domingo, 12 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - MANUEL OLIVEIRA GÓMEZ (MANOLÍN)



MANUEL OLIVEIRA GÓMEZ (MANOLÍN)


Din que a intención é o que conta e, neste caso, así terá que ser, porque a traxectoria dalguén coma Manolín é imposible de enumerar sen consultar varias hemerotecas e despoñer de gran espazo. Terá que abondar o desexo de tentalo, de querer plasmar unha historia única e irrepetible, case de ficción, pero tan real como a de todos os equipos que, a través del, viviron e probaron o sabor da gloria, dos triunfos e os títulos que son, finalmente, os que ademais de encher vitrinas, gañan corazóns.


Adolescente naquel Unión Club Cee aínda sen federar, do que marchou cara ás Rías Baixas para xogar en equipos coma o Arosa ou Marín, só un pequeno tránsito antes do Deportivo da Coruña, de onde tomou a decisión de voltar á casa, de embarcarse en augas máis tranquilas e dar forma ao que hoxe coñecemos e tanto admiramos: a Liga da Costa. Pioneiro na competición da Copa, gañador desa primeira edición enrolado no Cee, o mesmo equipo co que voltou a gañala seis veces máis, sete en total para os branquiazuis, e todas co nome de Manolín gravado. Porque se a súa etapa coma xogador foi fructífera, a de adestrador marca un fito difícil de superar, cuaxada de ascensos, títulos, dez Copas da Costa, múltiples recoñecementos, homenaxes, premios...Só na Costa, aparte do Cee, Fisterra, Outes, Corcubión, Soneira, Lira, Ponteceso, Baio ou Camariñas, pero tamén alén do noso territorio, coma o mesmo Marín onde xa xogara ou o mariñán Burela. Ata chegar ó punto final que puxo co Ameixenda, a quen ascendíu na súa última tempada en activo. Mítico de verde e letras, de sentimento e poesía que bota a rodar como antaño facía co balón, rei que nunca precisou coroa para implantar unha monarquía onde a divisa principal era o triunfo. Profesionalidade e carácter no banco, mestre das mellores xeracións que alumearon na nosa Costa, lector de partidos coma se fosen versos, declamando instrucións en cada xogada, incapaz de renderse ante ningunha adversidade. Invocalo é a nostalxia, a lembranza de tempos onde todo era posible se el estaba ó timón, respectado ata polo inimigo, ou incluso máis se cabe por este. Ninguén quería estar ao outro lado da súa trincheira porque iso significaba derrota case segura. Manolín arrolou ás grandes lendas que admiramos, fixo que medrasen, que se convertisen en membros do noso admirado Olimpo, pero tamén víu apagarse moitas, nun fútbol onde o compromiso e a actitude non sempre van da man. Xenio e figura de xeito absolutamente literal, retirado pero non esquecido, memoria á que acodir cando hai que traer de novo á escea ós prodixios que el dou forma, que alimentaba en cada vestiario e en cada tarde de partido. Se se pode ser orfo en vida nós, os que amamos tolamente o fútbol costeiro....vivimos orfos de Manolín.


miércoles, 8 de julio de 2020

A COSTA MITICA - JORGE CALABANDA

Foto CEDIDA

JORGE CALABANDA

Hai nomes que non adquiren toda a súa importancia ata que engadimos o alcume polo que son coñecidos, porque Jorge Mira López quizais non nos diga moito, pero dicir "Calabanda" xa son palabras maiores. Imposible non coñecer a aquel xogador de potente físico que con apenas dezaséis anos xa formaba nas aliñeacións do seu clube natal, o Baio, onde a súa familia marcou unha época, con seu pai na presidencia e seu irmán ao seu carón no campo, convertidos en dous dos mellores xogadores da historia branquiazul.


Calabanda soñaba con chegar ao Deportivo, pero quen se cruzou no seu camiño foi o Celta cando, con dezaoito anos, xogaba no Bergantiños. A mala xestión directiva frustrara unha fichaxe que quedou nun regusto agridoce, nunha incógnita do que puido ser pero xa nunca coñeceremos. En pleno apogeo, chegou a un U.C. Cee no cúmio do éxito, desputando varias tempadas en Preferente e mesmo gañando a Copa da Costa dos oitenta, diante dun Corcubión que despois o tería no banco, como adestrador nun de tantos deses equipos que contaron coa súa experiencia e talento. A súa capacidade para organizar e interpretar o xogo, fixo del un puntal en calquera equipo no que xogaba, con chegada e gol dende ese interior dereito cargado de técnica que abraiaba a compañeiros, rivais e afeccionados. Voltar a casa, ao Baio, era unha crónica anunciada que se consumou co equipo en Primeira Rexional. Mestre da talentosa xeracion que alí maduraba, o ascenso a Preferente foi a consolidación dunha categoría que xa era máis que recoñecida en toda a Costa. Ca retirada non chegou o abandono dos terreos de xogo, senón que foi reconvertido en adestrador de equipos coma o citado Corcubión, Agualada, Fisterra, Porteño, Nantón ou Camariñas e tamén, ata non fai moito, nas categorías do fútbol Base dese Cee co que vivíu unha gran e fructífera parte do seu periplo costeiro. Calabanda era o poderío que aunaba un poderoso físico coa elegancia dunha clase que descansaba no seu innato talento. Heroe branquiazul que fixo soñar a varias xeracións....e que puxo o seu nome no máis alto da historia dos clubes que o desfrutaron. Ningún foi o Deportivo coma el quería, mais quen perdeu, todos sabemos, non foi Calabanda.


domingo, 5 de julio de 2020

A COSTA MÍTICA - JOSÉ DÍAZ LÓPEZ (MICULITA) O MELLOR XOGADOR DA COSTA DE TODOS OS TEMPOS

JOSÉ DÍAZ LÓPEZ (MICULITA)

Ca indumentaria da Sd Fisterra na Terceira División

Hai nomes que se evocan e acontece como coa fábula da lámpada máxica, que nada máis fregar nela sae o xenio que leva dentro para que todos os desexos se cumpran. Así era cada domingo nos equipos onde Miculita destapaba o tarro das súas esencias futbolísticas, maxia sobre un campo que se desfacía tanto diante do seu talento coma do seu talante, sempre indómito, indomable, pero carismático e inalcanzable para o común dos mortais, que só podían renderse a esa voráxine de paixón e calidade que asolagaba os terreos de xogo e ás atónitas bancadas.

                                                        Na súa etapa no COMPOSTELA

Miculita era de carne e óso, pero iso non lle impedía ser un deus, un portento de polivalencia que mesturaba a súa irrepetible técnica cun físico de loitador romano. Goleador a mansalva, a discreción, coma se cada partido fose unha batalla da que houbese que saír vitorioso a cañonazos. Ausente porque, ademais de partidos, había que gañalo pan, e non sempre daba rematado as competicións que comezaba porque tocaba surcar outras augas, as do mar que o apartaban longas tempadas dos sendeiros da gloria. Xogador daquel mítico Fisterra de Terceira División que agora repite historia, coma se corenta anos non fosen nada, porque ninguén esquece a quen foi o talento por antonomasia de toda a Costa da Morte. Ningunha enquisa virtual das que deron en facerse con asiduidade entre os internautas deixaron de telo no máis alto de todas elas, sempre o elixido, o desexado, o mítico que paseou a súa arte moi noviño nesa outra canteira de fisterráns que é o Lira, cando non estaba nin federado pero Miculita xa agasallaba alí co preludio do seu futuro. Despois o fogar verde, o Lugo, o Noia co que conseguía o ascenso á Terceira División e algunha Liga, o Compostela e os costeiros Unión Club Cee e Soneira onde tamen gañou algunha liga. Non podemos esquecernos do seu paso polo Hannover onde abrumaba ca sua clase os míticos Rummenigge, Muller, Beckenbauer, entre outrosRexeitou ofertas coas que outros só poden soñar: Elche, UD As Palmas e mesmo o Deportivo da Coruña. Miculita amaba o fútbol...pero tamén a vida que hai fóra del, xenio e figura sen máis ataduras que un corazón nómada e inquedo, vítima ás veces de si mesmo, dunha intensidade que provocaba, en ocasións, encontronazos cos adestradores que se enorgullecían dun potencial que o traía de volta das súas singladuras e ao domingo seguinte xa estaba listo para xogar, como se non deran pasado unha chea de meses, pero incapaces de suxeitar un alma que voaba a pracer como e por onde quería. Xefe sen fisuras no campo, un referente ao que achegarse porque ningún outro era tan completo, tan capaz de dominar calquera aspecto do xogo, reinado indiscutible nuns noventa minutos que convertía en ouro puro. Miculita é a lenda...o xenio que fixo a maxia de convertilo en inesquecible. E, polo de agora, en insuperable tamén.



Hay nombres que se evocan y se dan como con la fábula de la lámpara mágica, que nada más frotar en ella sale el genio que lleva dentro para que todos los deseos se cumplan. Así era cada domingo en los equipos donde Miculita destapaba el tarro de sus esencias futbolísticas, magia sobre un campo que se deshacía tanto delante de su talento como de su talante, siempre indómito, indomable, pero carismático e inalcanzable para lo común de los mortales, que solo podían rendirse a esa vorágine de pasión y calidad que inundaba los terrenos de juego y a las atónitas gradas.
Miculita era de carne y hueso, pero eso no le impedía ser un dios, un portento de polivalencia que mezclaba su irrepetible técnica con un físico de luchador romano. Goleador a mansalva, la discreción, como si cada partido fuera una batalla de la que hubiera que salir victorioso a cañonazos. Ausente porque, además de partidos, había que ganar el pan, y no siempre daba finalizado las competiciones que comenzaba porque tocaba surcar otras aguas, las del mar que lo apartaban largas temporadas de los senderos de la gloria. Jugador de aquel mítico Fisterra de Tercera División que ahora repite historia, como si cuarenta años no fueran nada, porque nadie olvida a quién fue el talento por antonomasia de toda la Costa da Morte. Ninguna encuesta virtual de las que dieron en hacerse con asiduidad entre los internautas dejaron de tenerlo en el más alto de todas ellas, siempre el elegido, el deseado, el mítico que paseó su arte muy jovencito en esa otra cantera de fisterráns que es el Lira, cuando no estaba ni federado, pero Miculita ya agasajaba allí con el preludio de su futuro. Después el hogar verde, el Lugo, el Noia con el que conseguía el ascenso a la Tercera División y alguna Liga, el Compostela y los costeros Unión Club Cee y Soneira donde tambien ganó alguna liga. No podemos olvidarnos de su paso por el Hannover, donde abrumaba con su clase a los Rummenigge, Muller, Beckenbauer, entre otros. Rechazó ofertas con las que otros solo pueden soñar: Elche, UD Las Palmas y mismo el Deportivo de A Coruña. Miculita amaba el fútbol...pero también la vida que hay fuera de él, genio y figura sin más ataduras que un corazón nómada e inquieto, víctima a veces de sí mismo, de una intensidad que provocaba, en ocasiones, encontronazos con los entrenadores que se enorgullecían de un potencial que lo traía de vuelta de sus singladuras y al domingo siguiente ya estaba listo para jugar, como si no hubiesen pasado un montón de meses, pero incapaces de sujetar un alma que volaba a placer como y por donde quería. Jefe sin fisuras en el campo, un referente a lo que acercarse porque ningún otro era tan completo, tan capaz de dominar cualquier aspecto del juego, reinado indiscutible en unos noventa minutos que convertía en oro puro. Miculita es la leyenda...el genio que hizo la magia de convertirlo en inolvidable. Y, por el de ahora, en insuperable también.

viernes, 3 de julio de 2020

O QUE SEMPRE ESTÁ E NUNCA SE VE

JOSÉ M. PEREIRAS PÉREZ (CHAMBÓN - C.D. BAÍÑAS)




Por moito amor que se lle teña a unhas cores, moi poucos son os que poden dicir que fundaron un clube, que estiveron nese momento inicial no que botou a andar e ao que non deixou de pertencer no que leva de existencia. O C.D. Baíñas non se entendería sen Chambón, sen as múltiples tarefas que desempeña durante todo o ano, base fundamental dun equipo que sigue existindo, en parte, pola súa inmensa adicación.


A historia verde aínda é breve, nova, pero ninguén pasou por ela sen ser recibido e atendido por Chambón, surtido de todo o que fose preciso, cumprimentado ata no máis mínimo desexo. Home para todo nun clube onde se multiplica, primeiro en chegar e sen hora para marchar, imprescindible para que todo funcione e cada un, tanto xogadores coma afeccionados, atopen o seu lugar. Guardián das esencias dun Baíñas que vive anos mellores e peores, pero nos que el sempre está ao pé do cañón, incombustible e sen deixarse vencer polas dificultades. Ninguén pode imaxinar un Baiñas sen a súa presenza na porta, na cantina ou onde haxa algo que arranxar e solucionar. O tipo de xente que se convirte en marca do equipo, en cara visible máis alá da competición e dos resultados, puro amor que non se limita aos domingos de partido, senón de incansable traballo que non remata co pitido final do encontro. Aínda que pareza que xa todo rematou, Chambón sempre atopa algo máis que facer pola súa casa, polo Baíñas que naceu con el e que nel, vive.

miércoles, 1 de julio de 2020

A COSTA MITICA: FLOREAL



FLOREAL

A expresión que tan ben coñecemos de ter o "corazón partido", probablemente sexa algo aplicable á traxectoria de Floreal, a unha dicotomía que o levou de Cee a Dumbría e viceversa, as dúas casas onde durante máis de vinte anos, coa excepción de Baio e o Vista Alegre de Terceira División, foron o escaparate do seu talento. Os clubes aos que procurar, tanto cos seus incontables goles, coma baixo o seu mando dende o banquiño, títulos, ascensos e prezadas Copa da Costa, ese alimento do que subsiste cada equipo e que convirte ás afeccións en habitantes, aínda que sexa brevemente, dun paraíso soñado por todos, pero acadado por moi poucos.

Ós quince anos pisaba o antigo Raíces para defender as cores branquiazuis que, con Manolín á fronte, supuxeron os primeiros triunfos, o esplendor dun binomio que ó longo dos anos vestía ao Cee de títulos e titulares, Da clase dun mediocampista con alma de dianteiro voraz, que destacaba nun equipo cheo de figuras e temido en todas as categorías que pisaba, Pero Floreal nunca pasaría desapercibido, en ningunha parte, pese a ser dono dunha personalidade carente de estridencias e de vanidades superfluas. Andado o tempo, por primeira vez non tivo a Manolín detrás, senón en fronte, coma rival, cando xa os dous adestraban aos equipos da vida de Floreal, e seguían sumando éxito pero por separado. Antes da partida, Floreal estreábase coma técnico-xogador e levaba ó Cee a Preferente, a ese ceo que non se volvíu tocar. Nesa mesma dualidade chegou a década prodixiosa en Dumbría, os tres anos con esa doble función ata colgar as botas e seguir só coma adestrador outros sete, nunha fidelidade que hoxe é case imposible de soñarse. O corazón dividido en dúas cores, en dúas décadas que fixeron historia nunha Costa que o recuperou máis adiante, recén inaugurada a presidencia de Elvira Freire no Cee, coma adestrador dun equipo sénior onde moitos daqueles xogadores medraran á sombra da súa lenda. Señorío incontestable, só á altura do seu facer no campo, tan temido como admirado pero, sobre todo, unánimemente respectado. Se o mando debía ser un anexo da exemplaridade coma dicía Ortega y Gasset...o exemplo, nunca mellor dito, é Floreal.