" O primeiro que proporía sería unha educación feminista cara os deportes".
![]() |
Antía en uno de los encuentros de la temporada pasada |
Antía Rey Abeijón (21-01-2001, Esteiro), teno así de claro. Sabe o que é ser mulller e competir nun mundo tan masculinizado coma o fútbol, onde a atención mediática, as remuneracións económicas ou algo tan básico coma adestramentos ou desprazamentos distan un abismo entre ambos xéneros. O que perde é o feminino, por suposto. Capitana de As Miúdas, polivalente no campo e todo carácter, vén de estrear a súa segunda tempada en fútbol herba cunha rotunda vitoria. Estudante de 2º de Bacharelato, sabe o que quere e non perde o tempo noutra cousa que non sexa ir na súa procura. Mentres, vive con paixón cada encontro e non desfalece en tentar que todo sexa un día non moi lonxano máis igualitario. Antía non só capitanea un equipo de fútbol de mozas...tamén manexa o timón dunha exquisita madurez. Amósao con absoluta rotundidade nas respostas as nosas preguntas.
- Agardabas unha campaña tan boa como a da tempada pasada?
Pois non sei a verdade, sabíamos que tiñamos moi bo equipo, formado con xente con experiencia e outra que empezaba dende cero. Era o noso primeiro ano, tanto federadas como xogando en campo, así que non tiñamos nin idea de como ía estar o nivel no noso grupo. Ao principio do proxecto a xente dudaba de nós, sen embargo cada fin de semana, en cada partido demostrábamos o que realmente valíamos e empezamos a gañarnos a confianza da xente. O que nos garantizou unha campaña como a pasada foi a piña que fixemos, o equipo era como unha familia, o ambiente que había, as actividades que organizábamos xuntas... Nós en ningún momento nos propuxemos "gañar", era o noso primeiro ano e o único que queríamos era disfrutar do bo fútbol. Nunca dudei das miñas compañeiras, e moito menos de Fran e Fernando que fixeron un traballo inmenso ao longo da temporada.
- Cres que tedes equipo para igualala ou, aínda mellor, superala?.
Este ano temos moi bo equipo, xa que as que o ano pasado empezaban dende cero, este ano contan con un pouco máis de experiencia, despois tamén fixemos unhas fichaxes incribles; a intensidade e o regate de Noelia, Silvia en defensa, o toque de Sandra, a velocidade de Ainoa e a tranquilidade que da María na acción de xogo aportan moitísimo no campo e ao equipo. Creo que co equipo que temos podemos igualar a tempada anterior, incluso superala, pero non podemos desconcentrarnos, tras o gran traballo que fixemos en pretempada, non podemos facer que fora en vano. Vai estar moi interesante este ano, a ver o que nos depara.
![]() |
Todo pundonor |
-O fútbol feminino vai gañando terreo en afeccionados e atención mediática. Que proporías para darlle máis visualización e que cobrase a relevancia que merece?.
O primeiro que proporía sería unha educación feminista cara os deportes. Por que o baile ten que ser para as mulleres e o fútbol para os homes? Dende moi pequenas inténtasenos educar con estes roles de xénero, e a xente que os rompe é moi criticada e ata desprezada, e falo por experiencia propia. Levo xogando ao fútbol dende moi pequena e sempre recibía apodos ou comentarios como "macholiño"ou "Antía é un "homiño máis", só porque me guste xogar ao fútbol, xa son un "macholiño"? Alégrome moito de que estes comentarios non me influíran no meu camiño, xa que grazas a nós, ás nenas que se animan a xogar, estanse empezando a romper estes estereotipos, por alguén ten que empezar o cambio. Despois propoñería máis atención mediática, que se retrasmitiran máis partidos na televisión, que os equipos estén patrocinados por grandes marcas e sobretodo o mesmo orzamento que o fútbol masculino, aínda que non estou a favor da gran cantidade de cartos que move a estes.
. Eres das que ten algún ritual antes de saltar ao campo?.
Pois a verdade é que non teño ningún ritual, pero quen sabe, ao mellor nun futuro...
- Ser capitana é unha gran responsabilidade. É algo que ás veces pesa?.
Como ben dis, é unha gran responsabilidade. Ser capitana é ter a voz no campo e fóra del. Encargarse de animar ao equipo, de facerlle saber os erros e intentar axudar no máximo posible a correxilos e tamén felicitar as boas accións. A mín cando as miñas compañeiras me elixiron capitana non sabía o que conlevaba, pero co paso dos entrenos e partidos, cos erros que cometín a tempada pasada, e pódoche asegurar que foron moitos. Aprendín o que é ser capitana realmente, o valor que ten. Aínda a día de hoxe sigo tomando decisións erróneas, pero a partir delas sempre aprendo algo novo. E que leve un cacho de tela no brazo esquerdo non me fai superior a ninguén, o meu voto é igual que a do resto de compañeiras e elas tamén me corrixen. Aprendo con e de elas.
![]() |
Saber estar |
- Compaxinar estudos e adestramentos...como se leva?.
Cando cursaba a ESO só xogaba futbol sala e era moi fácil coordinar ambos. Pero o ano pasado, empezaba 1º de BACH e decidín apuntarme tamén a fútbol campo. Ao principio levabao bastante ben, pero cando empezou a temporada de exames, tiven que empezar a saltar entrenos, xa que me considero unha persoa que estuda con anterioridade e que se intenta organizar para ter o fin de semana sen agobio, xa que sábados a tarde xogaba futsal e domingos dependendo de se o partido era fora ou na casa,pola maña ou pola tarde xogaba fútbol campo; e aínda así moitas veces levaba os apuntes nas viaxes. Dábaseme moi mal saltar os entrenos, xa que estar nun equipo o esencial é o compromiso que aportas, pero prefería saltarme un entreno, a non ir ao partido ese fin de semana. Este ano curso 2º de BACH e sigo co mesmo plan, futbol sala, os sábados e fútbol campo, os domingos. Vexo complicado que vaia a todos os entrenos, pero intentarei organizarme e ir a todos!
- Veste xogando noutro equipo?. Quizais nalgún profesionalizado onde o fútbol se convirta no teu medio de vida?.
Creo que chegar a vivir do fútbol sería un soño para min, pero véxoo bastante complicado. Quédame moito por medrar e madurar, aparte os estudos que estou a realizar impidenme moverme a grandes distancias, pero quen sabe, ao mellor nun futuro... Ainda que se sigo estudando cerca véxome máis anos nas Miúdas, pero tampouco tomaría unha decisión que me impida medrar.
-Cando les as cifras das fichaxes e soldos que se moven no fútbol masculino, que sintes?.
IMPOTENCIA. Como ben dixen antes non me gusta nada a cantidade de cartos que move o fútbol masculino, paréceme unha estafa. Como un xogador pode valer 100 millóns de euros? Parécenme que ensucian o fútbol que nos gusta. Aparte de que eses cartos podían ter mellor utilidade, como por exemplo axudar ao que os necesitan. E os soldos que teñen son unha barbaridade. Paréceme moi inxusto que un futbolista cobre máis que un médico, que non lle quito méritos ao traballo diario que realiza o deportista, senon que a suma de diñeiro que gana é un disparate. Totalmente en contra do sistema futbolístico actual.
![]() |
Elegancia |
-Tes moito seareiro na túa familia?.
Bueno, a miña familia gústalle moito que faga deporte, pero non teñen especial afán polo fútbol. Meu pai é o que máis segue o fútbol, pero tampouco é que sexa moi fan. A miña familia venme ver a todos os partidos que xogo na casa.
-Un desexo a nivel deportivo e outro a nivel persoal, que che gustaría cumprir.
![]() |
LA CAPITANA |
No hay comentarios:
Publicar un comentario