viernes, 23 de marzo de 2018

BANCADA PREVIA

ANTIA nun lance do xogo (Capitana de las MIUDAS de Muros)
SUSTO OU MORTE

Noutra apaixonante xornada na Liga da Costa, un Mazaricos ferido no seu amor propio e na súa conta de puntos, ten xa un novo abismo ao que asomarse, pois visitará á Esteirana noutro encontro nas alturas e onde as posicións poden invertirse, pois aí está o Baíñas tamén, desposto a asaltar o liderado despois do zarpazo da semana pasada. Na Preferente todo ledicia nun domingo de vitorias, por máis que ao Dumbría aínda non lle permita sacudirse de enriba os postos da cola. Na Primeira, o Baio respira, o San Lorenzo expira e o Fisterra inspira. Os fisterráns aguantan a respiración despois dunha dolorosa xornada, e apréstanse a que Ara Solis sexa un auténtico vía crucis pero para o equipo rival. Pola Terceira discorren as emocións dunha competición ligueira case rematada, cos dous equipos de Muros xa ascendidos e a incertidume dos outros catro clasificados para a desputa da Fase de Ascenso, que promete ser ouro puro, polos poucos puntos que separan a uns de outros nesas prazas. Hai que xogar!.


PREFERENTE NORTE

Ten o XALLAS a priori unha cómoda visita a OUTEIRO DE REI, pechacancelas e vítima propiciatoria para que os de Néstor sigan coa súa xeira triunfal de resultados. Outro tanto precisa o DUMBRÍA, que terá en DUBRA outra pedra de toque na agónica loita pola salvación. O SOFÁN, en cambio, capaz de gañar o domingo pasado a todo un lider, desputará no campo do RESIDENCIA un partido dos que poden mantelo nos cómodos postos do medio da táboa e afastar perigosos arrastres, se chegan a producirse.

O Dumbria en busca de esos goles que lle den a salvación (Os tres Mosqueteiros dispostos a elo)
PRIMEIRA GALEGA

SAN LORENZO e CHAIÁN terán en As Pedreiras un partido deses que se mirará con lupa dende outros lugares, pois pola súa situación clasificatoria será trascendental para os intereses tamén doutros equipos. O SONEIRA recibirá a un nada cómodo FLAVIA. de infausto recordo para un FISTERRA, que a súa vez recibirá a un BERTAMIRÁNS ao que precisan gañar para seguir vivindo esperanzados, pois o calendario de agora en diante será de todo menos amable. O BAIO aínda flota despois dunha épica vitoria o domingo pasado, pero o espertar pode converterse en pesadelo na visita ao PILOÑO, líder da categoría e equipo contundente onde os haxa. Xornada de infarto para todos os nosos este domingo.

Dani Rubia intentará que esta fin de semana a súa porta quede a 0
LIGA DA COSTA

Imposible non comezar con ese ESTEIRANA - MAZARICOS que pode dar tantas alegrías coma tristezas, que pode reflotar o barco ou afundilo case definitivamente. Taponar unha vía de auga e continuar a travesía ou quizais quedar varado definitivamente. Incógnitas por resolver e afortunados os que poidan vivir ese desenlace en directo. Ao acecho, paseniñamente, o BAÍÑAS recibe a un incerto MONTE LOURO, despostos a poñer da súa parte para que no José Luis Vara os nervos os poñan os rivais, pois dalgún xeito tamén se xogan moito nese campo. Un CEE pletórico visitará PONTECESO, coa esperanza de que ese salto cualitativo na táboa non sexa flor de un día. O LIRA - MUXÍA antóllase un encontro redentor, ambos equipos aínda doídos polo desenlace da xornada pasada e os dous querendo esquecelo canto antes. Un CORME na cresta da ola chegará a OUTES tentanto manter todas as súas opcións en alto e apupando aos que van por enriba. Algo así debe sentir o ZAS, que non quere deixar en anécdota a importante vitoria conseguida en Louro e agarda ao CERQUEDA pleno de autoestima e confianza. Con eses mesmos vimbios o CORISTANCO chegará a BUÑO, coa intención de sumar outros tres puntos aínda que sexa agónicamente. Mentres, o MALPICA - CAMARIÑAS promete ser unha batalla descarnada, necesitados ambos de puntos para alonxarse da zona quente. Unha xornada máis que abofé non defraudará.

O Mazaricos encomendase os de arriba para sumar e seguir ahi arriba

Un Baiñas moi enchufado e un Pablo Muiño colosal poden saltar o liderato esta fin de semana
TERCEIRA GALEGA

Tremendas dúas xornadas as que quedan para rematar a Liga, a deste fin de semana e a atrasada polo capricho meteorolóxico de Félix. O LAXE, na desputa dunha desas ansiadas catro prazas visitará ao VOLANTES, que non se xoga xa nada pero que non quererá defraudar a súa parroquia, nin deixar de seguir tendo motivos de celebración. O MUROS, xa co obxectivo do ascenso cumprido, visitará PORTEÑO despois da resaca e os fastos coa súa afección. O CABANA recibirá ao SEAIA con toda a ansia que proporciona ter case asegurada a súa clasificación. Dependen de sí mesmos e son dos mellores colocados para tal fin. Outro na mesma tesitura é o CAMELLE, que precisará puntuar en NANTÓN para non verse superado e manter opcións. O AMEIXENDA - CASTRIZ ben pode ser o partido estrela da xornada, separados por dous puntos e no límite desa bocanada de aire fresco que supón poder clasificarse e seguir soñando. O CORCUBIÓN - CASTRELO non deixa de ser intrascendente, pois ningún dos dous ten aspiracións xa de ningún tipo, máis que sumar canto sexa posible.
Ameixenda e Cabana na loita por un posto para a Fase de Ascenso
FÚTBOL FEMININO
Carla xogadora do Fisober rival das Miudas fai unhas semanas
Dolorosa derrota do BERGANTIÑOS, apabulladas por un 0-3 pero xa despostas a dar batalla diante do SPORTING BURGO. AS MIUDAS, salvaron un punto diante dun rival moi parello na clasificación, e agora viaxarán a terras de SANTISO coa esperanza de aumentar distancias e reforzar a estupenda tempada. Gueli e Fran Figueroa, sempre aí para que as nosas bravas trepen o máis alto posible.
DULCE, autora desta fantástica previa unha semana mais

miércoles, 21 de marzo de 2018

DENDE A FIN DO MUNDO


HABENDO VIÑO, TODO SE ARRANXA.

No verán do ano 1972, a S.D. Fisterra chegaba a cuartos de final da Copa da Costa. Tiñan un equipiño xeitoso, unha equilibrada mestura de veteranía e xuventude. Na eliminatoria tocaba enfrontarse ó Negreira. No partido de ida disputado no Ara-Solis, venceran por catro goles a dous. Viaxábase polo tanto a Negreira con serias opcións de pasar a semifinais.


Cabe supoñer que aquel dous de xullo o partido comezou como comezan tódalas eliminatorias importantes, con certa dose de nervios e tensión. Neste encontro, o gardameta da S.D. Fisterra era un rapaz que aínda non cumplira os dezasete anos de idade: Joaquín Santiago Vilela Romero. Juaquín do Selta, para entendernos. Un porteiro moi novo cun futuro prometedor. Pero o que non sospeitaba Joaquín era que esa tarde ía participar nunha xogada da que hoxe en día, case cincuenta anos despois, ben seguro que se lembra.


Todo aconteceu moi rápido. Nun determinado lance do partido, un xove dianteiro do Negreira consegue esquivar a tódolos defensas da S.D. Fisterra e encara con moita habilidade a área visitante. Nela, e con tódolos músculos do corpo en tensión, o noso porteiro agarda concentrado a chegada do xogador rival. Nesas situacións un non pode dubidar e ten que tomar decisións en apenas unhas décimas de segundo. Como os astronautas no espacio, para que vos fagades unha idea. E Joaquín, non dubidou. Despois de valorar rapidamente tódalas opcións, dicidiu saír a por todas. Ala veña!!


El calculou que chegaría ó balón antes que o dianteiro. Pero non foi así. Errou no cálculo, como tamén teñen errado moitas veces Iker Casillas ou Andoni Zubizarreta, ou que pensades?. E o resultado foi que no lugar de atallar o esférico, o que fixo foi facer voar polos aires de Negreira ó outro rapaz. Cousas do fútbol…


Ata ahí todo medianamente normal. O árbitro pitaría falta, amosaría, se procedese, algunha tarxeta e listo. Pero non, non foi iso o que aconteceu.


Para estupor de tódolos xogadores fisterráns, un home corpulento, que logo resultaría ser o pai do neno voador, entrou no campo co partido en xogo e sen dubidalo nin un intre, doulle semellante puñetazo a Joaquín que o deixou totalmente “grogi” e desorientado.


En vista do acontecido, o capitán da S.D. Fisterra, Ramón Rivas Traba, Coné, achegouse moi preocupado a Joaquín e comprobou que este estaba moi aturdido e que non paraba de dicir “fáltame a dentadura postiza, fáltame a dentadura postiza!!”.


Non era unha broma. Xa era realmente indignante o do puñetazo e isto agravaba máis se cabe a situación. Coné dirixiuse moi serio ó árbitro e díxolle que se non reflexaba todo na acta, o equipo da S.D. Fisterra non reanudaría o xogo e tomaría medidas moi serias contra a súa persoa. O follón que se montou foi maiúsculo. Todo o mundo buscaba pola dentadura de Joaquín nas inmediacións da área. En vista do que estaba a suceder e como medida de presión, Coné mandou a tódolos xogadores para o vestiario e non sairían ata que a acta reflexase todo o acontecido. Entón ó árbitro non lle quedou máis remedio que deixar constancia dos feitos por escrito.

Ollo, lembremos que nesa época aínda existía a dictadura e a acta, habendo agresión de por medio, iría directa ó Goberno Civil. Palabras maiores.

O pai do dianteiro, a medida que pasaban os minutos, ía collendo perspectiva do que fixera e, vendo que o capitán do Fisterra mantiña unha actitude pouco amigable, intentou varias veces facer as paces invitándoo a súa casa e mirar como arranxar o asunto:

- Nada home, non hai arrejlo que valja. respondíanlle dende o vestiario visitante.

A todo isto, Joaquín ía recuperando a presencia de ánimo e cando estivo reposto de todo lembrou o que acontecera cos dentes. Ergueuse do banco no que descansaba, dirixiuse á repisa dunha fiestra alta do vestiario e, efectivamente, alí estaba a dentadura. No mesmo sitio no que el a deixara xusto antes do comezo do partido.

Cando llo contou a Coné, a este case lle dá mal. Semellante follón e resulta que a dentadura estaba a bo recaudo, miña nai…

Pero de todos é sabido que a veteranía vale moito e un chega a capitán por algo. Tras analizar a situación uns segundos, Coné soubo ben o que facer. Polo menos aparecera a dentadura, así que mandou gardar silencio sobre isto, díxolle ós do plantel que se cambiaran e que o agardaran no autobus. Logo, cunha faciana moi seria, accedeu a acompañar ó pai do xogador do Negreira a súa casa. Canda eles foi tamén un directivo da S.D.

Unha vez alí, o home desfíxose en atencións, sacou o seu mellor viño e o seu mellor xamón. Tratou os dous fisterráns como se foran dous xeques árabes. Estes fixeron ímprobos esforzos para manter a súa postura de denuncia, pero machiño… o viño e o xamón sabían que nin dios.

A medida que ía baixando o viño e entrando as talladas de xamón, a tensión naquela casa foi desaparecendo. Ó fin e o cabo, as cousas non había que tomalas sempre á tremenda,non?. Ademáis, a dentadura, aínda que o dono da casa non o soubese, xa aparecera e a labazada ó pobre de Joaquín xa ninguén lla quitaría do lombo, por desgracia. Con semellantes viandas na mesa, non se podía dicir tampouco que aquel home fose malo, impetuoso? si, pero malo non oh...

Unhas horas despois, nun ambiente xa moi distendido, as partes decidiron romper a acta e despedíronse entre bicos e abrazos. Uns intres despois, Coné e o directivo dirixíronse cara o autobús comentando o fabulosas que eran as xentes de Negreira...

NOTA: o pai do dianteiro nunca soubo que aparecera a dentadura, e cando os dous fisterráns chegaron varias horas despois ó autobús cas marcas delatoras do viño tinto na comisura da boca, tiveron que escoitar as imprecacións dos seus por estaren tantas horas agardando mentres eles se poñían ata arriba de xamón. Pero a eles pouco lle importou, Joaquín volvía a Fisterra cos dentes intactos e eles estábanche ben fartos. Que chova…

martes, 20 de marzo de 2018

TROFEO MAIS DEPORTE a los Máximos Goleadores en sus respectivas Ligas (PREFERENTE - 1ª - 2ª y 3ª AUTONOMICA

TROFEO  MAIS   DEPORTE
MAXIMOS GOLEADORES
YUYO (DUMBRIA)
PREFERENTE  NORTE
                                  Goles

1 LOPEZ MOURE, JULIAN (XALLAS F.C.)                                 8 (1 de penalti)

2 BLANCO GARCIA, ALEJANDRO  (ALEX)  (XALLAS F.C.)    8 (2 de penalti)

3 LOPEZ LOPEZ, ADRIAN (MAKAAY)  (C.F. DUMBRIA)          7 (1 de penalti)* 

LADO FORMOSO, JUAN (JUAN DE DORA)  (S.D. SOFAN)    7

5 FERNANDEZ GARCIA, JOSE LUIS  (S.D. SOFAN)                  7 (6 de penalti)

6 TRILLO RODRIGUEZ, KEVIN  (XALLAS F.C)                       6

 7 MARCOTE TRABA JOSE  (C.F. DUMBRIA)                             6

8 VIDAL ARES, FABIAN (S.D. SOFAN)                                     5 

9 QUINTELA BECERRA, 
ADRIAN (S.D. SOFAN)                      5 

10 LOPEZ PEREZ JESUS (YUYO) (C.F. DUMBRÍA                   5

11  EIBE FANDIÑO, JACOBO  (S.D. SOFAN)                                5 (1 de penalti) 

AARON FERNANDEZ (SONEIRA)
1ª AUTONÓMICA
PARAFITA POMBO, IVAN  (S. D. SAN LORENZO)          13 (1 Penalti)

2 DE LA SIERRA SUAREZ, BASTI  (SONEIRA S.D.)         12 (1 Penalti) 

DIAZ CANCELA, SANTI  (C.D. BAIO)                             7


LEMA VALIÑA, ADRIAN(PICHI)  (SONEIRA S.D.)        7

5 FUENTES SANTOS, MARTIN (MC)  (C.D. BAIO)           7

6 VARELA GESTO, DIEGO  (S. D. SAN LORENZO)       6

AGULLEIRO DOMINGUEZ, VICTOR  (S.D. FISTERRA)   6 (1 de penalti)  

8 ROMERO SILVA, BRUNO  (SONEIRA S.D.)                   5

PEREZ TRILLO, RODRIGO (ROA)  (S.D. FISTERRA)   5

10 RODRIGUEZ GOMEZ, MARIO (S.D. SAN LORENZO 5 (1 Penalti)

11 FERNANDEZ LAGO, AARON (SONEIRA S.D)               

JAVI (BAIÑAS)
2ª AUTONOMICA

MUIÑO RAMOS, PABLO  (C.D. BAIÑAS)                                                   24

2 LAGO RAMA ROBERTO (ROBERT PLADUR)  (S.D. ESTEIRANA)         15 (3 Penalti)*


3 CAMBON ALVAREZALEJO  (CORME C.F.)                                              14 (2 Penalti)

4 MATO CEREIJO,DANI  (SPORTING ZAS)                                                 13 (1 Penalti)


5 SOUTO CAMBRE, JAVI (C.D.BAIÑAS)                                                   11 (2 Penalti)

6 VAZQUEZ SENDON, ALEJANDRO (JANO)  (LIRA C.F.)                          10

7 RAMA LAGO PABLO (ESTEIRANA)                                                        10 

8 PICALLO PEREIRA, LEONCIO (U.C. CEE)                                               10 (2 Penalti)

9 FEREIRO SOUTO MARTIN(RUBIO) (SPORTING ZAS)                           9 (2 Penalti)

10 SANLI CAMBEIRO, ISMAEL  (LIRA C.F.)                                                  8

11 ANTELO LÓPEZ,JAVIER (CAMARIÑAS F.C)                                          8 (2 Penalti)

12 SIABA LEIS, ALEX (U.D. MONTE LOURO)                                             8 


13 MATO ROMAR, IVAN (U.D CERQUEDA)                                                 8 (2 Penalti) 

13 DIAME SOULEYMANE (CAMARIÑAS F.C)                                             8 

14 LAGO DIAZ, MANUEL LUIS (MAZARICOS C.F )                                          8

YANKY (VOLANTES DE BAÑO) este fin de semana marcaba 4
3ª AUTONOMICA

1 DE SOUSA OLIVEIRA, THIAGO  (VOLANTES DE BAÑO F.C.)               17 (1 Penalti)

2 CAAMAÑO CASTRO, CRISTIAN (S.D. AMEIXENDA)                               17 (1 Penalti)

3 BARREIRO MARCOTE, FELIPE (CAMELLE S.D)                                      15 (3 Penalti)

4 GONZALEZ FERNANDEZ, SAMUEL (VOLANTES DE BAÑO F.C.)          12

 5 BERMUDEZ CANDAMO, JOSE M.(YANKY)  (VOLANTES DE BAÑO F.C11 (1 Penalti) 

 6 MATA CAAMAÑO, ALBERTO (S.D. CASTRIZ)                                          11 (1 Penalti)

7 SANTOS DOMINGUEZ, JOSE Carlos (COTE) (U.D. CORCUBION)           9

LEMA LADO IAGO (U.D. CORCUBION)                                                     9 (2  Penalti)

9 PASTORIZA AMADO, DIEGO (C.D.NANTON)                                          9 (1 Penalti)

10 POSE RODRIGUEZ PABLO (CABANA S.D)                                                             8

11 LADO PIÑEIRO, SERGIO (OUTES)                                                               8 (1 Penalti)

12 RAMA SANTIAGO, SAMUEL (U.D. CORCUBION)                                     8 (2 Penalti) 


13 LEMA GARCIA, SAMUEL (S.D. LAXE)                                                     8 (2 Penalti)

14 GARCIA REBORIDO, FABIO (C.D.NANTON)                                                 

15 BAÑA TAJES, JOSE (WII) (C.F. PORTEÑO)                                                 7 (3 Penalti)

16 SANTAMARIA CANOSA, RODRI (U.D. CORCUBION)                                             7

17 LADO CASTIÑEIRA ESTEBAN (C.F. CASTRELO)                                                    7


* Deberían tener 1 Gol más de lo que marca esta Tabla de Goleadores, pero en las Actas de la Federación Gallega de Fútbol no aparece reflejado ese tanto. Y nuestros cómputos se regirán por los datos de la Federación Gallega.

viernes, 16 de marzo de 2018

BANCADA PREVIA

El lider e intratable MAZARICOS
MAZARICOS, TERRITORIO PARA GLADIADORES

Aqueles tolos romanos, que diría Astérix, nas grandes festividades daban en organizar torneos onde os gladiadores saltaban á area e deles só quedarían os máis fortes, os máis rápidos e os máis habilidosos. Algo así acontecerá este domingo en Mazaricos no enfrontamento co Corme, partido estelar da Liga da Costa e deses polo que se sacrifica con gusto a sesta dominical ou unha prolongada sobremesa familiar. O anfitrión pelexará por saír vivo e aínda máis no alto da táboa, mentres o visitante terá a ocasión perfecta para recurtar e seguir mantendo as espadas en alto. Que empecen a soar os claríns...porque o espectáculo está a piques de comezar. Onde están para festas tamén é en terras do Xallas, absolutamente volcados nunha xeira de vitorias que abraian a propios e estranos. Vencer a domicilio a todo un Arteixo non é algo baladí e toca desfrutalo. O Dumbría aguantou o tipo ata o último treito do partido diante do líder, pero finalmente un solitario gol deixóunos sen puntuar e con esa sensación agridoce de ver como se escurre a competición entre os dedos cada vez máis rápidamente. Xusto o contrario pasa en Fisterra, que non hai temporal que os tumbe nin vento que os dobre. Imparables en seguridade, confianza e autoestima dende que Noé goberna o timón do equipo, soñar xa parece algo máis que unha utopía. Onde tampouco queren perder a ilusión é en Baio e San Lorenzo, ambos sacando puntos importantes na arrolladora xornada pasada. Mentres o que chova sexan goles....que nunca escampe!.

Mataso (Dumbria)
PREFERENTE NORTE
O doce idilio que viven en XALLAS coa vitoria non parece ter fin. Vaino comprobar o BOIMORTO cando se achegue a Fontenla este domingo, onde vistos os números xalleiros, non alenta a vir moi tranquilos. Quen precisará tranquilidade e concentración vai ser o DUMBRÍA, despois da decepción da xornada pasada, na que fixo fronte ao líder, terá no RESIDENCIA unha boa oportunidade de redención e un bálsamo para esas feridas que non acaban de cicatrizar. Precisamente o líder, o temido POLVORÍN, tentará manter ese lugar de honra en SOFÁN, mais os locais porán todo o seu empeño e talento en desbaratarlles os plans e que os puntos e a vitoria, queden na casa.

ROBERTIN (SdFisterra) intenta irse de un jugador del San Lorenzo
PRIMEIRA GALICIA

Unha tarde de pedraceira, chuvia intensa e vento devastador, non foron quen de parar ao FISTERRA a semana pasada, vencedor do seu encontro contra o rival e contra os elementos. A visita a FLAVIA é complicada, pero os fisterráns son conscientes de que compiten contra calquera e calquer praza pode ser conquistada. O mesmo empeza a pensar o SAN LORENZO, que visitirá ao UNIÓN con moito en xogo e moito a gañar. Algo parecido vívese en BAIO, que terá ao BASTAVALES no Platas Reinoso para arrincar dunha vez cara arriba. Gañar xa é unha imperiosa necesidade. A placidez do SONEIRA non parece que vaia perigar indo a CHAIÁN, e leva xa varias xornadas marcando e goleando. Quizais aínda haxa tempo de botar a ilusión a voar.
El CORME tendrá este fin de semana un encuentro vital en Mazaricos
LIGA DA COSTA

Remata a transición dunha xornada suspendida polo temporal e que nos deixou sen encontros costeiros, pero que volve vestida para as grandes ocasións co MAZARICOS - CORME, partido de físico e cabeza, de potencia e estratexia. A mestura augura unha desas tormentas perfectas difíciles de esquecer. O CEE ten na visita do colista OUTES, a esperanza de seguir escalando posicións que o afasten desas temidas dúas prazas finais, aínda que nin iso certificaría a permanencia, polo que este encontro pasa necesariamente por sumar e saír vitoriosos. O MUXÍA - BAÍÑAS é outro deses partidos de altos vóos, cos de Vimianzo a expectativa do que aconteza co líder, o único equipo que teñen por enriba na clasificación. Noutro encontro de emocións, o CERQUEDA - PONTECESO pode dar novas posicións na táboa, pois só están separados por dous puntos. O MONTELOURO xa agarda ao ZAS para retomar esa xeira vitoriosa que se víu interrompida inesperadamente, pero á que farán todo o posible por voltar canto antes. O CAMARIÑAS - BUÑO será un choque de supervivencia, cos da casa necesitados de puntos como de respirar, e cos oleiros nunha relativamente cómoda posición que tentarán non perder. A ESTEIRANA non tira a toalla e recibirá ao MALPICA con toda a ansia de gañar como sexa. Todo menos perder ese tren de cabeza que cada semana custa máis manter. CORISTANCO e LIRA pedirán que chova...pero goles. Os dous precisan ratificar posicións e escapar de perigos inminentes.

Imagen de un Ameixenda y Cabana que siguen en la lucha por esos puestos para la Fase
TERCEIRA da COSTA

O MUROS ferve porque chegue xa o seu encontro fronte ao CORCUBIÓN e poida proclamarse por fin equipo de Segunda. Os corcubioneses non teñen vocación de reises magos e non van con intención de agasallar, pero os muradáns queren ascenso e festa e vanse deixar a pel para que tal aconteza. CAMELLE e CABANA tamén están dispostos a que non falte a emoción no seu choque, un por enriba do outro a só dous puntos. Situación similar a do SEAIA - PORTEÑO, pero en zonas baixas da clasificación. O CASTRIZ recibirá ao NANTÓN agarrado a esa sexta praza que o mantén en postos de fase de ascenso e tentará mantela con unllas e dentes. Exactamente o mesmo que o LAXE, que terá na visita do AMEIXENDA a un equipo que loita polos mesmos obxectivos. O OUTES - VOLANTES non pasa de puro trámite, cuns no furgón de cola, e outros xa noutra categoría.

La portera Julia y la Capitana Antia en el encuentro frente al Betanzos
FÚTBOL FEMININO

O temporal tiña nome de home....pero o vendaval foi feminino. Tanto as combativas MIÚDAS coma o BERGANTIÑOS sumaron tres e tres a domicilio. As mozas do Bergan golearon 0-4 ao Orzán SD B, e esta vindeira xornada recibirán a outro Orzán, neste caso ao DEP. ORZÁN, segundo clasificado que porá as cousas moi difíciles. Pero Gueli sabe que as súas xogadoras son capaces de gañar a calquera e iso tentará transmitirlles. As de Muros andan exultantes despois do 0-2 diante do Carreira e terán na visita do UNIÓN a posibilidade de dar un salto na clasificación, pois están empatadas a puntos. Apaixonante xornada a que nos agarda con elas!.

Dulce (La artista de esta Grandísima Previa)

miércoles, 14 de marzo de 2018

DENDE A FIN DO MUNDO


1 DE XULLO 1979: BOICOT


Resulta curioso como o simple feito de sentarse a tomar un viño en calquera dos bares de Fisterra garda tras de si outra desas historias con tintes surrealistas ou con matices de realismo máxico, que ben poidera levar a sinatura de Gabriel García Márquez.


Bueno, carallo, bueno, xa está este esaxerando, pensaredes... Pois si, babitas, si!


Ou acaso pode alguén asegurar que se aquel partido transcorrera dun xeito diferente a como realmente aconteceu, o viño en Fisterra ía ser o mesmo que o que se serve hoxe en día?


Ninguén que coñeza minimamente a historia o pode asegurar e para iso hai que remontarse a case corenta anos atrás, concretamente, ó 1 de xullo do ano 1979.


Por aquel entón, Fisterra comezaba a dar os primeiros pasos na recén estreada democracia. Facía xa máis dunha década dende a chegada dos miños, arte de pesca que moito tivo que ver coa bonanza económica deses anos, e bares como o Carloto, o Delfín, a Frontera, a “Jalleja", o Bar Cambeiro ou o Nueva York, entre outros, gozaban de boa saúde servindo Mirindas, Pepsis, viño Coes e de barril.


No mundo occidental, o capitalismo xa estaba máis que afianzado. As oportunidades no país aumentaban, aínda que na nosa comarca, sempre tan reticente ós cambios, había negocios que se mantiñan inmutables ó paso do tempo. Un deses negocios era o da distribución do viño na nosa vila, que dende había moitos anos corría a cargo da empresa ceense O Carballino.


Dábase a curiosa circunstancia que o encargado desa empresa, Manolo do Carballino, exercía tamén como presidente do Unión Clube Cee.


Durante ese verán de 1979 tería lugar a XVI edición da Copa da Costa, enfrontando nunha das semifinais ó Unión Clube Cee e a S.D. Fisterra. Os da vila da Xunqueira tiña un equipazo, non en van eran os campións da edición anterior. O Fisterra, pola súa parte, contaba coa segunda xeración de xogadores federados, xeración que co tempo demostraría ser unha das mellores, se non a millor, de tódolos tempos do clube. Tratábase en definitiva, dunha eliminatoria impoñente.


No vello campo de Raíces, o día do partido de ida, non cabía un alfiler. O partido foi moi brusco e tenso, rematando de maneira moi accidentada cun resultado de 2-2.


A xente de Fisterra alí presente clamaba contra a actuación arbitral. E se iso fora pouco, ó rematar o encontro, parece ser que o árbitro cubriu a acta no bar do Carballino, polo menos iso foi o rumor que correu como a pólvora por Fisterra. Dita acta reflexaba as expulsións de varios xogadores que non tiveran ningún percance no terreo de xogo. Este feito crispou aínda máis os ánimos das fisterranas e dos fisterráns. Había que tomar a xustiza pola man... E tomouse.


Dende ese día ningún bar de Fisterra lle collería mercancía a Manolo do Carballino.


Este feito chegou a oídos de Manel, un xove rapaz tamén de Cee que comezaba no negocio da distribución de bebidas. Este, tras facer unhas chamadas e mover algúns contactos, plantouse ó día seguinte en Fisterra cun obxetivo claro: Buscar a un tal Pepito Maletas.


O señor José Calvo Quintas, alias Pepito do Barbeiro ou máis coñecido, se cabe, como Pepito Maletas, que na actualidade conta con 91 anos de idade, foi o encargado de levar a Manel por tódolos bares da vila presentándolle ós donos dos mesmos:


"A partires de hoxe, o viño hai que collerllo a este rapás".


Dito e feito. Dende aquel día, as ventas do Carballino en Fisterra reducíronse de maneira moi ostensible.


Cómpre dicir, que aquel plantel consegiu pasar á final e derrotar nela ó Corcubión, acadando así a súa primeira Copa da Costa.


Na actualidade e debido a que o acontecido naquel partido de fútbol abriulle as portas, a empresa Distribuciones Guimareu S.L. é unha das principais suministradoras de viño, cervexa e refrescos que operan en Fisterra.


Curiosamente, non hai moito coincidín con Manel nunha comida. Despois de falar sobre varios temas, comentoume que se enterara de que a A.C.D. Rapacollón´s Big Band organizara o ano pasado o "I Entroido de Verán" e que non o avisaramos para a xestión da barra. Eu expliqueille que ese tema era cousa do clube, ó que el me constestou cun distraído:


"Ah, vale... xa moverei algún contacto, logo".


Asique, iso, se nestes meses vindeiros volvedes ver no camión de Guimareu a Manel acompañado de Pepito Maletas, non vos estranedes. Coñécense de vello e sempre fixeron bos negocios xuntos.

Texto escrito por GABRIEL RIVEIRO (BEBETO)