miércoles, 29 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - MADRIÑAN

A COSTA MITICA

MADRIÑAN

etapa de gloria do Cee non se entendería sen algúns dos máis emblemáticos xogadores da época, desas xeracións que derrocharon carisma e talento, convertindo ao clube en referente da Costa e en graneiro doutros equipos que se achegaron para tentar á calidade branquiazul, buscando denodadamente facerse cos servizos daqueles que medraran no calor da casa e, unha boa parte deles, baixo a batuta do adestrador Manolín. Madriñán é un deses expoñentes, xogador criado en Raíces pero codiciado por case todos, desexado por igual dentro e fóra do campo, engaiolante e seductor que vestía de curto coma outros de traxe e gravata. 

Madriñán era un devorador de banda, un manual andante de estilo e clase, elegante de formas e veloz, tan intenso coma os suspiros que erguía na súa carreira de goleador innato. Un dos escollidos para aquela viaxe ás instalacións do Real Madrid, tenra xuventude que xa apuntaba maneiras de figura a destacar, e que despois retornou intermitentemente ao Cee natal, mentres despregaba cualidades no Compostela de Terceira División, pero tamén nun Sada onde era admirado e querido coma un auténtico ídolo. Lembrado coma un dos grandes azuis, parte indispensable dun vestiario no que reinaba a súa humildade e compañeirismo, campión de boa parte deses trofeos que enchen as vitrinas ceenses. Sobre o céspede, extremo dereito de quilates, de relumbrón cinéfilo para o que todo espectador quería sacar billete. Madriñán puxo o seu nome naquel fútbol que foi envexa aquí e tamén noutros lugares, que o transformaba nunha pasarela pola que desfilar a súa inagotable xenialidade. Se falamos del, aquelo de que calquera tempo pasado foi mellor...cobra absoluto sentido.

domingo, 26 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - PESCA

A COSTA MÍTICA



JUAN JOSÉ MARTÍNEZ (PESCA)

Os fisterráns son unha xente acostumada á conquista de novas terras, a traspasar fronteiras e converter Fisterra nun lugar universal, espallado polo mundo sobre todo a través do mar, pero tamén exportado nese outro talento que alí nace en cada xeración: o fútbol. Montado nel viaxou Pesca dende a tenra adolescencia, primeiro a clubes nacionais coma Rayo Vallecano e Atlético de Madrid, moito antes dun periplo europeo digno de calquera aventura de Julio Verne, mesturada co exotismo de Emilio
Salgari.

Pesca voltou da experiencia madrileña para recalar no Bergantiños , nun comezo de travesía costeira que abarcou todos os portos imaxinables da nosa contorna coma Soneira, Cee, Fisterra ou Dumbría. Sen saír de Galicia, abordou ó Cerceda, Vizoño, Vilalbés, Ordes , Porriño e Montañeros, mentres a súa andaina internacional tomaba a saída en Escocia, concretamente no Raith Rover, punto de partida dunha traxectoria que probablemente ningún outro xogador da Costa teña vivido. Portugal foi o seguínte destino, con ascenso á Primeira División incluído co Trofense (Trofa, Porto), para despois embarcarse no Oliveirense. Rematada a etapa no país veciño, rumbo a Bulgaria, ao Botev Plovdiv tamén da primeira


categoría, de onde sacou billete máis aidante para o Cantazaro calabrés, do que garda un entrañable recordo despois de ter sido adestrado polo brasileiro Ze María, nacionalidade sempre punto e aparte no mundo do fútbol. Tan habilidoso coma versátil, Pesca era un extremo esquerdo dos que fan que cada xogada sexa determinante, con intuición e carácter, actitude e técnica individual que completaban a un xogador que marcou unha época polo seu talento pero, tamén, por ese espírito viaxeiro que o fixo indómito e imparable. Fisterrán do mundo, pero tamén corazón de fogar, da casa….dese lugar onde medran os futbolistas e os grandes soños
que, nalgúns casos e coma lle aconteceu a Pesca, fanse realidade.


viernes, 17 de julio de 2020

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VE



JOSÉ NOYA SUÁREZ (MUXÍA F.C.)

Ser directivo no noso fútbol, ás veces, é só un título. Un nomeamento porque dalgún xeito hai que figurar nos papeis, pero en realidade o traballo a desempeñar é moi difuso, e tamén en moitos casos, inabarcable. Sábeno en Muxía, onde José Noya, tesoreiro da entidade, é ademais un todoterreo que nunca descansa. As contas do clube están con el nas mellores mans, nunca hai queixa. "Superávit" vai pegado a súa xestión, que coida co mesmo esmero que ao equipo polo que cada domingo é o primeiro en chegar ao campo, para recibir aos xogadores co arrecendo a café recén feito, auténtico elixir nas tardes inhóspitas que azoutan Arliña.
Noya deixa a cantina para incorporarse á porta, á tarefa da venda de entradas e rifas, ese sustento que servirá para cubrir gastos e manter a casa en pé unha semana máis. Noventa minutos despois, hai que ocuparse da roupa, que estea limpa para o seguinte partido, ordenada, no seu sitio, desposta para que o Muxía teña outra gran tarde e Noya desfrute e recolla os froitos do traballo desinteresado. Querido coma poucos, referente absoluto do que significa amor ás cores e ao terruño, partícipe tamén na comisión de festas. Muxián en grande e ao grande, dos que non necesitan pedir porque el sempre está para dar. As horas nunca pasan no campo de fútbol, tempo sempre relativo cando se entrega con gusto, con vocación de axudar, porque Noya non pide nada a cambio máis que ver felices aos do seu arredor, Tres puntos que mimará como as súas contas, que poñerá enriba dos outros para ir sumando e soñando co tesouro que verdadeiramente anhela posuír: un Muxía campión. Se chega ese momento, el será o primeiro en estar alí para velo. Como está sempre.

Fotografía CEDIDA (Autor ftobavilela)

miércoles, 15 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - JOSÉ NIETO BARCIA "MORO"





JOSÉ NIETO BARCIA "MORO" 


Ás veces ata os mellores tardan en atopar o seu sitio no campo, e experimentan posicións mentras non dan con esa que fará deles protagonistas da competición, donos de títulos e soños que só algúns logran tocar e converter en realidade. Moro foi celeste no seu inicio, coa etapa infantil desenrolada no Compostela, pero xa sendo xuvenil vestíu o verde do Xallas, equipo no que comezou xogando de porteiro, pero que acabou dando paso a súa propia natureza, ao posto de centrocampista ávido e voraz, de personalidade gañadora e potencia tanto física coma mental. Ofensivo en canto tiña ocasión, facendo do remate de cabeza unha arma perigosa en cada área rival.



Carácter indomable sobre o terreo de xogo, compañeiro dos que nunca desfalecían á hora de alentar aos seus, tampouco cando ese alento era preciso no vestiario, antes ou despois do partido. Sempre desposto para tender a man amiga, apoio necesario de todo aquel que o necesitase, batallador e bregador incansable. Talento e calidade que obtiveron o premio dunha Copa da Costa co Xallas e tamén un campionato de Liga co natal e incipiente Mazaricos, aquel equipo de míticos en si mesmo de principios da década dos noventa. Despois, no paso polo Dumbría, nunca deixou de manterse nos postos de máximo goleador, nunha traxectoria onde o seu poderío foi parte indispensable do apoxeo e éxito do fútbol costeiro. Apagadas as luces da primeira liña, mergullóuse na competición de veteráns enrolado no Muros e no Casa Barqueiro de Negreira, pero tamén no Xallas, nunha volta ás orixes que pechaba o círculo da súa andaina futbolística, dos anos de dura batalla entre os mellores, marcando unha época e deixando a impronta de xogador grande dentro e fóra do campo. A categoría non é un traxe que quitarse despois de noventa minutos...o que a ten, coma Moro, sempre a leva posta.






Fotografias ARQUIVO Municipal do Concello de MAZARICOS e SANTA COMBA



JOSÉ NIETO BARCIA "MORO" 
A veces hasta los mejores tardan en encontrar su sitio en el campo, y experimentan posiciones mientras no dan con esa que hará de ellos sean protagonistas de la competición, dueños de títulos y sueños que solo algunos logran tocar y convertir en realidad. Moro fue celeste en su inicio, con la etapa infantil desenrollada en el Compostela, pero ya siendo juvenil vistió el verde del Xallas, equipo en el que comenzó jugando de portero, pero que acabó dando paso a su propia naturaleza, al puesto de centrocampista ávido y voraz, de personalidad ganadora y potencia tanto física como mental. Ofensivo en cuanto tenía ocasión, haciendo del final de cabeza un arma peligrosa en cada área rival. Carácter indomable sobre el terreno de juego, compañero de los que nunca desfallecían a la hora de alentar a los suyos, tampoco cuando ese aliento era preciso en el vestuario, antes o después del partido. Siempre dispuesto para tender una mano amiga, apoyo necesario de todo aquel que lo necesitara, batallador y bregador incansable. Talento y calidad que obtuvieron el premio de una Copa de la Costa con el Xallas y también un campeonato de Liga con el natal e incipiente Mazaricos, aquel equipo de míticos en sí mismo de principios de la década de los noventa. Después, pasó por el Dumbría, nunca dejó de mantenerse en los puestos de máximo goleador, en una trayectoria donde su poderío fue parte indispensable del apogeo y éxito del fútbol costero. Apagadas las luces de la primera línea, Buceando en la competición de veteranos enrolado en el Muros y en el Casa Barqueiro de Negreira, pero también en el Xallas, en una vuelta a los orígenes que cerraba el círculo de su andadura futbolística, de los años de dura batalla entre los mejores, marcando una época y dejando la impronta de jugador grande dentro y fuera del campo. La categoría no es un traje que quitarse después de noventa minutos...el que la tiene, como Moro, siempre la lleva puesta.

domingo, 12 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - MANUEL OLIVEIRA GÓMEZ (MANOLÍN)



MANUEL OLIVEIRA GÓMEZ (MANOLÍN)


Din que a intención é o que conta e, neste caso, así terá que ser, porque a traxectoria dalguén coma Manolín é imposible de enumerar sen consultar varias hemerotecas e despoñer de gran espazo. Terá que abondar o desexo de tentalo, de querer plasmar unha historia única e irrepetible, case de ficción, pero tan real como a de todos os equipos que, a través del, viviron e probaron o sabor da gloria, dos triunfos e os títulos que son, finalmente, os que ademais de encher vitrinas, gañan corazóns.


Adolescente naquel Unión Club Cee aínda sen federar, do que marchou cara ás Rías Baixas para xogar en equipos coma o Arosa ou Marín, só un pequeno tránsito antes do Deportivo da Coruña, de onde tomou a decisión de voltar á casa, de embarcarse en augas máis tranquilas e dar forma ao que hoxe coñecemos e tanto admiramos: a Liga da Costa. Pioneiro na competición da Copa, gañador desa primeira edición enrolado no Cee, o mesmo equipo co que voltou a gañala seis veces máis, sete en total para os branquiazuis, e todas co nome de Manolín gravado. Porque se a súa etapa coma xogador foi fructífera, a de adestrador marca un fito difícil de superar, cuaxada de ascensos, títulos, dez Copas da Costa, múltiples recoñecementos, homenaxes, premios...Só na Costa, aparte do Cee, Fisterra, Outes, Corcubión, Soneira, Lira, Ponteceso, Baio ou Camariñas, pero tamén alén do noso territorio, coma o mesmo Marín onde xa xogara ou o mariñán Burela. Ata chegar ó punto final que puxo co Ameixenda, a quen ascendíu na súa última tempada en activo. Mítico de verde e letras, de sentimento e poesía que bota a rodar como antaño facía co balón, rei que nunca precisou coroa para implantar unha monarquía onde a divisa principal era o triunfo. Profesionalidade e carácter no banco, mestre das mellores xeracións que alumearon na nosa Costa, lector de partidos coma se fosen versos, declamando instrucións en cada xogada, incapaz de renderse ante ningunha adversidade. Invocalo é a nostalxia, a lembranza de tempos onde todo era posible se el estaba ó timón, respectado ata polo inimigo, ou incluso máis se cabe por este. Ninguén quería estar ao outro lado da súa trincheira porque iso significaba derrota case segura. Manolín arrolou ás grandes lendas que admiramos, fixo que medrasen, que se convertisen en membros do noso admirado Olimpo, pero tamén víu apagarse moitas, nun fútbol onde o compromiso e a actitude non sempre van da man. Xenio e figura de xeito absolutamente literal, retirado pero non esquecido, memoria á que acodir cando hai que traer de novo á escea ós prodixios que el dou forma, que alimentaba en cada vestiario e en cada tarde de partido. Se se pode ser orfo en vida nós, os que amamos tolamente o fútbol costeiro....vivimos orfos de Manolín.