miércoles, 30 de enero de 2019

EN ORSAY: A Entrevista da Semana " O TOLO" - (Director Deportivo SD Fisterra)


"ÁS VECES OS EGOS MATAN O TALENTO"

No mundo do fútbol, a calquera que sexa o nivel, danse personaxes que aparte de desenrolar as súas labouras, exercen un carisma especial sobre todo o que os rodea, convertíndose en pezas fundamentais para os equipos nos que traballan. José Manuel Álvarez Fernández "O Tolo", (Sardiñeiro-Fisterra, 23-10-1983) cabe perfectamente nesa descripción, tanto dende os seus inicios defendendo a portería como agora, adestrando aos que ocupan o que antes fora o seu lugar. Pero tamén vive o outro fútbol, o que se manexa nos despachos e do que participa coma oxeador de xogadores, sempre á caza dese preciado talento que incorporar as súas filas. Actualmente coma Director Deportivo na SD Fisterra, está a levar ao equipo por unha senda de vitorias que fai soñar á vila onde vive. Pese a que aínda queda todo un pouco lonxe, para "O Tolo" as metas nunca son inalcanzables.

--Como se ve a vida dende o máis alto da clasificación?

Con responsabilidae e orgullo. Na pretempada pedíuselle ós xogadores dúas cousas vitais, que foron as de cultura adestramento (mellorar no dia a asistencia ós adestramentos) e a de competir nun periodo de medio a curto prazo de tempo, e conseguireno eles, os 24 da plantilla. Os futbolistas son os únicos protagonistas, o resto (directivos, utilleros, fisio, técnicos, dirección deportiva) só lles axudamos a mellorar e a facilitarlles o seu día a día, para que se centren en adestrar e competir.

O Tolo e mais Estrella
  --O Fisterra está a amosar que pode aspirar a todo. Custa manter esa motivación no equipo cada semana?.

NON, en absoluto. Comezada a segunda volta os xogadores viron que se cumpren as 2 premisas anteriormente mencionadas, en canto a adestrar e competir, eles mesmos se deron conta, que ainda que xoguemos contra equipos moi poderosos como Flavia e Sigúeiro, non son invencibles, e algo así como David contra Goliat, pero agora esta plantilla ten pensamento de fortaleza propia, e que podemos facerlle dano a calquera e que gañarlle a un equipo máis poderoso é unha posibilidade que está na realidade do fútbol, e iso e unha motivación para estes xogadores.

-- Coma foi o reencontro con xogadores cos que xa traballaches na época do Dumbría?.

Moi bo, teño grandes amigos nese gran clube. Primeiro están as persoas e logo os clubes, e por sorte para min sempre fun unha persoa moi valorada no vestiario do dumbria,e importante no día a día.

Na sua etapa no Dumbria
--Cando se traballa con categorías un pouco altas, haberá moitos egos cos que lidiar.

Se te refires a miña condición de oxeador nunha gran empresa relacionada coa representación de fútbolistas como e gestifute , os egos podería dicirche que existen dende a Terceira Rexional ata a Primera División, pero a maioria, o 99 por cento dos xogadores son boa xente,, con valores e que saben de onde veñen. Ás veces os egos matan o talento.

No seu traballo en GESTIFUTE
--Con que tipo de xogadores te atopas máis cómodo á hora de traballar con eles?.

Con todos, porque amo o fútbol, para min é como unha droga, necesito fútbol no meu día a día. Lévome moi ben con todos, podo estar perfectamente comendo un mediodía con Güaita ou Sidney e á noite cenando con Makay ou Bouzon, o fin e o cabo, todos somos persoas, da igual a categoria na que xoguen, hai que valorar a persoa en sí. 

Un dia de Oficina
  --Foste porteiro e iso non é apto para todo o mundo. Algún que admires especialmente?.

Oblack e Vocente Güaita, por ser porteiros sobrios e seguros. Porteiros que dan moitos puntos aos seus equipos e por ser persoas cuns principios e valores admirables.

Foron moitas tempadas en Dumbría, gardarás recordos especiais.

Sempre levarei a Dumbría no corazón. Crecin como persoa e xogador, logreI títulos tanto de xogador como de adestrador de porteiros, logrei que xogadores como Makay por segunda vez, Rubén Márquez, Capelo,Iván González, Suleiman, vestisen a camisola do clube,ainda que outros levaran as medallas, fixen moitos amigos.O Dumbría en sí está representado nos valores dunha gran persoa coma é "MANOLIÑO" con iso queda todo dito. É a persoa máis importante do Dumbría e a menos protagonista, sempre mira polo ben do clube. Saín pola porta grande dun gran clube e iso non o pode dicir todo o mundo, sempre lles desexarei o mellor ao Dumbria e a todo aquel que forme parte do Dumbria.
Celebrando o Titulo de Liga co Dumbria
--Se hai Liga e Copa en Fisterra, que se vaia preparando a praia da Ribeira.

Bueno, ata maio queda moito, hai que ter o esceario claro, e dentro dun mes e medio, a clasificación veremos o que nos depara. Entón saberemos a que esceario podemos acceder, se a Liga ou Copa. Falar agora de celebración, seria hipotecar o noso futuro. 

 
--Esa fichaxe que sempre quererías ter no teu equipo.

A ningún. Teño os mellores 24 fútbolistas que se poden ter,porque confio a morte neles.

-- Que peso ten a afección do Fisterra nos resultados do equipo?.

Toda, é a mellor afección que hai na Costa da Morte, da gusto ver o campo todos os domingos, da igual como estea a climatoloxia, que eles sempre estan aí. Son o orgullo dun pobo. 

Arengando a Afición para que animasen
  Dentro de todo esto do Fútbol o final tes que escudarte na familia, e a familia e o mais importante, sen eles non sería o que son.


miércoles, 23 de enero de 2019

EN ORSAY: A entrevista da semana con IVAN FERREIRO (Arbitro da Costa)



"SER ÁRBITRO NON É ALGO QUE SERVA PARA TODOS".

IVAN FERREIRO (Fotos Cedidas)
Cando atopamos mocidade nos campos de fútbol, estamos afeitos a velos ca pelota nos pés, vestindo as camisolas dos seus clubes e defendendo un escudo. Pero hai outra mocidade que tamén pisa os terreos de xogo sen desputar balón, que teñen o cometido xustamente de que nin lles roce, pois a súa laboura é decidir sobre o que fan os xogadores con el. Arbitrar é algo que Iván Ferreiro Santos (Muxía, 1-10-1998) está encantado de facer nesta xa segunda tempada que percorre os campos da Costa, para impartir xustiza e dirimir esas xogadas que custarán sumar tres puntos ou restalos. Pese a súa xuventude, xa sabe o que é arbitrar derbis comprometidos e vivir situacións non sempre agradables, para o que se precisa un carácter conciliador e moito autocontrol que, con apenas vinte anos, el manexa con madurez e moita ilusión. Cada fin de semana, mentres os seus amigos durmen despois dunha noite de festa, Iván encamíñase a Camariñas, Carballo, Camelle ou calquera outro lugar onde o esperan para, co seu pitido inicial, comezar esa outra festa que el vive intensamente e desfruta sen importar horarios: a do fútbol dende o círculo central. Despois, noventa minutos onde a súa misión é non ser nunca o protagonista. Ese é o gol dos que, coma el, xogan sen balón. 


É a túa segunda tempada arbitrando. Contento?.
Moi contento a verdade, temos un grupo moi bo na Subdelegación en Baio, ademais está sendo todo moito mais doado grazas á axuda dos que xa estaban, que nos apoian en todo e tentan ensinarnos de que vai todo este mundo.

Hai partidos nos que pensas que igual era mellor adicarse a outra cousa?.
Bueno...hai de todo, non todo vai ser partidos bonitos, hai partidos máis broncos pola rivalidade ou polo que se están xogando os equipos, e iso sempre añade un plus de dificultade ao partido.

Que categorías son as que máis che gusta arbitrar?
Os nenos son un mundo aparte, xa que non recibes unha mala contestación nin te atopas con casos raros, os entrenadores están mellorando esa faceta e transmitindollo moi ben aos nenos. Pero sen dúbida cando saes de asistente a Primeira Rexional e Preferente é cando mellor o pasas, son partidos máis intensos e nos que se ve algo máis de fútbol.

Algúns horarios son de madrugón e ti es un mozo en idade de andar de festa.

Madrugar non é do gusto de ninguén, pero algún que outro dia tes que sacrificarte polo colectivo. Un dia tes que madrugar para ir a Carballo e outro podes salir unhas horiñas por qué pitas en Fisterra.


Todos sabemos que o árbitro sempre leva a peor parte no campo. Precísase mentalidade e personalidade.
Non é algo que sirva para todos, aí levas a razón. Hai que aguantar en moitos partidos a presión dende fóra e dende dentro do campo, non é doado, pero todo se saca adiante.

Animarías a outros mozos e tamén mozas a adicarse á arbitraxe?.
Claro qué si,de feito, teño xa un amigo interesado en unirse a nós. Está visto de maneira moi diferente cómo se vive ser árbitro, conoces moita xente, conoces mundo, e o mellor de todo é que fas amizades con xente que che axuda no día a día e non tan só no campo.

Coma leva a túa familia estar na bancada dos partidos que arbitras?
Meu irmán pequeno sempre me di ónde arbitro para vir verme, xa que lle gusta o feito de que sexa árbitro. Miña nai preocúpase bastante por min e sempre me chama ao acabar o dia para preguntarme que tal me foi, é a primeira en chamarme se ve algunha cousa rara nas miñas actas (risa).E miña moza pois lévao algo peor, sempre que vén comigo é os domingos e soen ser partidos máis intensos que os de Base, mais tensión, mais protestas, etc.

Foste xogador tamén. Non hai veces nas que botas de menos ser o que mete o gol e non a tarxeta?.

Ás veces si, coma xogador disfrutei moito, xa que tiña un grupo moi bo, onde estabamos todos moi unidos e desfrutabas xogando. Sin embargo, desfruto moitisimo arbitrando, agora mesmo non me plantexo deixar de arbitrar por voltar a xogar.

Algunha anécdota que lembres.

Cos nenos pequenos moitisimas. Unha bastante simpática, foi en Carballo nas Eiroas, un rapaz non recordo se era Benxamin ou Prebenxamin comezoume a preguntar se habia que estudar moito para ser árbitro, eu rinme e respondinlle que si queria ser un bo árbitro tiña que estudar moito, ao que me respondiu entonces xa serei árbitro cando sexa máis maior, agora mesmo non me apetece estudar tanto.

Custa facerse respectar diante de xogadores moito maiores ca ti.
Ao principio pode que si me costara máis, unha vez vas coñecendo á xente sabes como tratala, aprendes dos erros e vaste facendo de respectar. A medida que colles experiencia sabes como levar mellor as situacións para que non se che vaia das mans.


miércoles, 16 de enero de 2019

En ORSAY: ENTREVISTA con JUAN DE DORA (Xogador do Vilalbés)


"CO QUE SOÑO É CON XOGAR NA U.D MONTE LOURO, COS AMIGOS E DEFENDENDO AO MEU POBO".

Fotografia JM Ferreiro
A nosa prolífica Costa exporta talento a moitos recunchos do país e a diferentes categorías, sendo nunha das de máis arriba, na Terceira División Nacional e concretamente no Racing Club Vilalbés, onde desfrutan do señorío e bo facer de Juan Lado Formoso "Juan de Dora" (Louro, 15-09-1998), un dos nosos mellores expoñentes futbolísticos. Juan medrou deportivamente no Conco despois dun inicio fugaz no Louro, e naquela canteira apabullante do Dumbría foi xogador de Liga Galega e División de Honra con Infantís e Cadetes, ata o ano inesquecible do ascenso por fin co equipo Xuvenil.
Juan de Dora é deses xogadores que non só despertan admiración polo seu incuestionable talento deportivo, senón tamén por unha personalidade á mesma altura. Sempre querido e respectado por compañeiros e rivais, consegue que o espectador esqueza que quizais non sexa un xogador do seu equipo, pero ante o que resulta imposible ficar indiferente tras cada regate ou incursión na área. Só cabe renderse e aplaudir, desfrutar dun rapaz xeneroso no campo e fóra del, ávido de gol pero sobre todo de vitoria para os seus, para o equipo, porque ese é sempre o seu primeiro obxectivo. Juan florece nas terras altas do interior, lonxe dunha Costa da que non se desentende e á que soña con voltar. Pero para iso ten todo o tempo do mundo....e mentres, teremos que seguir conformándonos con que sexan outros os que admiren cada domingo coma se pode facer maxia sen truco ningún. Abonda con fixarse nas botas de Juan de Dora cada vez que pisan un campo de fútbol.

--Ano novo, novas esperanzas. Hai tempo aínda para escapar do descenso?
Hai tempo suficiente como para escapar e non sufrir nas derradeiras xornadas, e creo que asi vai ser. Creo que temos equipo abondo coma para non pasar apuros e o equipo esta competindo moi ben, solo nos falta enganchar unha dinámica boa de vitorias e estaremos fóra do descenso.

--Coma é a competición nunha categoría tan alta xa como a Terceira División?

Pois moi bonita e competitiva, onde calquer equipo che pode gañar. E onde todos os xogadores teñen un gran nivel xa sexa desde o líder ata o último equipo clasificado.

-- Xa desputaste a División de Honra na etapa Cadete no Dumbría, polo que non é novo para ti viaxar lonxe para xogar. Que tal se leva iso?.

Pois o verán foi o mais complicado xa que estaba en Louro e meu pai e eu tiñamos que ir tódolos dias a Villalba para adestrar, pero bueno, agora estou na Coruña e desde aqui hai un paso, ademais hai moitos compañeiros de equipo tamén na Coruña e indo todos xuntos faise mais levadeiro.


--As categorías de tan arriba terán un nivel de esixencia elevado. Custa compaxinar cos estudos e con vivir noutro lugar?.
Que va, para nada. Meus pais sempre me dixeron que habia tempo para todo, tempo para estudar e tempo para xogar ó futbol, e levan razon. Organizándose ben pódense facer as dúas cousas. Igual o máis duro é vivir lonxe, xa que a maioria dos fins de semana non podo baixar a Louro pero bueno, o que quer algo, algo lle custa.

--Como foi a adaptación a un equipo novo, lonxe da nosa Costa e onde hai que empezar de cero cos compañeiros?
Pois moi ben. Tratáronme coma un máis e acolléronme dende o primeiro momento tanto os xogadores como todo o que forma o Racing. Estou moi contento de estar aqui e en gran parte e gracias a eles.

Juan de Dora esta temporada en Carballo (Foto JM Ferreiro)
--Toda a túa infancia e etapa xuvenil transcorréu deportivamente en Dumbría. Algunha vez serás xogador da categoría Sénior?.
Pois non sei, nunca pecho portas a ningún equipo e menos ao Dumbria, que foi o equipo no que xoguei dende tan pequeno e onde sempre me trataron tan ben. Pero si que me gustaria voltar, e xogar con moitos compañeiros e sobre todo con tantos amigos que me levei en aqueles 7 anos.

Juan na Final da Copa da Costa que lle ganou a Esteirana Juvenil
--O ano pasado estiveste a piques de proclamarte campión da Copa da Costa co Sofán. É un título sempre emblemático para os xogadores costeiros. Faríache ilusión gañala nalgún momento?.

Fariame moitisima ilusión, coma calquer xogador que sexa da Costa. O ano pasado xogueina e foi unha mágoa non ganala. Pero bueno, ogallá algún dia volva xogar a final da Copa e ganala, e xa postos que sexa co Louro (Risas),

-- A afección vilalbesa é tan apaixonada coma soen ser as da Costa?.
Si claro, sempre nos ven ver bastante xente e sobre todo agora que non estamos a pasar por un bo momento, que noutros equipos canto peor vai a cousa menos xente vai. Por iso debemos sacar isto adiante e darlle unha alegria a toda esa xente que ven cada domingo á Magdalena e se despraza a vernos xogar fóra.

--A climatoloxía é diferente, con temperaturas baixo cero en moitas ocasións. Inflúe no ánimo e no xogo?.
No ánimo non inflúe pero no céspede e no xogo si, porque fórmase unha capa de xeo e é bastante inestable. Polo de máis hai que ir cargado de roupa para non pasar frio.

--Ese equipo ou ese xogador cos que soñas competir algunha vez.
Pois a verdade é que soño e quero xogar na UD Monte Louro, na miña casa e cos meus amigos e veciños, defendendo ó equipo do meu pobo. 

Os Don JUAN de Louro (Juan de Celia e Juan de Dora) Final Copa da Costa Juvenil DUMBRIA - ESTEIRANA