pensa en tirar a toalla e que pisa o talóns aos esteiráns. Non menos expectante está o CORME, visitante dun ZAS que tropezou a semana pasada e precisa recuperar autoestima. BAÍÑAS, aínda en liza, precisaría un milagre para voltar a ter opcións tan claras coma tivo semanas atrás para o asalto do liderato. A visita dun CEE á alza, motivado e que anhela non perder a categoría, marcará o destino das aspiracións de ambos. Non hai quinto malo e o MUXÍA contempla aos seus perseguidores dende esa praza, entre eles o MALPICA, a quen visitará para refutar unha gran tempada, aínda que os malpicáns terán moito que dicir. O PONTECESO está en disposición de apuntillar a un OUTES colista pero moi achegado aos seus principais competidores. LIRA -CERQUEDA e BUÑO - MONTELOURO son dese tipo de partidos nos que haberá a bo seguro un feixe de goles e moita emoción. Porque esa é non outra é a palabra que mellor describe o que está sendo esta edición costeira.
Imagenes JM Ferreiro 
FASE DE ASCENSO NA TERCEIRA

Sendos empates na ida, polo que os CABANA - PORTEÑO e AMEIXENDA - CAMELLE non poden prometer máis espectáculo e tensión para as bancadas de cada clube, pois ninguén quere perder a posibilidade de chegar á última ronda e optar ao codiciado ascenso.


FASE PREVIA DA COPA DA COSTA
LAXE - CORCUBIÓN e SEAIA - CASTRELO amenizarán esta liguiña mentres o resto de equipos seguen inmersos nas súas competicións.

Imagen de uno de los encuentros del As Miudas
FÚTBOL FEMININO
Desas derrotas que doen sufríron as bravas do BERGANTIÑOS, un 3-4 que deixa un sabor agridoce e certa impotencia por un resultado inesperado. Non o terán tampouco doado na visita ao SILVA SD, pero hai que ir a por todas e tentar sumar. AS MIÚDAS voltan por fin á competición e achéganse a SANTISO nunha boa ocasión de ir cara arriba. Moita sorte as nosas rapazas!.
Dulce escribiendo esta estupendisima previa que nos trae cada semana

miércoles, 11 de abril de 2018

DENDE A FIN DO MUNDO


                        

S.D. FISTERRA - C.D. BAIO. UN CLÁSICO

Fisterra e Baio. Dous pobos, dous equipos e dúas historias.

O vindeiro domingo, no campo municipal do Ara-Solis en Fisterra, disputarase un dos clásicos da Costa da Morte. A S.D. Fisterra recibe ó Clube Deportivo Baio nun derbi no que a escadra que saia victoriosa dará un paso de xigante nas súas aspiracións para lograr a permanencia no grupo II da 1ª Autonómica. Pola contra, no horizonte do equipo derrotado dexergaranse uns nubarróns cargados de alta tensión e moitas incertezas para afrontar a recta final do campionato.

Nos comezos dos anos sesenta, mentres en Fisterra a S.D. tomaba forma na céntrica zapatería do “coxo de Reimunda”, os mozos de Baio xuntábanse para falar de fútbol no vello muíño dos Veloso.

Ámbolos dous equipos estiveron presentes na primeira liga da costa, aquela que se disputara alá polo ano 1964. Durante eses primeiros anos de competición federada, ámbolos dous equipos mantiveron unhas ambicións e traxectorias un tanto diferentes.

Mentres a S.D. Fisterra loitaba co Cee por conseguir, aínda que sen éxito, o ansiado título costeiro, os baieses pelexaban por non ocupar as derradeiras posicións na taboa.


Peculiar e sorprendente foi a maneira que tiveron os branquiazuis de afrontar eses difíciles comezos. Lonxe de virse abaixo e perder a ilusión suscitada pola recente creación ligueira, en Baio asumiron con humor o seu rol de pechacancelas e decidiron atribuirse a si mesmos o sobrenome de "o equipo do faroliño vermello". No libro “50 ANOS DA HISTORIA DO FÚTBOL DA COSTA”, que ten máis de enciclopedia histórica que de libro, Xosé Mª Lema e Xose Mª Rei, tío e sobriño, contan como o seu pai (ou avó, según se mire), presidente do clube naqueles anos, parou nunha vella taberna de Vilaseco a mercar un faroliño dos da época para colgalo na parte de atrás do autobús do equipo nun desprazamento á casa do líder, o U.C. Cee.

As seleccións nacionais, cando gañan un mundial de fútbol, cosen unha estrela na súa elástica. En Alemaña, os clubes que gañaron a liga en dez ocasións lucen sobre o seu escudo tres estrelas, que se converten en catro cando o conseguen vinte veces. En italia, por cada dez ligas conseguidas, engaden tamén unha estrela na camisola. En Baio non, en Baio prefiren lucir con fachenda o faroliño vermello no peito, símbolo daqueles anos onde o resultado era o de menos. Encomiable.

Foi por aqueles anos cando un rapaz, Manolo de Costa, chegou no bus da expedición baiesa a Fisterra ca intención de xogar un partido de fútbol como o que vai ter lugar este domingo. Ademáis diso, ollade como mudaron os tempos, aproveitando que viña a un porto de mar, a súa nai, dona dun restaurante en Baio, mandoulle mercar uns ollomoles á fisterrana señora Pepita para logo ofrecerllos como menú ós clientes.

O primeiro que fixo Manolo ó chegar a Fisterra, foi ir mercar o peixe e gardalo baixo o seu asento no autobús. Xa tiña o recado feito. Logo foise a xogar o partido ó campo que estaba ó lado da igrexa. Non sei cal sería o resultado final pero, como dicía, naqueles anos en Baio iso pouco importaba. Ó remate do encontro, os visitantes decidiron dar unha volta polos numerosos bares que había en Fisterra. Daquela, facer un viaxe desas características era todo un evento e a cousa fóiselle un pouco das mans. Parece ser que chegaron contentos de máis ó autobús e, na viaxe de volta, entre cantarea e cantarea, alguén descubriu os ollomoles, que foron paseados polos asentos no medio da hilaridade dos presentes. Contan no libro que, cando Manolo de Costa chegou a casa, non sabían quen estaba máis mareado, se os ollomoles ou el. Periplo este dos ollomoles tan só equiparable ó daquel rodaballo que roubaran catro rapaces da Puebla…

O tempo foi pasando, o Baio foi medrando e, vinte anos despois, coincidindo coa chegada dos fisterráns: Ayala, Dito, Manín e máis tarde Cachuso, chegaron os éxitos ás terras baiesas onde, hoxe en día e despois de máis de trinta anos, aínda son recordados con moito cariño.

Uns anos máis tarde tamén militarían no conxunto do faroliño outros fisterráns como Vareta, Velay, Isidro, Guillermo e Marcote.

E se para colleitar as primeiras glorias o Baio formou con fisterráns nas súas filas, o Fisterra, contou con Nacho no banco e con Norberto na portería para poder saborear as meles dos seus máis recentes triunfos. Dous ex-xogadores moi ligados ó Baio. Débeda saldada.

O vindeiro domingo temos derbi no Ara-Solis. Seguramente acuda moita xente de Baio. Aproveito, pois, para decirlle que os ollomoles andan ben de precio, eló!



viernes, 6 de abril de 2018

BANCADA PREVIA

PURA MATEMÁTICA

SD ESTEIRANA Lider de Segunda de la Costa
Na conta atrás das competicións ligueiras, non queda tempo nin para respirar. Uns apremiados polos puntos para acadar títulos e ascensos, e outros para salvarse do abismo do descenso. Auténticas finais as que se vivirán en Cee na parte baixa e en Mazaricos na alta, despois dos demoledores e inesperados tropezos. O mesmo se rumía en Baíñas, aínda estupefactos polo desenlace dos dous últimos partidos. O derbi do Cairo é pura dinamita, cos cormeláns despostos a dar batalla mentres as contas non digan o contrario. O Dumbría vive sen vivir en el, acuciado por cadrar números e agarrarse ben forte á categoría. Os fisterráns, xa descargada a cruz e pasado o vía crucis, encaran en Tordoia un partido deses que non valen tres puntos, senón seis. Importantísimo e vital puntuar para sufrir o menos posible no treito final. O Baio ten no Cordeiro a ocasión perfecta para rubricar que a salvación é real e factible. Ide collendo a calculadora!.

PREFERENTE NORTE

Un SOFÁN que nada en augas mansas recibirá a un DUBRA do que só o separa un punto e unha hipotética vitoria poñeríaos por diante. Escalar peldaños sempre é unha motivación extra, sobre todo en horas difíciles como as que está a pasar o DUMBRÍA, que se verá no Conco co BETANZOS nun encontro deses dos que todos quixeran fuxir. Haberá que sufrir e confiar. Moito menos precisan en terras do XALLAS, onde a visita do ESTUDIANTIL non semella un obstáculo imposible nin insalvable, e si unha oportunidade máis de seguir cunha competición abraiante.

PESCO xogador do Dumbria no Conco
PRIMEIRA GALICIA

Non o terá doado o SAN LORENZO na súa viaxe a FLAVIA, de infausto recordo para outros equipos coma o FISTERRA, que desta volta visitará TORDOIA con grandes expectativas por ser un rival directísimo á hora de evitar complicacións. Igual acontece co BAIO, absolutamente eufórico tras os últimos resultados e desposto a proseguir a racha vitoriosa diante do CORDEIRO. O SONEIRA irá ata BERTAMIRÁNS nun partido no que ninguén está a sufrir, cómodamente ambos instalados en posicións sen riscos.
Un xogador do Fisterra con un xogador do San Lorenzo
LIGA DA COSTA

Tremendamente apaixonante está a competición por antonomasia da Costa. O empurre da ESTEIRANA deu un volco total á clasificación e só faltan as palomitas para ter de todo neste gran espectáculo. Terá un difícil oso a batér no CAMARIÑAS, desputando no Hermanas Patiño un partido a vida ou morte para os anfitrións. Adrenalina a chorros. O MAZARICOS buscará denodadamente pechar tropezos diante do OUTES, porque xa non queda tempo nin para rectificar. O PONTECESO - CORME augura unha tarde de fútbol, paixón e rivalidade ben entendida. Imperdible para amantes da emoción e dos pronósticos abertos. Un CERQUEDA peleón agardará, por outra banda, aguarlle a festa a un dos outros favoritos, o BAÍÑAS, que vén de ver escurrirse as súas posibilidades de asaltar o liderato en dous aciagos partidos. A redención aínda é posible, pero cada vez quedan menos oportunidades. Quen soubo remontar foi o MONTE LOURO, que xa agarda o seu particular derbi diante do LIRA. En CEE agonizase pero séguese con vida, e terá que verse cun sorprendente ZAS que por nada do mundo quererá axudar a resurrección ningunha. Un partido onde tocará sufrir, tanto no terreo de xogo como na bancada. O MUXÍA agardará en Arliña polo BUÑO e en CORISTANCO farán outro tanto co MALPICA, nun choque de trens a toda máquina en pos da salvación.
Imaxen do encontro de fai unhas semanas na picota MAZARICOS-CORME
FASE DE ASCENSO NA TERCEIRA

Rematada a Liga, comeza a ansiada fase de ascenso para acadar ese posto que vale por un ascenso a SEGUNDA que desputarán o PORTEÑO e CABANA por unha banda, e o CAMELLE e AMEIXENDA, por outra. A emoción está asegurada e calquer pronóstico é aventurado neste tipo de eliminatorias. Que ninguén se os perda!.
O CAMELLE nun dos encontros fronte o Corcubion na liga
FÚTBOL FEMININO
AS MIUDAS fronte o Betanzos
Teñen as mozas do BERGANTIÑOS a oportunidade diante do CAMBRE de quitarse o mal sabor de boca que deixou o último partido antes do parón dos festivos. Carballo ten que ser un fortín e as de Gueli dalo todo para volver a sumar, mentres AS MIÚDAS non terán competición ata o domingo 15.
DULCE autora desta e outras previas

miércoles, 4 de abril de 2018

DENDE A FIN DO MUNDO

GOLAZO DE GULLIT EN CORME
A LARANXA MECÁNICA
Na Eurocopa do ano 1988, Holanda presentaba un combinado nacional extraordinario. Construíran unha selección que practicaba un fútbol que namoraba ás xentes de toda europa. Un fútbol de alta escola, refinado e versallesco. Nomes como Marco Van Basten, Ruud Gullit, Ronald Koeman, Van Breukelen ou Frank Rijkaard enchían portadas nos periódicos e revistas deportivas.


Como non podía ser doutro xeito, este equipo resultou ser o vencedor dese torneo e o encargado de erguer a copa de campión de Europa foi o capitán Ruud Gullit, que xunto co goleador e pichichi Marco Van Basten, eran considerados os máximos exponentes deste fútbol de moitos quilates. Ámbolos dous militaban a súa vez no gran A.C. Milán de Arrigo Sachi e representaban, en definitiva, o máis alto nivel do deporte rei no vello continente.

Marco Van Basten e Ruud Gullit
Foron eses anos, uns anos trasgresores en moitos aspectos. Un deles foi a moda. A laca para cardar o cabelo e os pendentes de grandes aros non podían faltar nos tocadores femininos e as ombreiras, xunto co pelo longo e as botas campeiras rachaban moldes no ámbito masculino.


En Fisterra, a actividade cultural era moi intensa e o entroido pasaba por unha das súas mellores etapas, onde comparsas como O Casino, A Anchoa, O Tope Wana, O Océano Limón ou o JB estaban a sembrar o que outras comparsas recollerían (e seguen recollendo) moitos anos despois. Nunha desas comparsas, no mítico JB, participaba o noso protagonista de hoxe. Santiago Traba Estévez, Santi de Chilín. Don Santiago.


Cada martes de entroido, cando Santi collía o micro, daba igual que se ceñira ou non ó guión estipulado. El abría a boca e as gargalladas estaban aseguradas. Santi é unha desas persoas ás que lle foi otorgado o don innato da simpatía. Pouco importa que se o que che está contando é un asunto serio ou un tema sen importancia. Se Santi considera que te tes que rir, vaste rir. Non lle deas máis voltas.


Cúmprense agora dous anos de cando Santi de Chilín, sentado na grada do Ara-Solis e disfrazado de Don Santiago, o piadoso párroco da S.D. Fisterra, narroume aquel fermoso gol que marcara no campo do Corme a finais dos anos oitenta.
DON SANTIAGO
Hoxe Santi rebasa a liña dos cincuenta e aínda que mantén intacto o seu xenuino estilo persoal daqueles anos, o peiteado xa non é mesmo. Naquela época lucía uns cabelos longos, oscuros e rebeldes. Característica esta que lle otorgou o sobrenome de Gullit, xa que lembraban ás rastas que lucía por aquel entón o capitán holandés. El asegura tamén que o de Gullit, aparte de virlle polo pelo, era sobre todo porque cando xogaba no Fisterra, facíao de mediapunta ou interior dereito, co dez ás costas e mostrando unha exquisita elegancia que recordaba moito á de Ruud.


Unha das características que mellor definían ó Gullit fisterrán era o seu “tiro de exterior”. Unha depurada técnica aprendida de neno e que foi perfeccionando co paso dos anos nas pistas do Grupo Escolar e no poli da igrexa. O disparo consistía en coller uns metros de carreira para logo golpear o esférico ca parte exterior do pé. O golpeo tiña que ser parcial, nunca de cheo, e a pelota saía do pé trazando unha curvilínea de dirección totalmente oposta á que marcaba a súa perna executora. O efecto que collía o balón era tremendo. Cando lle saía ben, o espectáculo era digno de ver. Se a perna apuntaba para o faro, a bola saía cara a Nave. Anos máis tarde tamén practicaría esta técnica o lateral brasileiro Roberto Carlos, pero nunca chegou a dominala como o facía Santi de Chilín.


Gullit non tivo unha dilatada carreira como futbolista na Liga da Costa, pero pasará á historia por aquel gol conseguido en terras cormelanas.


Aconteceu nunha tarde solleira. No ceo de Corme apenas había nubes, quizais estas eran espantadas polo forte vento que sempre adoita soprar no elevado campo do Cairo. Nun determinado lance do partido, un balón sen perigo aparente cae na zona de influencia do elegante mediapunta da S.D. Fisterra. Está moi afastado da portería rival, case no medio do campo. O lóxico sería que realizase un pase en curto ou un taconazo con clase, pero non. Santi, sorprendendo a tódolos asistentes, decidiu como deciden os xenios, e en décimas de segundo sacou da súa chistera un disparo que deixou ca boca aberta ós alí presentes. Unha parábola cun efecto nunca visto polas xentes do lugar. Un “tiro de exterior” que tranquilamente poidera levar a sinatura de Mark Lenders.
SANTI DE CHILIN (Clase innata)
Aínda que tamén é certo, e isto sempre ocorre cos artistas e coas súas obras de arte, que nun primeiro momento dubidou do resultado final da obra mestra. Cando se despuña a observar a traxectoria da pelota, a súa mirada cruzouse co astro rei e este, quizais como castigo pola súa insolencia de xenio, deixouno chosco por completo. Cando perdeu de vista o esférico, fíxose silencio na súa contorna. E foi ahí cando as dúbidas o consumiron:


-Mimadriña…Creo que mandén o balón ó Roncudo.- Pensou.


Tras uns insoportables intres de incerteza,e aínda medio cegado pola luz do sol, sentiu un lixeiro balbordo de voces e cos ollos entornados percibiu unhas sombras que se achegaban correndo ameazantes cara el. Por un intre pensou que eran as xentes de Corme que lle ían pedir contas polo balón que supostamente mandara ó mar, pero nada máis lexos da realidade. Eran os fisterráns que non daban crédito ó golazo que acaban de presenciar. Eles si o viron, Gullit non. Tamén é mala sorte marcar o gol da túa vida e que non o puideras ver por quedar medio chosco. Daba igual, os seus compañeiros abrazárono con forza e erguérono entre todos.


Naquela tarde solleira, os longos cabelos de Santiago de Chilín mecéronse triunfantes no aire de Corme como o fixeran as rastas de Ruud Gullit no aire de Munich naquela final do ano 1988, eló!

Escrito por GABRIEL RIVEIRO (BEBETO)

jueves, 29 de marzo de 2018

TROFEO MAIS DEPORTE a los Máximos Goleadores en sus respectivas Ligas (PREFERENTE - 1ª - 2ª y 3ª AUTONOMICA

PATROCINA


PREFERENTE  NORTE
JACOBO EIBE (SOFAN)
                                  Goles

1 LOPEZ MOURE, JULIAN (XALLAS F.C.)                                 8 (1 de penalti)

2 BLANCO GARCIA, ALEJANDRO  (ALEX)  (XALLAS F.C.)    8 (2 de penalti)

3 LOPEZ LOPEZ, ADRIAN (MAKAAY)  (C.F. DUMBRIA)          7 (1 de penalti)* 

LADO FORMOSO, JUAN (JUAN DE DORA)  (S.D. SOFAN)    7

5 FERNANDEZ GARCIA, JOSE LUIS  (S.D. SOFAN)                  7 (6 de penalti)

6 TRILLO RODRIGUEZ, KEVIN  (XALLAS F.C)                       6

 7 MARCOTE TRABA JOSE  (C.F. DUMBRIA)                             6

8 VIDAL ARES, FABIAN (S.D. SOFAN)                                     5 

9 QUINTELA BECERRA, 
ADRIAN (S.D. SOFAN)                      5 

10 LOPEZ PEREZ JESUS (YUYO) (C.F. DUMBRÍA                   5

11  EIBE FANDIÑO, JACOBO  (S.D. SOFAN)                                5 (1 de penalti) 

MARTIN MC (Baio) marcaba este fin de semana un Hattrick
1ª AUTONÓMICA
PARAFITA POMBO, IVAN  (S. D. SAN LORENZO)          13 (1 Penalti)

2 DE LA SIERRA SUAREZ, BASTI  (SONEIRA S.D.)         12 (1 Penalti) 

3 FUENTES SANTOS, MARTIN (MC)  (C.D. BAIO)          10


 4 DIAZ CANCELA, SANTI  (C.D. BAIO)                             7

LEMA VALIÑA, ADRIAN(PICHI)  (SONEIRA S.D.)        7

6 FERNANDEZ LAGO, AARON (SONEIRA S.D)               6 (2 Penalti)  

7 VARELA GESTO, DIEGO  (S. D. SAN LORENZO)       6

AGULLEIRO DOMINGUEZ, VICTOR  (S.D. FISTERRA)   6 (1 de penalti)  

9 ROMERO SILVA, BRUNO  (SONEIRA S.D.)                   5

10 PEREZ TRILLO, RODRIGO (ROA)  (S.D. FISTERRA)   5

11 RODRIGUEZ GOMEZ, MARIO (S.D. SAN LORENZO 5 (1 Penalti)
RUBIO (Sporting Zas)
2ª AUTONOMICA

MUIÑO RAMOS, PABLO  (C.D. BAIÑAS)                                                   24

2 LAGO RAMA ROBERTO (ROBERT PLADUR)  (S.D. ESTEIRANA)         15 (3 Penalti)*


3 CAMBON ALVAREZALEJO  (CORME C.F.)                                              14 (2 Penalti)

4 MATO CEREIJO,DANI  (SPORTING ZAS)                                                 14 (1 Penalti)


5 SOUTO CAMBRE, JAVI (C.D.BAIÑAS)                                                   11 

6 VAZQUEZ SENDON, ALEJANDRO (JANO)  (LIRA C.F.)                          10

7 RAMA LAGO PABLO (ESTEIRANA)                                                        10 

8 PICALLO PEREIRA, LEONCIO (U.C. CEE)                                               10 (2 Penalti)

9 FEREIRO SOUTO MARTIN(RUBIO) (SPORTING ZAS)                           9 (2 Penalti)

10 SANLI CAMBEIRO, ISMAEL  (LIRA C.F.)                                                  8

11 ANTELO LÓPEZ,JAVIER (CAMARIÑAS F.C)                                          8 (2 Penalti)

12 SIABA LEIS, ALEX (U.D. MONTE LOURO)                                             8 


13 MATO ROMAR, IVAN (U.D CERQUEDA)                                                 8 (2 Penalti) 

13 DIAME SOULEYMANE (CAMARIÑAS F.C)                                             8 

14 LAGO DIAZ, MANUEL LUIS (MAZARICOS C.F )                                          8

15 COSTA SUAREZ, SAMUEL (CORME)                                                    8 (2 Penalti)

Samuel Gonzalez (RAPANTE) Volantes de Baño
3ª AUTONOMICA

1 CAAMAÑO CASTRO, CRISTIAN (S.D. AMEIXENDA)                               20 (1 Penalti)

2 DE SOUSA OLIVEIRA, THIAGO  (VOLANTES DE BAÑO F.C.)               17 (1 Penalti)

3 BARREIRO MARCOTE, FELIPE (CAMELLE S.D)                                      15 (3 Penalti)

4 GONZALEZ FERNANDEZ, SAMUEL (VOLANTES DE BAÑO F.C.)          12

 5 BERMUDEZ CANDAMO, JOSE M.(YANKY)  (VOLANTES DE BAÑO F.C)  12 (1 Penalti) 

 6 MATA CAAMAÑO, ALBERTO (S.D. CASTRIZ)                                          11 (1 Penalti)

LEMA LADO IAGO (U.D. CORCUBION)                                                     10 (2  Penalti)

 8 SANTOS DOMINGUEZ, JOSE Carlos (COTE) (U.D. CORCUBION)           9

9 PASTORIZA AMADO, DIEGO (C.D.NANTON)                                          9 (1 Penalti)

10 BAÑA TAJES, JOSE (WII) (C.F. PORTEÑO)                                                 8 (3 Penalti)

 11 POSE RODRIGUEZ PABLO (CABANA S.D)                                                             8

11 LADO PIÑEIRO, SERGIO (OUTES)                                                               8 (1 Penalti)

12 RAMA SANTIAGO, SAMUEL (U.D. CORCUBION)                                     8 (2 Penalti) 


13 LEMA GARCIA, SAMUEL (S.D. LAXE)                                                     8 (2 Penalti)

14 LADO CASTIÑEIRA ESTEBAN (C.F. CASTRELO)                                                    8

15 GARCIA REBORIDO, FABIO (C.D.NANTON)                                                 

16 TUÑAS ALVAREZ, JUAN M. (PORTEÑO)                                                       

17 SANTAMARIA CANOSA, RODRI (U.D. CORCUBION)                                             7

18 ANDRADE SOUTO, JOSÉ (PORTEÑO)                                                                 7 


* Deberían tener 1 Gol más de lo que marca esta Tabla de Goleadores, pero en las Actas de la Federación Gallega de Fútbol no aparece reflejado ese tanto. Y nuestros cómputos se regirán por los datos de la Federación Gallega.