"E UN EXEMPLO PARA TODOS QUE AS MULLERES FORMEN PARTE DOS EQUIPOS DE FÚTBOL IGUAL QUE OS HOMES". ![]() |
Presidenta do SAN LORENZO DE VERDILLO |
--Que atopas diferente en dar o paso de formar parte da diretiva a presidila?
Diferencias non atopo xa que realizo o mesmo traballo que antes de ser a presidenta.
![]() |
Foto facebook San Lorenzo - 11 inicial desta Tempada |
Poderiamos estar en mellor posición, está claro. Pero a Liga esta comezando aínda e queda moita tempada para ir mellorando e ascendendo postos.
--O San Lorenzo este ano tivo baixas importantes. Foi difícil formar equipo?
E certo que este ano houbo baixas moi importantes, pero tamén se recuperou a xente da casa que marcharan, e unha cousa compensa a outra.
O único que se precisa son gañas de traballar e paixón polo equipo. Creo que é un exemplo para todos que as mulleres formen parte dos equipos de fútbol tanto como os homes.
--O San Lorenzo é un clube que sempre compite nos postos altos da táboa. Este ano está custando algo máis pero, ti velo con posibilidades?.
Sen dúbida ningunha. Houbo cambios e estanse adaptando uns ós outros, pero seguro que de aquí a final de Liga estarán en boa posición.
![]() |
Imaxe do encontro fronte o Ameixenda (Foto Facebook San Lorenzo) |
Na casa tiven o apoio todo cando dixen que ía coller eu o equipo, xa que non quería que desaparecera. Para min é especial o equipo enteiro, e vivo todos os partidos de maneira especial xogue o meu fillo ou non.
![]() |
DANI FUENTEFRIA no encontro fronte o Fisterra a Tempada pasada |
De momento non. Xa custa moito manter dous equipos.
![]() |
Equipo Xuvenil (Foto Facebook San Lorenzo) |
A xente que ven sempre ó campo si que valora o traballo que se realiza polo clube, e agradécese moito ese apoio e os ánimos que recibimos.
--Sodes un dos pouquísimos clubes cunha delegada de campo. Atopades algún atranco durante os partidos con árbitros ou afeccións rivais?.
No que levamos de Liga foi tratada como unha máis, non houbo discriminación de ningún tipo porque fora muller. O respecto debe estar sempre presente independentemente de ser home ou muller.
--O momento máis feliz que teñas vivido co San Lorenzo.
Houbo moitos momentos pero sen dúbida o ascenso, xa que levabamos tres anos tentando subir a Primeira Rexional,e a terceira vez, por fin foi a vencida.
--Gustaríache retornar o equipo á Primeira?.
Polos xogadores e a afección, sí. Pero económicamente non podemos.
![]() |
Plantilla do SAN LORENZO que Ascendeu a Primeira Autonomica |
No hay comentarios:
Publicar un comentario