viernes, 9 de marzo de 2018

BANCADA PREVIA

Dulce redactando esta enorme BANCADA PREVIA

DE ILUSIÓN TAMÉN SE VIVE

Ilusionarse é obrigado cando un o que tenta é saír da negrura do pozo, das amarguras e de verse no vertixinoso fondo da táboa. Converter as ilusións en metas para que todo cobre sentido. E así debe estar sentíndose o San Lorenzo tras gañar en Ribeira, ou o Cee empatando na casa de todo un líder. Tamén en Coristanco, que contaron as ilusións por goles e xa cabalgan fóra da zona vermella desta pradeira que é o fútbol costeiro. Igual que o Outes, sorprendente cabalo gañador dese case derbi co Montelouro e a domicilio. E ilusión suprema a que vive o Volantes, xa confirmado o ascenso á esa sempre ilusionante Liga da Costa. Agora...mantéñanse ilusionados para o que vén.
Volantes de Baño recen ascendido a falta de 3 xornadas
PREFERENTE NORTE

Inaudito o acontecido ao SOFÁN a xornada pasada e diante do último clasificado. Un partido controlado, co marcador a favor e que, cousas do fútbol, acaba perdendo sen piedade con dous goles case seguidos que deixaron á familia vermella sen palabras. E peor, sen puntos. Visitarán ao ESTUDIANTIL con toda a intención de redimirse e pechar feridas. O DUMBRÍA viviu unha situación parecida pero ao revés, foron quen de empatar cando xa os puntos parecían voar do Conco. Non vai ser cómoda, por dicilo dalgún xeito, a viaxe ao POLVORÍN, líder da competición e de infausto recordo no partido da ida. O XALLAS tamén tirou de empate despois de ir por diante e por debaixo, e verase as caras co AT. ARTEIXO nun desprazamento que pode darlle moitos réditos pola proximidade de ambos na clasificación.
David Carreira (Dumbría) pasa o tempo, pasan os anos e segue cumprindo as mil maravillas (CARRAGHER)

PRIMEIRA GALEGA

O SAN LORENZO ascende un peldaño máis cara o ceo despois dos tres puntos do domingo pasado, e non deixarán de soñar conque sexan seis se son quen de consumar outra vitoria diante do SILLEDA, aos que cederon gustosos a última posición da táboa. O FISTERRA ainda rumía a ocasión perdida na xornada pasada, pero xa está aí o CHAIÁN para facer que toda esperanza siga en pé e sumar volva a ser o resultado de cada partido. Encontro vital para as aspiracións fisterranas de non pasar moitos apuros de aquí en diante. O SONEIRA goleou ao colista e agora requerirán concentración e folgos para a visita do UNIÓN, duro coma poucos equipos da categoría. O BAIO naufraga pero non desiste, agarda tempos mellores e dar a campanada en LALÍN sería un inmellorable empurrón. A ilusión tamén xoga.

RUDY a nova fichaxe do Soneira, clase non lle falta
LIGA DA COSTA

O CEE navega en augas calmas, fora da bravura das duas últimas posicións pero aínda en zona de temporal. Visitará a un CORME que no seu campo é intratable, mais nada está escrito e todo pode pasar. Que lle lo pregunten se non ao MAZARICOS, que tentará en MALPICA por todos os medios de retomar a senda do triunfo e de reafirmar o seu liderazgo. Porque a pouco que se descoiden aí está o BAIÑAS, prácticamente infalible e desexando recibir ao CORISTANCO. Como fará a ESTEIRANA en BUÑO, ansiosos por non perder o tren da cabeza e listo para asaltar cotas máis altas se alguén pincha inesperadamente. O PONTECESO recibirá a un ferido MONTE LOURO, nun partido de igual a igual, cos mesmos puntos e a necesidade de deixar atrás a cantos máis perseguidores, mellor. O OUTES aínda a lomos da felicidade que da gañar contra pronóstico, cando xa ninguén o agarda nin o teme, e iso será o que se atope o CERQUEDA, disposto tamén a sumarse a esa felicidade pero en beneficio propio. O MUXÍA non sinte máis vento que os dos goles furando as redes contrarias, e nesa xeira seguirán co permiso do ZAS, con gañas de remontar e poñer as cousas difíciles ao rival. O LIRA, por contra, agarda ao CAMARIÑAS para esquecer canto antes a sufrida derrota da semana pasada diante dos veciños esteiráns. Non hai mal que cen anos dure, nin rival ao que non se poida derrotar. 

Imaxe do Cee - Cerqueda
TERCEIRA GALEGA

O VOLANTES desfruta da resaca do ascenso e terá toda unha semana para recuperarse, pois descansa e o pasillo terá que agardar. O MUROS quere sumarse á festa e tentarao fronte o CASTRELO, mentres CABANA e CASTRIZ desputarán un dos choques da xornada. CORCUBIÓN e SEAIA remarán contra os elementos, afastados de toda posibilidade de que os soños se cumpran esta tempada. PORTEÑO CAMELLE serán un balón de osíxeno mutuo según quen derrote a quen nun tremendo derbi camariñan, na mesma tesitura que o NANTÓN - LAXE. E o AMEIXENDA terá a visita do OUTES B nunha ocasión para o asalto a eses postos de promoción ao ascenso. 

O Camelle visita a un Porteño con gañas de levarse o derbi camariñan
FÚTBOL FEMININO

Enormes esas MIÚDAS vencendo e aproveitando un partido que se puxo de cara moi cedo. Con tesón e entrega, a vitoria quedou na casa e a visita a CARREIRA sería a rúbrica perfecta para confirmar que están de novo na senda gañadora.


As rapazas do BERGANTIÑOS, pola contra, viron coma despois dun máis que digno e competido partido, perdían cun marcador inxusto para o desenvolvido durante o encontro. Visitar ao ORZÁN, segundo clasificado, parece un reto difícil de escalar...pero a última palabra non estará dita ata o minuto noventa. Gueli motivará e tentará para que gañar non sexa unha quimeira, senón algo factible.

 
LAURA una de las habituales en el 11 de las Miudas

No hay comentarios:

Publicar un comentario