miércoles, 29 de mayo de 2019

EN ORSAY: A entrevista da Semana con PABLO LESTÓN (Xogador da Sd Fisterra)

"O NORMAL NO FÚTBOL NON É GAÑAR TRES TÍTULOS EN CINCO ANOS"


Hai xogadores que parecen tocados pola variña da fortuna, que saben estar no momento preciso e no lugar adecuado. Alí onde recoller os mellores froitos que ofrece a competición, eses títulos tan desexados polos que se salta ao terreo de xogo cada domingo. Non é doado, e moitos pasan unha vida enteira sen conseguir ningún, pero ese non é en absoluto o caso de Pablo Lestón Lago (Corcubión,1987) que, embarcado dende fai cinco tempadas na S.D. Fisterra, anda arestora aínda celebrando o seu segundo título de Liga e segundo ascenso co equipo verde, que se suman a aquela Copa da Costa que fixo tremer os cimentos da vila fisterrana de puro éxtase. Nado en Corcubión, pero coa súa etapa formativa desenrolada maioritariamente no U.C. Cee, para despois apuntar a categorías máis altas no Ural e no Conxo, xa en xuvenís e Liga Nacional. A etapa Sénior descorreu pola Costa ata recalar en Fisterra, de onde xa non se movería nestes últimos anos, colleitando títulos e afectos, pois é sen dúbida un dos xogadores máis queridos pola afección e non só a da casa, senón da contorna. Admirado e respectado polo seu xogo elegante e intelixente, capaz dese oportuno pase que desatranque defensas rivais, e capaz sobre todo de facer goles que valen ouro en momentos difíciles. Pablo encarna a bonhomía no fútbol, o señorío en pantalón curto. A categoría de xogar en cada partido coma se fose unha final incluso cando sae dende o banco, co tempo correndo e non sempre a favor. A exquisitez dunha refinada seda plasmada sobre un céspede que bica por onde pasa, que reverdece en cada carreira das que Pablo Lestón regala en Ara Solis. Porque aí, nese altar fisterrán, xa desfruta da pátina de ídolo que -sempre esixentes- é concedida a moi poucos. Pero a Pablo, foille outorgada por absoluta unanimidade.


-- Dous títulos de Liga, dous ascensos, unha Copa da Costa...queda algo por gañar co Fisterra?.

Pois a verdade é que non se pode pedir mais para estes 5 anos que estiven en Fisterra. Conseguir gañar algo en 3 de esas 5 tempadas é incrible. O normal no futbol non é gañar e ter esa sorte de coincidir con estos xogadores, afección,,directiva, adestradores,etc.. é o que fai que existan esas posibilidades pero hai que ter claro siempre que esto non é o normal..a Liga ou a Copa xógana 18-20 equipos e todos perden menos un.

-- Eres de Corcubión e non fisterrán, pero ninguén o diría vendo como te trata a afección.

Si, teño a doble nacionalidade xa desde o primeiro ano...(Risas). Síntome un privilexiado por como me trataron dende o día 1...O vestiario é como unha familia e tanto eles como a afección déronme a entender xa dende o primer ano que estaba na miña casa, e eu así me sentin siempre.

--Aspiras a repetir os mesmos éxitos coma adestrador?.
Dentro duns anos pode ser pero agora mesmo, imposible. Pensa que eu comecei a xogar ao fútbol aos 4 anos e hoxe teño 32, todo ese tempo non parei nunca (nin un descanso) e estes 3 últimos anos, xogando e adestrando aos rapaces ao mesmo tempo. Quedábame sempre sen fin de semana, e son unha persona á que lle gusta facer moitas cousas (risas). Aparcarei o tema de adestrador de rapaces ata que termine definitivamente de xogar.


--Quedan forzas para embarcarse nunha competición tan dura como a Preferente?.
Pois ainda non o teño decidido...pero vai ser moi complicado por moitas cousas....De todas formas ainda nin o pensei, primeiro falarei co clube a ver qué queren facer.

-- Adestras xuvenís. Veste adestrando tamén a un equipo Sénior?.

Pois como dixen, mínimo ata que eu deixe de xogar non volveréi a adestrar. Pero non teria problema en coller un equipo sénior. Teño anos de experiencia en vestiarios moi diferentes, ademáis.

-- Foste xogador do Corcubión e do Cee. Ningún vive o seu mellor momento.

Pois non. É unha magoa, o Corcubión nunca o vin diferente..si era ese equipo ascensor e que despois ou ben baixaba ou ben se mantiña polos pelos na Liga da Costa, pero non é tan raro velo en Terceira Rexional..
Co Cee xa é distinto, sería moi raro ver unha Liga da Costa sen el, e ademáis a min daríame moita pena, pois foi o equipo no que me formei e que creo que lle debo moito como clube.

--Cres que o fenómeno Rapacollón´s Big Band é algo que só pode darse nunha vila tan carismática coma é Fisterra?.
A xente de Fisterra siempre está alegre, bailando, cantando.... A verdade é que me costaría velo en outro pobo, pero pola forma de ser non por outra cousa... O tema de ir disfrazados e siempre "facendo ruido" e moi carismático de todos eles.


-- Os xuvenís son xa mozos con máis prioridades que xogar a pelota. Requerirá a súa boa dose de paciencia mantelos motivados e mentalizados.

Si, calqueira que adestre a un equipo de estas idades nun pobo pequeno sabe cómo é.. Se houbera moitisimos rapaces seguro que poríamos os límites en outra parte, pero non estou descontento para nada con eles...Dende o primeiro día comigo e Skio ou Senra, sabían que o que quixera xogar ao fútbol, perfecto. Pero tamén o que non quixera, ningúen lle estaba obrigando a vir ali...ten que haber uns mínimos e si quedas con 10 rapaces pois a xogar con 10 ou cos que sexan. Ao final estás en idade de formación e iso ten que ser o único importante.

--Algo que aínda teñas por cumprir nun terreo de xogo

Nada, non me queda nada. O máis importante, a cantidade de amigos feitos sen dúbida. O fútbol da Costa para Iso é unha marabilla, e de Fisterra lévome máis de un para toda a vida!!.


--Verémoste con outra camisola que non sexa a verde?.

Seguro, antes de retirarme seguro que si. Ainda que non creo que sexa unha nova para min.


martes, 28 de mayo de 2019

TROFEO MAIS DEPORTE a los Máximos Realizadores de Preferente - 1ª,2ª y 3ª Autonomica



PREFERENTE
                                                                                                             Partidos       Goles

  1. DIAZ CARBALLEIRA, RAÚL           SD.SOFAN                      32               13 (1 Penalti)
  2.  BLANCO GARCIA, ALEX              XALLAS F.C                     31                12 (2 Penalti)
  3. QUINTELA  BECERRA, ADRIAN  SD. SOFAN                       32              12 (3 Penalti)
  4. GONZALEZ VEIRAS, IVAN           XALLAS F.C.                     27               11
  5. LÓPEZ MOURE, JULIAN               XALLAS F.C                      38                8 (4 Penalti)
  6.  VIDAL ARES, FABIAN                   SD. SOFAN                         32                7
RAÚL Sofan
1ª AUTONOMICA
                                                        PARTIDOS       GOLES

  1. FUENTES SANTOS, MARTIN(MC)   C.D. BAIO               33                  34 (6 Penalti)
  2.  LOPEZ LÓPEZ, ADRIAN(MAKAAY)  S.D. FISTERRA   32                    33 (5 Penalti)
  3.  LOPEZ PEREZ,JESUS (YUYO)         C.F. DUMBRIA        34                   21 (3 Penalti)
  4. LAGO RAMA, ROBERTO(PLADUR)  S.D. ESTEIRANA  25                    13 (5 Penalti)
  5. ROMERO SILVA, BRUNO                   S.D. FISTERRA      29                    8
  6. LEMA VALIÑA. ADRIAN (PICHI)   SONEIRA S.D          31                    8 (2 Penalti)
  7. FERNANDEZ LAGO, AARON          SONEIRA S.D         29                     7 (4 Penalti)
  8. LOPEZ MARTINEZ, AARON             S.D FISTERRA       32                   7
  9. ROJO POMBO, IVAN                          C.D  BAIO               31                     7
  10. MARCOTE TRABA, JOSE                C.F DUMBRIA        21                     7 (1 Penalti)

2ª AUTONOMICA (COSTA)
                                                                           Partidos               Goles
  1. CAMBON ALVAREZ, ALEJO     CORME C.F                        28                  39 (7 de penalti)
  2. CAAMAÑO MAYO ANGEL  (PESCOVOLANTES DE BAÑO F.C   30  28 (4 de penalti)
  3. MUIÑO RAMOS, PABLO            C.D BAIÑAS                        28                 22
  4.  CANCELA VIÑA, BRAIS     SAN LORENZO                       28                   21 (3 Penalti)
  5. PEDROSA MOURIS, ISMA   MAZARICOS C.F.                    29                  21
  6. RIAL RODRIGUEZ, ALBERTO   VOLANTES DE BAÑO    19                20 (2 Penalti)
  7. CAAMAÑO CASTROCRISTIAN   LIRA C.F                         26                 18
  8.  GARCIA NOVO, ESTEFANO     MAZARICOS C.F               29               16 (2 de penalti)
  9. NOGUEIRA RODRIGUEZ, MANU      MUXIA C.F.              30                 16
  10. SOUTO CAMBRE, JAVI            C.D BAIÑAS                          28                 14
  11. GONZALEZ LAGO, TONI       LIRA C.F                                  29               14 (5 Penalti)

3ª AUTONOMICA (COSTA)

                                                       PARTIDOS    GOLES
  1. RIAL GARCIA, SEBAS                    S.D. CASTRIZ           22                     35
  2. MATO ROMAR, IVAN                    CABANA S.D.             22                      31 (4 de penalti)
  3.  DIAME , DJIBRIL                          CAMARIÑAS FC       23                      25 (3 Penalti) 
  4. ROMERO CARRACEDO, SAMUEL  S.D CORISTANCO   18                   20
  5.  ALVAREZ MORRIS, SANTIAGO   OUTES FC                23                     18
  6.  LEMA MIRA, ADRIAN                   SD. LAXE                    18                    16 (1 Penalti)
  7.  SOUTO ROMERO, SERGIO           SD. CORISTANCO    15                    15 (1 Penalti)
  8. POSE RODRIGUEZ, PABLO              CABANA S.D          20                     14


viernes, 10 de mayo de 2019

EN ORSAY: A ENTREVISTA DA SEMANA CON: RUBEN MARTINEZ (ADESTRADOR DO UNIÓN CLUB CEE INFANTIL)

"NA COSTA NON É DOADO SER ADESTRADOR DE EQUIPOS SÉNIOR, XA QUE MOITOS SON MEROS ALINEADORES".


O fútbol da Costa é ese hábitat natural de incipientes xogadores dos que máis adiante falaremos todos os domingos. Rapaces que medran ao calor dun clube, duns adestradores que moldearán virtudes e defectos para adaptalos ás necesidades do equipo, a unha competición sempre chea de dificultades coma os deprazamentos ou a adversa climatoloxía. Rubén Martínez Sande "Muchi", (Cee, 09/11/1987) é un deses adestradores vocacional que sabe conxugar perfectamente a ensinanza cos valores deportivos, que nutre de talento as ligas de Fútbol Base dende o U.C. Cee, referente de canteira na comarca que el dirixe co seu selo particular de esixencia e traballo ben feito, pero tamén de mimo e coidado, de afectos que só poden dispensarse dende o trato familiar, de tempada tras tempada baixo a súa batuta. Director dunha orquestra que colleita títulos pero case nunca o debido recoñecemento que merece. Capaz de converter toda unha xeración en hexemónicos dominadores da categoría Infantil, e despostos a ir agora pola peza de caza maior: o ascenso á Liga Galega. Rubén sabe de sobra que o éxito non se contabiliza só en campionatos, e tenta transmitirllo aos xoves xogadores para que a derrota non sexa un drama nin un obstáculo, só unha posibilidade máis da competición. Que xogar ó fútbol non sexa un traballo, nin un contrato, que sexa un deporte onde o balón rode polo céspede coma se o fixese por suave moqueta. Elegante. A piques de dar paso aos novos retos que trae aparellados ser xa campión de Liga, Muchi durme tranquilo porque a súa aposta está feita: traballo, esforzo e equipo. Que logo non digan que a Filosofía non está de moda. Se hai un segredo para o éxito dos seus equipos...é manter sempre a súa propia. Coma fan os verdadeiros mestres.

UNIÓN CLUB CEE - CAMPEÓN DE LIGA (Fotografía LETI)
--Campión de Liga Infantil por segundo ano consecutivo co U.C. Cee. Din que non hai dúas sen tres.
Certamente xa é a terceira consecutiva, pero para o clube, para min si é a segunda.
Para a vindeiro curso, gustariame continuar en categoria Cadete, xa que é a xeración coa que levo 6 tempadas.

--No definitivo partido en Sofán, o Cee foi ao descanso perdendo 2-1, pero nada máis reanudarse, aos cinco minutos xa igualaran, remontaran e consolidaran o resultado. Que clase de motivación traballaste cos rapaces para que saísen absolutamente convencidos de que gañar era posible?.
Seguramente moitos pensen que unha bronca monumental (risas), pero nada máis lonxe. Díxenlle que estabamos xogando ben, facendo moitas ocasións, e que noutros partidos con menos tiñamos posto goleadas.
Pedinlle que estivesen tranquilos, porque eu sabia que iamos gañar, que na miña mente non podía visualizar outra cousa que non fose a vitoria. E parece que xurdiu efecto, porque en 10 minutos anotamos 4 goles.

Foto Facebook
--Que supón para ti, sempre adestrando nenos, cando os ves desfrutando e recollendo os froitos de toda a tempada cun título?.
Dicia Pep Guardiola, que a alegría da vitoria dura 10 minutos, porque despois xa hai que pensar no seguinte...
Velos disfrutar un título faime moi feliz, pero non menos que cando os vexo dando o callo nunha categoria superior, ou representando á Costa da Morte coa selección. 


-- A tempada pasada xa conseguistedes Liga e Copa. Sen renunciar a nada, está o ascenso de categoría á volta da esquina. Cómo ves as posibilidades do equipo?.
Non é nada fácil, hai que xogar dous partidos cada fin de semana, e iso desgasta moito.
O curso pasado fomos capaces de competir moi ben na Fase, incluso pasando unha eliminatoria, e non descoidar a Copa. Esta tempada a idea é a mesma, darémoslle prioridade á Fase, pero iremos a por todo!
Sabemos da dificultade, pero habendo ilusión e crendo no que facemos, véxonos capaces de acadar calquer cousa.

--Toda unha vida aparellada ao U.C. Cee. Verémoste adestrando noutro clube?.
"Nunca digas nunca". Ainda que dubido que me queiran nalgún outro sitio, agora mesmo só penso no Cee.

Foto Facebook
--Dirixes o Fútbol Base en todas as súas categorías, adestras Infantís e Cadetes, traballas...Que pensas cando escoitas dicir iso de "é que non teño tempo para nada".
Sabendo organizarse, hai tempo para todo, pero non che nego que boto en falta algunha horiña máis de sono...

-- Prantéxaste dar o salto a adestrar un equipo Sénior?.

Algún día tocará, é algo que teño presente. Se algo me bota para atrás, é que na Costa non é fácil ser adestrador dos equipos senior, xa que moitos son meros aliñadores. Os que estamos na Base, estamos moi "mal acostumados", porque temos a sorte de poder adestrar dous ou tres días á semana co total do plantel. Por desgraza, iso no fútbol modesto da Costa, debido á situación xeográfica, é practicamente imposible.


-- Os "maiores" do Cee levan un par de tempadas na corda frouxa. Afectaría un descenso as categorías da Base?.

Se queremos facer unha lectura positiva, cando se pecha unha porta, ábrese unha ventá. Un posible descenso, podería ser a oportunidade para comezar de cero, e facer unha aposta seria pola xuventude. Seguir dando continuidade ao que vai vindo de abaixo, é o maior incentivo para os rapaces.
Este ano con Rosky, varios xogadores do equipo xuvenil coma Luis Lojo, Brais, ou Fran, xa tiveron un papel importantísimo no primeiro equipo. Incluso pudemos disfrutar do debút do noso cadete Alfredo, con tan só 15 aniños.


miércoles, 17 de abril de 2019

EN ORSAY: A Entrevista da Semana con JAVI TOJA (MUXIA)


"MI GOL FAVORITO SERÍA AL PORTERO RIVAL EN UNA FINAL DE LA COPA DA COSTA"



Os fillos pródigos, máis tarde ou máis cedo, rematan voltando a casa. A ese oasis cálido que sempre os acolle cos brazos abertos e co afecto que se dispensa aos escollidos, dos que se agarda que retornen para quedar. Algo así debeu sentir Javier Rey Toja (Muxía, 14/12/1999) na súa volta a Muxía, ao fogar que o víu partir na nenez para integrarse nas filas do Dumbría, daquela en División de Honra, e despois xa en etapa xuvenil en Liga Galega. Afeito a competicións esixentes, chegou ao Muxía máis combativo das derradeiras tempadas, cunha excelente campaña que só no treito final víuse apeado do caixón de podio. Capaz de aproveitar cada minuto no campo para facer gol, ese alimento que todo dianteiro precisa, único combustible para un motor que sempre está en marcha mentres o árbitro no pite o final do partido. Ávido e voraz, xa saboreou un "hat trick" nesta competición de goleadores con moitos galóns. Estudante de Automatización e Robótica, deixa atrás a frialdade das novas tecnoloxías cada vez que salta ao campo, para converterse nun xogador que derrocha paixón, que devora metros e regatea defensas para encararse alí onde máis desfruta: diante dos tres paus. Javi Toja é o futuro dunha competición como a Liga da Costa, a das promesas cumpridas...a do despertar da mocidade que da paso á madurez. E na casa, como a el lle gusta.

-- Mentres hai vida, hai esperanza, ou cres que ao Muxía xa non lle quedan opcións para estar entre os tres primeiros?.

Es cierto que las posibilidades no son las mismas de antes, pero si algo he aprendido en el fútbol y sobre todo en la vida, es que nada es imposible y vamos a luchar hasta el último minuto del último partido como llevamos haciendo toda la temporada.

JAVI TOJA en el 11 Inicial frente al Baiñas
 --Cal foi o peor momento desta tempada?.
 
Pues creo que el peor momento de la temporada ha sido cuando vimos que se nos habían escapado 12 puntos en 4 partidos consecutivos, haciendo que nos descolgásemos de los primeros puestos.

-- O Muxía apostou por un equipo con moita mocidade e por xente da casa. Non parece que dese mal resultado.

En absoluto. La mayoría somos gente muy joven con muchas ganas de jugar. Y si algo hay que destacar antes de haber terminado la temporada es la unión que hemos conseguido crear, que sin duda, es un plus esencial para lograr los objetivos que tenemos en común y a nivel personal.

--Xogaste en División de Honra e Liga Galega, moi esixentes e competitivas. Como valoras a Liga da Costa?.

-Está claro que la intensidad es menor. Pero me parece una liga muy bonita de disputar y que aquí, te puede "joder" el partido, desde el primero de la clasificación hasta el último.


-- Un "hat trick" coma o que servíu para remontar en Lira debe ser dese tipo de cousas que gustará contar cando un sexa vello.
No te voy a mentir, me he sentido como un niño pequeño de la ilusión y sobretodo orgulloso de poder haber ayudado al equipo a llevarnos eses 3 puntos. Seguramente será algo que recuerde toda la vida



-- Sendo dianteiro centro, a quen che gustaría marcarlle un gol?.

Al portero del equipo rival en una final de la Copa de la Costa.

-- Voltaste a Muxía para desfrutar de xogar cos amigos da infancia. Recomendas a experiencia?.

La verdad es que no me arrepiento para nada de haber vuelto a casa. Mucha gente me animaba a quedarme y así mejorar y ganar potencial, pero tengo que decir que con este grupo he estado mas a gusto que nunca. Me han hecho mejorar y me han enseñado situaciones en el campo que ningún otro entrenador me había enseñado.

-- Veste xogando na Primeira se o Muxía conseguise ascender?.

Sí, a nivel personal tendría que cambiar cosas. Pero con este grupo me veo muy lejos.


-- Prantéxaste abandonar o Muxía se chega unha boa oferta?.

Sólo si supera los 30 millones (Risas).

-- Este ano Alejo parece imbatible no Pichichi, pero non se pode descartar a Javi Toja para futuras tempadas. Faríache ilusión ese título individual?.

La pregunta es: ¿A quién no le haría ilusión este título? Por supuesto que sí. Me veo con un hambre de gol que nunca he tenido.


miércoles, 27 de marzo de 2019

EN ORSAY: A Entrevista da semana con MARTA (Delegada do San Lorenzo de Verdillo)

 
"AO COMEZO DE TEMPADA CAUSABA MOITA SORPRESA VER A UNHA MULLER NO BANCO DE XOGADORES".

Xa non é un feito aillado que as mulleres sexan determinantes en moitos clubes da Costa, pero hainos, coma o San Lorenzo de Verdillo onde rixe un auténtico matriarcado, un espello da familia tradicional galega no que son as mulleres as que comandan a nave. Marta García Varela (Verdillo, 04-06-1997), pese a súa xuventude xa leva tres anos formando parte da directiva do equipo roxiño, o mesmo do que seu pai xa foi presidente e soubo transmitir o amor ás cores a súa filla. Marta esta tempada ocupa o posto de Delegada de Campo, séntase no banco a carón de xogadores e adestrador cada domingo, e desfruta da experiencia de ser a única muller que o fai nesta apaixonante Liga da Costa. Con naturalidade, asume un posto xeralmente ocupado por homes, e consegue que cada vez menos iso sexa motivo de sorpresa, coas afeccións e corpos técnicos afacéndose cada vez máis a que o fútbol tamén é delas. De todas as mulleres que coma Marta rachan cos estereotipos e amosan que o único que nos está vedado é o que non nos propoñemos. No San Lorenzo fai tempo que o saben.
 

Marta no Banquillo do San Lorenzo
-Coma xurdíu que ocupases o posto de Delegada no San Lorenzo?.
 
Dende moi pequena estou moi unida ó equipo, e co cambio de directiva como ninguén se animaba a realizar esa tarefa, pois din o paso.

-Debe ser toda unha experiencia ver o partido tan a ras de campo.
Nunca fun de ver os partidos dende as bancadas, senón dende a barandilla; pero a pesar disto o estar no banquiño vívese de forma distinta.

-Aínda se sorprende alguén vendo a unha muller no banco de xogadores?.
Ao comezo de temporada si, creo que moito por ser algo inusual na nosa Liga.

-Anécdotas non faltarán.

Non, de feito xa teño entrado no vestiario e coller a algún a medio vestir.

-Vimos de ver comportamentos impropios en varios campos de fútbol. Coma futura pedagoga, cres que falta precisamente pedagoxía en moitos clubes e, tamén, en moitos pais, nais e espectadores en xeral?.
Non considero que sexa unha falta de pedagoxía por ningunha das partes. Está claro que é necesaria unha educación de base para saber actuar en sociedade; pero considero que estes comportamentos veñen dados pola intensidade coa que se vive o fútbol da nosa zona, sendo isto o que nos leva a perder os papeis en situacións puntuais sen ser intencionado o facerlle dano a ninguén. Pero o que si considero necesario é unha reflexión crítica sobre todas estas situación para tentar que non se volvan a repetir.

-O San Lorenzo fluctúa entre partidos épicos e outros que se escapan incomprensiblemente. A que o achacas?.
Non o achaco a nada en concreto, considero que hai días que a sorte nos sorrí e todo sae ben e outros marcados pola mala sorte e onde as cousas non saen como agardas.

-Dende moi nova xa pertences á directiva do clube. Pódese dicir que o próximo será a presidencia?.

Non penso en iso, xa que o que considero relevante é que haxa persoas que se comprometan e traballen para que o clube perdure ao longo do tempo.




-No banquiño todo se vivirá máis intensamente, tanto nas derrotas como nas vitorias.

Como dixen anteriormente vívese de forma distinta, isto vén dado a que te atopas máis preto de todo o que acontece no terreo de xogo.

-Foi unha tempada marcada pola tardía planificación. Obxectivos cumpridos igualmente?.
O noso obxectivo principal era a permanencia, entonces mentras isto se acade está conseguido.

-Nunha directiva copada por mulleres, non vos prantexades un equipo feminino?.Polo de momento non, somos una directiva moi pequeña e xa nos chega moito cos dous equipos cos que contamos (sénior e xuvenil).