viernes, 11 de mayo de 2018

BANCADA PREVIA

Marcote del Dumbria con un rival
VÉRTIGO

O mesmo suspense que na película de Alfred Hitchcock deben estar a sentir equipos como Dumbría e Fisterra, absolutamente desesperados por puntuar e agardar acontecementos doutros campos e incluso categorías por aquelo dos arrastres. Outros coma o Baio vén rematar a competición apurando os bos resultados da recta final e outros tamén, coma o San Lorenzo, xa se preparan para desputar de novo a Liga da Costa a próxima tempada. Queda pouco, sí....pero tremendamente vertixinoso!.
CAMILO del Xallas en el encuentro de Copa frente al Cee con NICO en la pugna del balón
PREFERENTE NORTE

Un tropezo o do DUMBRÍA inesperado que complica e moito a permanencia, pois o calendario non é doado e as xornadas cada vez son menos para a remontada. O Conco terá outra proba de fogo coa visita do ESCAIRÓN, tamén en postos de descenso e quizais das derradeiras balas que lle queden aos dumbrieses. Un SOFÁN que terá que desputar xornada de Copa acudirá o domingo a ARZÚA sen moita necesidade, cos deberes feitos e a tranquilidade de non xogarse máis que a honra de non perder. Outro tanto o XALLAS, que non obstante terá ardua laboura en PAIOSACO, pois éstes teñen o título a tiro de pedra.

El SAN LORENZO vencía al Corcubión en Copa este pasado fin de semana
PRIMEIRA GALEGA

Un dramático FiSTERRA ten diante do BASTAVALES a oportunidade de seguir soñando con non descender despois de varios resultados adversos nun tramo final enfrontándose a todos os equipos de arriba. Complicálle a cousa a eliminatoria de Copa do sábado, que fai difícil ter xogadores para tanta competición. O domingo Ara Solis a bo seguro que será unha ola a presión para o equipo contrario e empurrará aos seus en pos da vitoria ata o alento final. O BAIO, por contra, visita ao colista SILLEDA e pode firmar xa a ansiada permanencia despois dun gran sprint final. O SONEIRA recibe ao LALÍN nun choque sen trascendencia para ningún dos dous, e o SAN LORENZO, case coma fin de festa, terá ao temible PUEBLA en Berdillo. 

Plantel das MIUDAS
FÚTBOL FEMININO

Cumpríronse os pronósticos e as mozas do BERGANTIÑOS golearon ao colista, mais esta semana reciben a un potente RIBADEO, instalado na cuarta posición. As bergantiñanas precisarán todo o empurre que as caracteriza para deixar os puntos na casa. As bravas MIÚDAS sufriron unha dolorosa derrota a xornada pasada, asi que toca repoñerse canto antes para enfrontarse ao RÚA VALDEORRAS e non deixar que lles arrebate un posto na clasificación, pois as muradanas están dous puntos por enriba. 

Los Capitanes Fernando (Cabana) y Mendieta (Ponteceso) junto al arbitro este pasado fin de semana
COPA DA COSTA

Encuentro Camelle - Esteirana con Miguel Riveiro y Pachi en disputa
Destacadísimo SOFÁN - FISTERRA con fastos de inauguración de campo incluído, aínda que o adestrador fisterrán Noé xa advertíu de que non contará coa súa plantilla habitual por mor do partido de Liga do día seguinte, onde prácticamente se xoga a tempada. As súas críticas ao calendario e organización quedan patentes nunha mención na páxina de facebook LIGA FUTBOL DE LA COSTA e na posterior entrevista nun medio de comunicación, a raiz de sair a información nesa páxina.
 Outros tamén en competición coma XALLAS e SONEIRA, desputarán os seus choques en OUTES e CAMARIÑAS respectivamente no anoitecer do venres. Un igualado MUXÍA - CORME tamén amosa prometedor, igual que o MALPICA - ZAS. PONTECESO e MAZARICOS, xunto con CERQUEDA e ESTEIRANA reeditan a recén rematada Liga da Costa, da que precisamente acaba de descender o CORISTANCO, que recibirá ao SAN LORENZO. Quizais descafeinada, pero sempre emocionante a competición copeira!.

DULCE autora de esta previa

No hay comentarios:

Publicar un comentario