viernes, 18 de mayo de 2018

BANCADA PREVIA


VERDE E BRANCO

Esas son as cores desta fin de semana. As do Fisterra e o Dumbría que
morrerán matando se é preciso. Máis doado téñeno os da fin da terra, pois
dependen de sí mesmos e chegaríalles cun empate, aínda que nun encontro
difícil cun Piloño en desputa polo segundo posto. O Dumbría visita Sofán
nun derbi desigual, cos vermellos nadando a favor da corrente e os
dumbrieses a piques de afogar pero aínda respirando, co hándicap de que
pese a que saian vitoriosos dos dous partidos restantes, precisan cadrar
outros resultados para a ansiada salvación. En Baio, terán fin de festa por
todo o alto, xa ca permanencia asegurada, mentres en San Lorenzo verán a
outra cara da moeda. No medio, a emoción da Copa con polémica incluída.
Coma todos os anos, vaia!.

Juan de Dora volverá a enfrentarse a seus ex-compañeiros
PREFERENTE NORTE

O derbi entre SOFÁN e DUMBRÍA acaparará boa parte da atención da xornada
do domingo, cos do Conco vivos grazas a unha agónica vitoria de última hora
a pasada xornada. Só vale sufrir e agardar que o Sofán non teña o seu
mellor día despois do maratón copeiro da semana, pois xogarán tres partidos
en catro días, O mesmo lle tocará ao XALLAS, que se despedirá da súa
afección na casa diante do VIVEIRO, pois tocarálle rematar a competición
fóra do seu campo.

Dani Rubia do Fisterra presionando a un rival baixo a mirada de Roco
PRIMEIRA GALICIA

O FISTERRA xa nos ten acostumados a épicas varias, pero o domingo xógase
unha permanencia que sería balsámica despois dunha tempada non exenta de
problemas, escasa de efectivos en moitos partidos e co destape de varios
xuvenís coma xogadores de primeirísima clase. Visitarán PILOÑO e sairán o
campo mantendo a categoría, pois o empate valeríalle. Mantelo ou superalo é
o único que teñen na cabeza os fisterráns despois da exhibición do domingo
pasado. O BAIO remata na casa diante do UNIÓN nun partido que promete ser
toda unha festa, ao ter asegurada xa a permanencia nun espléndido esprint
final. O SAN LORENZO sairá a LALÍN antes de voltar á Liga da Costa,
rematada a súa andaina na Primeira. O SONEIRA pola súa banda acode a
BASTAVALES sen nada en xogo nin uns nin outros. Puro trámite e ata a
próxima tempada.

As Miudas no encontro fronte o Villestro
FÚTBOL FEMININO

Apoteósico coma pouco o partido das MIÚDAS da xornada pasada, con emoción,
goles no derradeiro minuto e todo canto precisa un partido para que sexa
apaixonante e inolvidable, mais xa está aquí o seguinte, onde irán baterse
co SE ABELLÁ, cuarto clasificado. Pero quen dixo medo?. No BERGANTIÑOS non
quixeron ser menos e tamén certificaron unha gran vitoria antes de visitar
esta semana a un, a priori, cómodo VITORIA C. Todo é posible con elas!,

Luis Porto sacando foto dos Capitans do Zas e Malpica co Colexiado na Copa
COPA DA COSTA

Aínda non remata oitavos e xa temos aquí os cuartos, que se desputarán
entre sábado e domingo, segundo quen teña competición dominical ou non.
Sen sorpresas, o campión vixente, o Fisterra, cae diante do Sofán nunha
eliminatoria marcada pola competición ligueira dos fisterráns, que os
abocou a competir cos cinco sentidos postos na permanencia. SOFÁN - CORME,
-que venceu o Muxía- promete ser un dos pratos fortes, pois fútbol do bo
non lles falta a ningún dos dous. No mesmo cadro, o SONEIRA recibirá en
primeira instancia a un CORISTANCO que deixou apeado ao San Lorenzo.

O ZAS - XALLAS abrirán a outra zona do cadro e, por esa banda, todo un
ESTEIRANA - MAZARICOS, reeditando as aínda recentes emocións dos seus encontros ligueiros, que decantaron a Liga da Costa. Que non se diga que non hai onde escoller!.

DORO no encontro contra o Outes

No hay comentarios:

Publicar un comentario