PURA MATEMÁTICA
 |
SD ESTEIRANA Lider de Segunda de la Costa |
Na conta atrás das competicións ligueiras, non queda tempo nin para respirar. Uns apremiados polos puntos para acadar títulos e ascensos, e outros para salvarse do abismo do descenso. Auténticas finais as que se vivirán en
Cee na parte baixa e en
Mazaricos na alta, despois dos demoledores e inesperados tropezos. O mesmo se rumía en
Baíñas, aínda estupefactos polo desenlace dos dous últimos partidos. O derbi do Cairo é pura dinamita, cos
cormeláns despostos a dar batalla mentres as contas non digan o contrario. O
Dumbría vive sen vivir en el, acuciado por cadrar números e agarrarse ben forte á categoría. Os
fisterráns, xa descargada a cruz e pasado o vía crucis, encaran en Tordoia un partido deses que non valen tres puntos, senón seis. Importantísimo e vital puntuar para sufrir o menos posible no treito final. O
Baio ten no Cordeiro a ocasión perfecta para rubricar que a salvación é real e factible. Ide collendo a calculadora!.
PREFERENTE NORTE
Un
SOFÁN que nada en augas mansas recibirá a un DUBRA do que só o separa un punto e unha hipotética vitoria poñeríaos por diante. Escalar peldaños sempre é unha motivación extra, sobre todo en horas difíciles como as que está a pasar o
DUMBRÍA, que se verá no Conco co BETANZOS nun encontro deses dos que todos quixeran fuxir. Haberá que sufrir e confiar. Moito menos precisan en terras do
XALLAS, onde a visita do ESTUDIANTIL non semella un obstáculo imposible nin insalvable, e si unha oportunidade máis de seguir cunha competición abraiante.
 |
PESCO xogador do Dumbria no Conco |
PRIMEIRA GALICIA
Non o terá doado o
SAN LORENZO na súa viaxe a FLAVIA, de infausto recordo para outros equipos coma o
FISTERRA, que desta volta visitará TORDOIA con grandes expectativas por ser un rival directísimo á hora de evitar complicacións. Igual acontece co
BAIO, absolutamente eufórico tras os últimos resultados e desposto a proseguir a racha vitoriosa diante do CORDEIRO. O
SONEIRA irá ata BERTAMIRÁNS nun partido no que ninguén está a sufrir, cómodamente ambos instalados en posicións sen riscos.
 |
Un xogador do Fisterra con un xogador do San Lorenzo |
LIGA DA COSTA
Tremendamente apaixonante está a competición por antonomasia da Costa. O empurre da
ESTEIRANA deu un volco total á clasificación e só faltan as palomitas para ter de todo neste gran espectáculo. Terá un difícil oso a batér no
CAMARIÑAS, desputando no Hermanas Patiño un partido a vida ou morte para os anfitrións. Adrenalina a chorros. O
MAZARICOS buscará denodadamente pechar tropezos diante do
OUTES, porque xa non queda tempo nin para rectificar. O
PONTECESO - CORME augura unha tarde de fútbol, paixón e rivalidade ben entendida. Imperdible para amantes da emoción e dos pronósticos abertos. Un
CERQUEDA peleón agardará, por outra banda, aguarlle a festa a un dos outros favoritos, o
BAÍÑAS, que vén de ver escurrirse as súas posibilidades de asaltar o liderato en dous aciagos partidos. A redención aínda é posible, pero cada vez quedan menos oportunidades. Quen soubo remontar foi o
MONTE LOURO, que xa agarda o seu particular derbi diante do
LIRA. En
CEE agonizase pero séguese con vida, e terá que verse cun sorprendente
ZAS que por nada do mundo quererá axudar a resurrección ningunha. Un partido onde tocará sufrir, tanto no terreo de xogo como na bancada. O
MUXÍA agardará en Arliña polo
BUÑO e en
CORISTANCO farán outro tanto co
MALPICA, nun choque de trens a toda máquina en pos da salvación.
 |
Imaxen do encontro de fai unhas semanas na picota MAZARICOS-CORME |
FASE DE ASCENSO NA TERCEIRA
Rematada a Liga, comeza a ansiada fase de ascenso para acadar ese posto que vale por un ascenso a SEGUNDA que desputarán o
PORTEÑO e
CABANA por unha banda, e o
CAMELLE e
AMEIXENDA, por outra. A emoción está asegurada e calquer pronóstico é aventurado neste tipo de eliminatorias. Que ninguén se os perda!.
 |
O CAMELLE nun dos encontros fronte o Corcubion na liga |
FÚTBOL FEMININO
 |
AS MIUDAS fronte o Betanzos |
Teñen as mozas do
BERGANTIÑOS a oportunidade diante do CAMBRE de quitarse o mal sabor de boca que deixou o último partido antes do parón dos festivos. Carballo ten que ser un fortín e as de Gueli dalo todo para volver a sumar, mentres
AS MIÚDAS non terán competición ata o domingo 15.
 |
DULCE autora desta e outras previas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario