"NA COSTA NON É DOADO SER ADESTRADOR DE EQUIPOS SÉNIOR, XA QUE MOITOS SON MEROS ALINEADORES".
O fútbol da Costa é ese hábitat natural de incipientes xogadores dos que máis adiante falaremos todos os domingos. Rapaces que medran ao calor dun clube, duns adestradores que moldearán virtudes e defectos para adaptalos ás necesidades do equipo, a unha competición sempre chea de dificultades coma os deprazamentos ou a adversa climatoloxía. Rubén Martínez Sande "Muchi", (Cee, 09/11/1987) é un deses adestradores vocacional que sabe conxugar perfectamente a ensinanza cos valores deportivos, que nutre de talento as ligas de Fútbol Base dende o U.C. Cee, referente de canteira na comarca que el dirixe co seu selo particular de esixencia e traballo ben feito, pero tamén de mimo e coidado, de afectos que só poden dispensarse dende o trato familiar, de tempada tras tempada baixo a súa batuta. Director dunha orquestra que colleita títulos pero case nunca o debido recoñecemento que merece. Capaz de converter toda unha xeración en hexemónicos dominadores da categoría Infantil, e despostos a ir agora pola peza de caza maior: o ascenso á Liga Galega. Rubén sabe de sobra que o éxito non se contabiliza só en campionatos, e tenta transmitirllo aos xoves xogadores para que a derrota non sexa un drama nin un obstáculo, só unha posibilidade máis da competición. Que xogar ó fútbol non sexa un traballo, nin un contrato, que sexa un deporte onde o balón rode polo céspede coma se o fixese por suave moqueta. Elegante. A piques de dar paso aos novos retos que trae aparellados ser xa campión de Liga, Muchi durme tranquilo porque a súa aposta está feita: traballo, esforzo e equipo. Que logo non digan que a Filosofía non está de moda. Se hai un segredo para o éxito dos seus equipos...é manter sempre a súa propia. Coma fan os verdadeiros mestres.
![]() |
UNIÓN CLUB CEE - CAMPEÓN DE LIGA (Fotografía LETI) |
--Campión de Liga Infantil por segundo ano consecutivo co U.C. Cee. Din que non hai dúas sen tres.
Certamente xa é a terceira consecutiva, pero para o clube, para min si é a segunda.Para a vindeiro curso, gustariame continuar en categoria Cadete, xa que é a xeración coa que levo 6 tempadas.
--No definitivo partido en Sofán, o Cee foi ao descanso perdendo 2-1, pero nada máis reanudarse, aos cinco minutos xa igualaran, remontaran e consolidaran o resultado. Que clase de motivación traballaste cos rapaces para que saísen absolutamente convencidos de que gañar era posible?.
Seguramente moitos pensen que unha bronca monumental (risas), pero nada máis lonxe. Díxenlle que estabamos xogando ben, facendo moitas ocasións, e que noutros partidos con menos tiñamos posto goleadas.
Pedinlle que estivesen tranquilos, porque eu sabia que iamos gañar, que na miña mente non podía visualizar outra cousa que non fose a vitoria. E parece que xurdiu efecto, porque en 10 minutos anotamos 4 goles.
![]() |
Foto Facebook |
--Que supón para ti, sempre adestrando nenos, cando os ves desfrutando e recollendo os froitos de toda a tempada cun título?.
Dicia Pep Guardiola, que a alegría da vitoria dura 10 minutos, porque despois xa hai que pensar no seguinte...
Velos disfrutar un título faime moi feliz, pero non menos que cando os vexo dando o callo nunha categoria superior, ou representando á Costa da Morte coa selección.
-- A tempada pasada xa conseguistedes Liga e Copa. Sen renunciar a nada, está o ascenso de categoría á volta da esquina. Cómo ves as posibilidades do equipo?.
Non é nada fácil, hai que xogar dous partidos cada fin de semana, e iso desgasta moito.
O curso pasado fomos capaces de competir moi ben na Fase, incluso pasando unha eliminatoria, e non descoidar a Copa. Esta tempada a idea é a mesma, darémoslle prioridade á Fase, pero iremos a por todo!
Sabemos da dificultade, pero habendo ilusión e crendo no que facemos, véxonos capaces de acadar calquer cousa.
--Toda unha vida aparellada ao U.C. Cee. Verémoste adestrando noutro clube?.
"Nunca digas nunca". Ainda que dubido que me queiran nalgún outro sitio, agora mesmo só penso no Cee.

--Dirixes o Fútbol Base en todas as súas categorías, adestras Infantís e Cadetes, traballas...Que pensas cando escoitas dicir iso de "é que non teño tempo para nada".
Sabendo organizarse, hai tempo para todo, pero non che nego que boto en falta algunha horiña máis de sono...
-- Prantéxaste dar o salto a adestrar un equipo Sénior?.
Algún día tocará, é algo que teño presente. Se algo me bota para atrás, é que na Costa non é fácil ser adestrador dos equipos senior, xa que moitos son meros aliñadores. Os que estamos na Base, estamos moi "mal acostumados", porque temos a sorte de poder adestrar dous ou tres días á semana co total do plantel. Por desgraza, iso no fútbol modesto da Costa, debido á situación xeográfica, é practicamente imposible.
-- Os "maiores" do Cee levan un par de tempadas na corda frouxa. Afectaría un descenso as categorías da Base?.
Se queremos facer unha lectura positiva, cando se pecha unha porta, ábrese unha ventá. Un posible descenso, podería ser a oportunidade para comezar de cero, e facer unha aposta seria pola xuventude. Seguir dando continuidade ao que vai vindo de abaixo, é o maior incentivo para os rapaces.
Este ano con Rosky, varios xogadores do equipo xuvenil coma Luis Lojo, Brais, ou Fran, xa tiveron un papel importantísimo no primeiro equipo. Incluso pudemos disfrutar do debút do noso cadete Alfredo, con tan só 15 aniños.

No hay comentarios:
Publicar un comentario