![]() |
Fisterra e Cee estarán moi pendentes dos goles do Dumbria esta fin de semana |
COMPÁS DE ESPERA
Rematadas as competicións ligueiras agás Preferente, quedan Dumbría, Fisterra e Cee a expensas do derradeiro encontro no Conco e arrastres varios, que se irán dilucidando ao longo das vindeiras semanas. Os verdes teñen como opción máis factible un ascenso do Puebla na súa eliminatoria a dobre partido diante do Carral, que os deixaría un ano máis na Primeira e, de paso, ao Cee en Segunda. A salvación do Dumbría pasa por vencer o domingo e agardar acontecementos noutros campos, sendo precisas varias carambolas para manter a prezada categoría. Pero como dicía a canción aquela...máis raro foi aquel verán que non parou de chover. Que a esperanza sexa sempre o último quie se perde!.

IAGO xogador do Dumbria no último encontro no Conco |
PREFERENTE NORTE
Despedidas a domicilio de XALLAS e SOFÁN, que visitarán ao RIBADEO e o ESCAIRÓN, respectivamente. Sen máis nada en xogo que a honra para todos eles. Non así o DUMBRÍA, que ademais de deixar os fígados diante do SAN TIRSO, precisará unha xogada de auténtica enxeñaría para cadrar as contas e manterse na Preferente. De seguro que O Conco será unha ola a presión e a vitoria será o único que se contemple. Despois....tarde de aplicacións e resultados ao minuto para ir calibrando as opcións. É dífícil....mais non imposible.

BERGANTIÑOS Femenino |
FÚTBOL FEMININO
Unha tarde para esquecer a vivida polas MIÚDAS a xornada pasada, pero non cabe mirar atrás estando xa aquí a penúltima xornada da competición diante do CARRAL, nos postos dabaixo da clasificación e con quen as muradanas quererán facer un fin de festa perfecto diante da súa afección.
Mellor sorte tiveron en terras carballesas, con vitoria a domicilio do BERGANTIÑOS e xa listas para recibir a nada menos que as líderes SCD PASTORIZA. Espectáculo do bo asegurado!.

Imagen del Soneira - Coristanco |
COPA DA COSTA
Uns cuartos a medias que se darán perfilado esta fin de semana cuns emocionantes MAZARICOS - ESTEIRANA no que levan vantaxe os esteiráns pola mínima, un CORME - SOFÁN pelexado e un intensísimo e sorprendente CORISTANCO - SONEIRA, con táboas na ida en Vimianzo. Que A Rocheira vai encher ata a bandeira nin se dubida. Tarde para o marabilloso espectáculo do fútbol en todo o seu esprendor. Como colofón, XALLAS - ZAS, que se adianta a mañá venres e no que os xalleiros xa parten cunha vantaxe de dous goles. Pero hai que xogar!.

Imagen del pasado XALLAS - OUTES |
No hay comentarios:
Publicar un comentario