miércoles, 5 de agosto de 2020

A COSTA MÍTICA - OS IRMÁNS CAMUEL (CAMARIÑAS)

IRMÁNS CAMUEL


Coma en tantas familias galegas, ás veces os nomes propios pasan a un segundo plano, e son os alcumes da casa os que cobran todo o protagonismo. José e Mario Pasantes García non foron diferentes niso, e ambos acabaron nomeados coma "Camuel" por onde queira que pasaron, dentro e fóra do seu Camariñas natal, onde o talento futbolístico non é nin moito menos algo excepcional, senón unha norma non escrita que deu vida a varios dos nosos mellores e máis representativos xogadores.


José e Mario pisaron céspede no propio territorio, coma en todos os comezos, Porteño, Laxe, Camariñas... antes da aventura itinerante que os levaría por boa parte de Galicia no caso de José, e por media España no de Mario. Ambos viviron a súa etapa no Real Club Deportivo da Coruña e no Lugo, sobre todo neste último, no que os dous estiveron varias tempadas, mentres a etapa en Riazor foi moito máis breve. Os Camuel, centrocampista e dianteiro centro, convertíronse moi cedo en ídolos da súa orgullosa vila, pero tamén en admiradas e codiaciadas pezas de diferentes equipos. O maior, Lemos, Ordes e Fabril, para rematar novamente nun Lugo no que consumou a despedida do fútbol profesional para voltar á casa, a un Hermanas Patiño que o agardaba cos brazos abertos.





 Xogador, xogador - adestrador e finalmente técnico, entregado ao clube que sempre foi a súa casa. Mario, en cambio, transitou outros campos, coma o do Sporting Xixón, onde foi fixo do equipo filial varios anos, para despois pasar polo Palencia e retornar ao Molinón, onde tivo ocasión de desputar algún partido co primeiro equipo, aínda que acabou rematando esa tempada no Xaén, onde marcou once goles desputando só a metade de partidos da competición. Os dous Camuel eran de fino olfato goleador, e os dous saboreaban especialmente eses momentos, sobre todo Mario, que sendo dianteiro consideraba que esa aportación era indispensable. Tras pasar polo Depor, recalou no Granada, para embarcarse despois a Alzira, onde estivo ata o inicio da década dos noventa. España de Norte a Sur e de Este a Oeste, o nome de Camuel paseou por clubes e campos deixando a impronta da bravura do fútbol costeiro, do carácter e da calidade que aquí vemos nacer. Irmáns que fixeron do gol un oficio, un espectáculo que perseguir por todos eses lugares onde os desfrutaron. Camuel I e Camuel II....distintos pero que se funden en un só cando se trata de lembrar as grandes figuras do noso universo futbolístico.








No hay comentarios:

Publicar un comentario