miércoles, 28 de febrero de 2018

DENDE A FIN DO MUNDO

OS DOUS DE SEMPRE

Hai algo máis dun ano, na presentación do libro "50 anos da historia do fútbol da Costa", de Xosé María Lema e Chema Rei, o alcalde abría o acto no salón de plenos de Fisterra cunha reveladora teoría sobre a máis que contrastada calidade futbolística que emana, ano tras ano, na nosa vila.
Pepe, cun tono serio e pausado, manifestou ter lido un estudo recente da prestixiosa Universidade de Oxford, onde uns científicos ingleses descubriran a razón pola cal en Fisterra dase unha maior concentración de futbolistas, e cun nivel superior, que no resto de Galicia.
Nese estudo, aseguraba o alcalde, comprobouse que todos os grandes xogadores da historia de Fisterra posuían un xen modificado que lles confiría unhas habilidades especiais para a práctica do deporte rei. Esta mutación xenética, segundo os ingleses, viña producida por un alcaloide chamado "matina", presente única e exclusivamente na herba do mate, producto moi consumido en Fisterra, sobre todo polas mulleres, e importado dende ese país irmán que está ó outro lado do Atlántico, A Arxentina. Tamén se comprobou que a matina só causa modificación xenética se se transmite de nai a fillo.

Por fin, pensaba eu mentres o escoitaba, unha explicación científica a esta condición innata dos futbolistas fisterráns. Claro, agora todo encaixaba: M de mate, M de Maradora...M de Maní e M de Miculita.

Maní e Miculita, Miculita e Maní. Sen lugar a dúbidas, dous dos máis grandes expoñentes, non só do fútbol fisterrán, se non de toda a historia do fútbol da Costa. Dous curmans dos que todo o mundo está de acordo en asegurar que, de estar activos hoxe en día, ben poderían militar nas categorías superiores do fútbol español. Criáronse xuntos, sempre foron amigos e ámbolos dous compartían a circunstancia de que varios dos seus irmáns maoires xogaban na SD Fisterra dos anos sesenta.

Neses anos, era moi frecuente que eles acompañaran os seus irmáns nos desplazamentos do equipo. Foi nun deses viaxes onde tivo lugar unha curiosa anécdota entre ambos.

A Ponte do Porto nun día de festa. Partido amistoso entre o Porteño e a SD Fisterra. Miculita e Maní, dous rapaces que non superaban os 15 anos de idade, despois de presenciaren o partido, baixaban do campo de fútbol. Na metade do camiño atopáronse cun rapaz maior e moito máis corpulento ca eles, que os ameazaba cunha actitude desafiante. Lonxe de amedrentarse, Miculita achegue a Maní e susurroulle ó oído:

- Oistes.... Nós con este ben podemos, eh. Vamos faser unha cousa. Cando conte ata tres, ti tíraste ós seus pés, e cando esteades no chan, vou eu e xa o remato.

a Maní o plan pareceulle perfecto, asique púxose en posición e agardou, expectante, a conta do seu curmán.

-Unha,duas...tres!!!
Ó escoitar o fin da conta, Maní tirouse de cabeza cara as pernas daquel "homaso", derribandoo no momento. Agora só faltaba que aparecese Miculita e mallara nel para darlle un bo escarmento. Perooo, Miculita non apareceu. Dende o chan, Maní mirou cara atrás para ver o que pasaba e cal foi a súa sorpresa cando viu que Miculita escapaba correndo costa abaixo, afastándose do lugar. E claro, o que veu despois xa o supoñedes... aquel neno da Ponte do Porto repúxose, e Maní levou semellante quenta que aínda hoxe en día lémbrase dela.

Uns intres despois, Maní chegou chorando ó autobús do Fisterra e contoulle todo o acontecido ó mítico "Negro", irmán maior de Miculita. Este, moi enoxado co que estaba a escoitar, non dubidou en ir na procura do seu irmán pequeno e aplicarlle tamén un serio correctivo.

Ó final, o conto saiulle furado a Miculita. Por que escapar do rapaz aquel,escapou... Pero eu non sei que sería mellor, unha dura pelexa con ese neno maior ou unha boa labazada do Negro.

En fin, cousas de nenos...Cómpre dicir que Miculita e Maní seguen sendo unha dupla inseparable e é habitual velos pasear polo peirao de Fisterra, como din que fan Messi e Luis Suárez polas rúas de Barcelona, que mira ti por onde, tamén toman mate.


martes, 27 de febrero de 2018

TROFEO MAIS DEPORTE a los Máximos Goleadores en sus respectivas Ligas (PREFERENTE - 1ª - 2ª y 3ª AUTONOMICA

TROFEO  MAIS   DEPORTE

MAXIMOS GOLEADORES

PREFERENTE  NORTE
Adrian López (MAKAAY) (Dumbria) volvía a ver puerta este fin de semana y ya lleva 7
                                  Goles

1 LOPEZ MOURE, JULIAN (XALLAS F.C.)                                 8 (1 de penalti)

2 BLANCO GARCIA, ALEJANDRO  (ALEX)  (XALLAS F.C.)    7 (2 de penalti)

3
 LOPEZ LOPEZ, ADRIAN (MAKAAY)  (C.F. DUMBRIA)          7 (1 de penalti)* 

4 FERNANDEZ GARCIA, JOSE LUIS  (S.D. SOFAN)                  6 (5 de penalti)


5 LADO FORMOSO, JUAN (JUAN DE DORA)  (S.D. SOFAN)    6

6  VIDAL ARES, FABIAN (S.D. SOFAN)                                     5 

7 QUINTELA BECERRA,
ADRIAN (S.D. SOFAN)                      5 

8 LOPEZ PEREZ JESUS (YUYO) (C.F. DUMBRÍA                   5

 EIBE FANDIÑO, JACOBO  (S.D. SOFAN)                                4 (1 de penalti) 

10 
MARCOTE TRABA JOSE  (C.F. DUMBRIA)                             4

11 TRILLO RODRIGUEZ, KEVIN  (XALLAS F.C)                        4
BASTI (Soneira) , no conseguía marcar este fin de semana pero sigue liderando la clasificación
1ª AUTONÓMICA

PARAFITA POMBO, IVAN  (S. D. SAN LORENZO)        9

2 DE LA SIERRA SUAREZ, BASTI  (SONEIRA S.D.)         9 

DIAZ CANCELA, SANTI  (C.D. BAIO)                             7


LEMA VALIÑA, ADRIAN(PICHI)  (SONEIRA S.D.)        7

5 FUENTES SANTOS, MARTIN (MC)  (C.D. BAIO)           6

6 VARELA GESTO, DIEGO  (S. D. SAN LORENZO)       5

AGULLEIRO DOMINGUEZ, VICTOR  (S.D. FISTERRA)   6 (1 de penalti)  

8 ROMERO SILVA, BRUNO  (SONEIRA S.D.)                   5

PEREZ TRILLO, RODRIGO (ROA)  (S.D. FISTERRA)   5

10 VARELA GESTO, DIEGO (S.D. SAN LORENZO)         

LEO PICALLO (Cee) un nuevo gol para el INAGOTABLE jugador
2ª AUTONOMICA

MUIÑO RAMOS, PABLO  (C.D. BAIÑAS)                                                   22

2 LAGO RAMA ROBERTO (ROBERT PLADUR)  (S.D. ESTEIRANA)         14 (2 Penalti)*


3 CAMBON ALVAREZALEJO  (CORME C.F.)                                              13 (2 Penalti)

4 MATO CEREIJO,DANI  (SPORTING ZAS)                                                 12


5 SOUTO CAMBRE, JAVI (C.D.BAIÑAS)                                                   10 (2 Penalti)

6 VAZQUEZ SENDON, ALEJANDRO (JANO)  (LIRA C.F.)                          10

7 RAMA LAGO PABLO (ESTEIRANA)                                                        10 (2 Penalti)

8 PICALLO PEREIRA, LEONCIO (U.C. CEE)                                               10

9 FEREIRO SOUTO MARTIN(RUBIO) (SPORTING ZAS)                           9 (2 Penalti)

10 SANLI CAMBEIRO, ISMAEL  (LIRA C.F.)                                                  8

11 ANTELO LÓPEZ,JAVIER (CAMARIÑAS F.C)                                          8 (2 Penalti)

12 SIABA LEIS, ALEX (U.D. MONTE LOURO)                                             8 


13 MATO ROMAR, IVAN (U.D CERQUEDA)                                                 8 (2 Penalti) 

13 DIAME SOULEYMANE (CAMARIÑAS F.C)                                             8 

14 LAGO DIAZ, MANUEL LUIS (MAZARICOS C.F )                                          8

MATA (Castriz) sigue en la lucha por ese Trofeo patrocinado por MÁIS DEPORTE CEE
3ª AUTONOMICA

1 DE SOUSA OLIVEIRA, THIAGO  (VOLANTES DE BAÑO F.C.)               14 (1 Penalti)

2 CAAMAÑO CASTRO, CRISTIAN (S.D. AMEIXENDA)                               14 (1 Penalti)

3 BARREIRO MARCOTE, FELIPE (CAMELLE S.D)                                      11 (2 Penalti)

MATA CAAMAÑO, ALBERTO (S.D. CASTRIZ)                                          11 (1 Penalti)

5 GONZALEZ FERNANDEZ, SAMUEL (VOLANTES DE BAÑO F.C.)          10

6 SANTOS DOMINGUEZ, JOSE Carlos (COTE) (U.D. CORCUBION)           9

LEMA LADO IAGO (U.D. CORCUBION)                                                     9 (2  Penalti)

8 PASTORIZA AMADO, DIEGO (C.D.NANTON)                                          8 (1 Penalti)

9 LADO PIÑEIRO, SERGIO (OUTES)                                                               8 (1 Penalti)

10 RAMA SANTIAGO, SAMUEL (U.D. CORCUBION)                                     8 (2 Penalti)

11 LEMA GARCIA, SAMUEL (S.D. LAXE)                                                      7 (2 Penalti)

12 BAÑA TAJES, JOSE (WII) (C.F. PORTEÑO)                                                 7 (3 Penalti)

13 SANTAMARIA CANOSA, RODRI (U.D. CORCUBION)                                             7

 14 POSE RODRIGUEZ PABLO (CABANA S.D)                                                             7

15 LADO CASTIÑEIRA ESTEBAN (C.F. CASTRELO)                                                    7


* Deberían tener 1 Gol más de lo que marca esta Tabla de Goleadores, pero en las Actas de la Federación Gallega de Fútbol no aparece reflejado ese tanto. Y nuestros cómputos se regirán por los datos de la Federación Gallega.

viernes, 23 de febrero de 2018

BANCADA PREVIA

VENCER OU MORRER NO INTENTO


Corre o tempo cara atrás para varios equipos esta xornada, e agoniza para outros que quizais xa cheguen tarde a unha hipotética salvación. Pero din que mentres hai vida e unhas matemáticas que aínda cadren as contas, hai esperanza. Auténticas finais tanto nas zonas inferiores como nas superiores das táboas, vannos a deparar unha fin de semana de fútbol para a emoción e o desfrute. Un momento no que moitos equipos precisarán máis que nunca dos seus afeccionados...porque os tres puntos comezan a sumarse en canto se enche a bancada.
Diego Cespón del Dumbria ante un rival
PREFERENTE NORTE

O DUMBRÍA viaxa a OUTEIRO DE REI para enfrontarse ao único equipo que ten por debaixo na clasificación, nun encontro digno das traxedias de Lorca. ¡Ai, que terribles cinco da tarde!, pois ese taurino horario do poema lorquiano será no que salten á area os dumbrieses, presos de todas as súas urxencias e incertezas, pero aínda vivos e palpitantes.
O XALLAS, pola contra, vive unha lúa de mel que non parece ter fin. A súa visita ao CASTRO non semella un paseo dominical, pois están moi ben situados uns postos máis arriba e poñen as cousas difíciles a quen trate de asaltar o seu fortín. Mais o XALLAS está nese punto en que non se coñece o temor, confiados e seguros, creen en si mesmos e sábense capaces de todo. A mentalidade positiva tamén suma.

Mentres, o SOFÁN ten unha moi boa ocasión na súa visita a BOIMORTO para escalar algún peldaño na táboa clasificatoria, pois os dous están empatados a puntos. O gran resultado da semana pasada fronte a un boísimo rival ten que prolongar o seu efecto e server para que aspire a mirar cara arriba.

PRIMEIRA GALEGA

Encontros moi dispares para os nosos representantes nesta categoría, pois o FISTERRA, por exemplo, recibirá ao SILLEDA, un dos colistas, mentres o BAIO terá que baterse nada menos que contra o líder e a domicilio. Os fisterráns apuran o seu bo momento e só cabe sumar o sexto partido sen perder para non caerse do tren desa anhelada salvación. Os baieses en AGOLADA non van atopar agasallo de ningún tipo, e precisarán moito esforzo e sorte para sacar algo positivo. Pero hai que xogar e nada está perdido de antemán. O SONEIRA ten ocasión de cicatrizar as feridas da derrota da semana pasada coa visita do AT. RIVEIRA, en postos de descenso. Non caben máis erros se se quere manter algunha aspiración de cara os postos de arriba da taboa. O SAN LORENZO, aínda nese momento doce despois dunha gran vitoria como a da semana pasada, visita SIGÜEIRO nun choque que pode ser igualado e permita aos de Verdillo seguir soñando con escapar da queima.

Encuentro Fisterra - San Lorenzo
LIGA DA COSTA (2ª AUTONOMICA)

Toda a atención situada nese BAIÑAS - ESTEIRANA- que se desputará entre lusco e fusco, xa ás seis e cuarto da tarde. Un encontro que fará mudar posicións, pois ambos están a só dous puntos e que se xogará coma unha finalísima, con toda a emoción de dous equipos ofensivos que darán ese espectáculo que os afeccionados da Liga da Costa tan ben coñecen. Outras ansias de vitoria teñen tamén equipos coma o CEE, necesitados imperiosamente de tres puntos ante un CERQUEDA moi ben situado na táboa que buscará sumar e seguir subindo. O CORME - MONTELOURO do Cairo promete decibelios, outro encontro nas alturas cos de Óscar Leis absolutamente entregados a unha competición que cada domingo os ascende un pouquiño máis ao ceo dos mellores da competición. Pero de momento, no alto dese ceo atópase o MAZARICOS, que xogará en BUÑO cun ollo posto no Municipal de Vimianzo, pois segundo o resultado alí, pode saír aínda máis reforzado en caso de gañar o seu partido. O MUXÍA recalará en OUTES e tentará prolongar as boas sensacións do domingo pasado, e o LIRA - MALPICA, empatados a puntos promete ser outro dos encontros que calquer afeccionado daría prioridade para ir ver e desfrutar. CAMARIÑAS e CORISTANCO nadan en augas profundas e buscarán por todos os medios coller aire e saír a superficie nos seus encontros en ZAS e PONTECESO, respectivamente.
Encuentro Mazaricos - Buño
TERCEIRA GALEGA

O líder VOLANTES DE BAÑO viaxa a NANTON con toda idea de manter a súa vantaxe sobre os seus veciños e perseguidores do MUROS, que reciben ao SEAIA. o CABANA e o CAMELLE, instalados na parte de arriba, teñen como rivais aos últimos clasificados, o OUTES B que viaxará a terras cabanesas, e o CASTRELO que recibirá aos de Man. Un LAXE - PORTEÑO que promete igualdade e un CORCUBIÓN impreciso que non acabou de dar o salto que se lle presupoñía, recibirá ao CASTRIZ nun partido no que todo pode pasar.
Imagen de un Volantes de Baño - Castrelo
Redacción: DULCE

miércoles, 21 de febrero de 2018

DENDE A FIN DO MUNDO




A VELLA E O FÚTBOL

Esta historia contouma Coné e, aínda que esta información non garde moita relación co que vou contar a continuación, cómpre dicir que foi un dos xogadores que militou na S.D. Fisterra nos anos sesenta, formando na escadra da fin do mundo, antes de que existise a Liga da Costa, durante a fundación da mesma e exercendo nela como capitán da S.D. durante moitas tempadas daquela década.

Hai xa uns oito ou nove anos, como tódalas tardes por aquel tempo, Coné dirixíase á que fora súa casa na infancia, situada pola Rúa de Arriba e moi preto do Restaurante "Os Tres Golpes", para darlle a merenda a súa nai, a señora "Carmen da Conexa", que aínda alí vivía. Unha muller xa moi anciá que, debido a súa avanzada idade, dependía para case todo dos coidados do seu fillo.

Nesas mesma rúa, vivía e vive, un rapaz chamado Rodrigo, que por aquel entón contaba cuns seis ou sete anos de idade. Na actualidade, caprichosas casualidades do transcurso inexorable do tempo, Rodrigo tamén defende as cores da SD Fisterra (polo momento no equipo xuvenil) e no mesmo Ara-Solis no que o facía Coné hai cincuenta anos.
Esa tarde, Rodrigo estaba a xogar na porta da súa casa cando alguén chamou a súa atención. Era Coné, que viña camiñando pola rúa rumbo á casa da súa nai.

A donde vas, Coné?- Preguntou con curiosidade o neno.

Eló, Rodrigo! Voulle dar a merenda a miña nai...- Contestoulle éste divertido.

O rapaz, tras interpretar estas palabras e comprender o que ía suceder a continuación, deixou os seus xogos con présa e achegouse á fiestra da cociña da señora Carmen. Dende alí fóra, e cas mans apoiadas nas reixas que a protexían, observaba con infantil expectación como Coné sentaba a súa nai nunha cadeira e dispoñíase a darlle a merenda: unha pezas de fruta e un iogur.

Foi nese intre, cando o neno, despois de permanecer absorto uns minutos contemplando a acción que estaba a acontecer no interior da cociña, comezou cas súas preguntas:

Coné...

Qui fui?

Por que lle das fruta a túa nai?

Porque hai que alimentarse, porque a fruta alimenta muito, porque é moi boa para a saúde...

O rapaz non quedou moi convencido ca resposta e volveu á carga:

E por que lle das iogur?

Coné, contestáballe con paciencia a cada pregunta:

Porque o iogur ten calcio...

E iso é bo?

Claro que é bo! O iogur é moi bo para os ósos, para xogar ó fútbol...

Ó escoitar isto, Rodrigo, exclamou:

Si ho! A vella vai xoghar ó fútbol polo carallo!

NOTA: Hoxe en día, Rodrigo é un dos referentes nunha das tres comparsas que concursan na actualidade no entroido de Fisterra. A dos "Trotamúsicos". Sempre apuntou maneiras...

martes, 20 de febrero de 2018

TROFEO MAIS DEPORTE a los Máximos Goleadores en sus respectivas Ligas (PREFERENTE - 1ª - 2ª y 3ª AUTONOMICA

TROFEO  MAIS   DEPORTE

MAXIMOS GOLEADORES

PREFERENTE  NORTE
MARCOTE a pesar de su lesión sigue entre los 10 Max. realizadores
                                  Goles

1 LOPEZ MOURE, JULIAN (XALLAS F.C.)                                 7 (1 de penalti)

2 BLANCO GARCIA, ALEJANDRO  (ALEX)  (XALLAS F.C.)    7 (2 de penalti)

3 FERNANDEZ GARCIA, JOSE LUIS  (S.D. SOFAN)                  6 (5 de penalti)


4 LADO FORMOSO, JUAN (JUAN DE DORA)  (S.D. SOFAN)    6

5    LOPEZ LOPEZ, ADRIAN (MAKAAY)  (C.F. DUMBRIA)          6 (1 de penalti)*


6 LOPEZ PEREZ JESUS (YUYO) (C.F. DUMBRIA                   5 


7 EIBE FANDIÑO, JACOBO  (S.D. SOFAN)                                4 (1 de penalti)

8
 MARCOTE TRABA JOSE  (C.F. DUMBRIA)                             4 

9 VIDAL ARES, FABIAN (S.D. SOFAN)                                     4

10 TRILLO RODRIGUEZ, KEVIN  (XALLAS F.C)                        4
PICHI ( Soneira)
1ª AUTONÓMICA

1 DE LA SIERRA SUAREZ, BASTI  (SONEIRA S.D.)         9

DIAZ CANCELA, SANTI  (C.D. BAIO)                             7

PARAFITA POMBO, IVAN  (S. D. SAN LORENZO)        7

4 AGULLEIRO DOMINGUEZ, VICTOR  (S.D. FISTERRA)   6 (1 de penalti)

5 FUENTES SANTOS, MARTIN (MC)  (C.D. BAIO)           6

6 VARELA GESTO, DIEGO  (S. D. SAN LORENZO)       5

7 ROMERO SILVA, BRUNO  (SONEIRA S.D.)                   5

8 RODRIGUEZ GOMEZ, MARIO  (S. D. SAN LORENZO)    4 (1 de penalti)

9 LEMA VALIÑA, ADRIAN(PICHI)  (SONEIRA S.D.)          4

10 PEREZ TRILLO, RODRIGO (ROA)  (S.D. FISTERRA)    4

11 FERNANDEZ LAGO, AARON (SONEIRA S.D)              4 
ISMA del LIRA 
2ª AUTONOMICA

MUIÑO RAMOS, PABLO  (C.D. BAIÑAS)                                                   21

2 LAGO RAMA ROBERTO (ROBERT PLADUR)  (S.D. ESTEIRANA)         14 (2 Penalti)*


3 CAMBON ALVAREZ, ALEJO  (CORME C.F.)                                              13 (2 Penalti)

4 SOUTO CAMBRE, JAVI (C.D.BAIÑAS)                                                   10 (2 Penalti)

5 VAZQUEZ SENDON, ALEJANDRO (JANO)  (LIRA C.F.)                          10

6 MATO CEREIJO,DANI  (SPORTING ZAS)                                                 10

7 RAMA LAGO PABLO (ESTEIRANA)                                                        10 (2 Penalti)

8 FEREIRO SOUTO MARTIN(RUBIO) (SPORTING ZAS)                           9 (2 Penalti)

9 PICALLO PEREIRA, LEONCIO (U.C. CEE)                                                9

10 SANLI CAMBEIRO, ISMAEL  (LIRA C.F.)                                                  8

11 ANTELO LÓPEZ,JAVIER (CAMARIÑAS F.C)                                          8 (2 Penalti)

12 MATO ROMAR, IVAN (U.D CERQUEDA)                                                 8 

13 SIABA LEIS, ALEX (U.D. MONTE LOURO)                                             8

14 LAGO DIAZ, MANUEL LUIS (MAZARICOS C.F )                                          8

DIEGO PASTORIZA (NANTON)
3ª AUTONOMICA

1 DE SOUSA OLIVEIRA, THIAGO  (VOLANTES DE BAÑO F.C.)               14 (1 Penalti)

2 CAAMAÑO CASTRO, CRISTIAN (S.D. AMEIXENDA)                               14 (1 Penalti)

3 BARREIRO MARCOTE, FELIPE (CAMELLE S.D)                                      11 (2 Penalti)

MATA CAAMAÑO, ALBERTO (S.D. CASTRIZ)                                          11 (1 Penalti)

5 GONZALEZ FERNANDEZ, SAMUEL (VOLANTES DE BAÑO F.C.)          10

6 SANTOS DOMINGUEZ, JOSE Carlos (COTE) (U.D. CORCUBION)           9

LEMA LADO IAGO (U.D. CORCUBION)                                                     9 (2  Penalti)

8 PASTORIZA AMADO, DIEGO (C.D.NANTON)                                          8 (1 Penalti)

9 LADO PIÑEIRO, SERGIO (OUTES)                                                               8 (1 Penalti)

10 RAMA SANTIAGO, SAMUEL (U.D. CORCUBION)                                     8 (2 Penalti))

11 LEMA GARCIA, SAMUEL (S.D. LAXE)                                                      7 (2 Penalti)

12 BAÑA TAJES, JOSE (WII) (C.F. PORTEÑO)                                                 7 (3 Penalti)

13 SANTAMARIA CANOSA, RODRI (U.D. CORCUBION)                                             7


* Deberían tener 1 Gol más de lo que marca esta Tabla de Goleadores, pero en las Actas de la Federación Gallega de Fútbol no aparece reflejado ese tanto. Y nuestros cómputos se regirán por los datos de la Federación Gallega.