viernes, 27 de abril de 2018

BANCADA PREVIA

A HORA DA VERDADE

Imagen del Porteño - Ameixenda (Fase de Ascenso a 2ª)
Para algúns vaise escribir esta vindeira xornada. Uns obterán praza para o ascenso de categoria e outros a posibilidade de poder desputala. Tamén se certificarán descensos matemáticos, mentres outros deberán agardar ao remate do resto de competicións. E polo medio, o torneo de Copa que tan desgustados ten a equipos que aínda están en competición e deberán afrontar catro partidos nunha semana, sobre todo no caso dos que se están a xogar a permanencia. O Dumbría xa renunciou a participar para centrarse na ansiada salvación, algo no que tamén se ve inmerso o Fisterra, que si desputará a Copa. A derradeira xornada na Costa e o ascenso de Terceira levarán toda a emoción desta fin de semana!.
Pesco del Dumbria que volvía a ver porteria ante un rival en el encuentro Dumbria 4 - Viveiro 2
PREFERENTE NORTE

Vén o DUMBRÍA de certificar unha importante vitoria, pero xa agarda o RIBADEO dende a súa cómoda posición de cuarto clasificado para tentar estragar o bo momento. Puntuar cada domingo é a mellor garantía de salvación. O SOFÁN viaxará a VIVEIRO para resarcirse da inesperada derrota na casa contra os betanceiros. E o XALLAS tampouco agardaba sumar máis que un punto, así que a súa viaxe a DUBRA irá cargada de intencións de cara á vitoria.
Imagen del Fisterra - Baio (Roco del Fisterra con Rubio)
PRIMEIRA GALEGA

En FISTERRA as boas novas non dan chegado, e a visita do líder PUEBLA coma pouco intranquiliza. Apremiados por puntuar e cun calendario infame, en Ara Solis van precisar a axuda de cantos deuses anden operativos. Precísanse que todos boten unha man.Para o SAN LORENZO quizais xa non abonde nin a axuda divina, e por enriba recibirán a un BAIO que xa non lembra o que é perder. Tampouco o SONEIRA terá un partido cómodo contra o AGOLADA en Vimianzo. O rival xógase non perder comba na desputa polo liderato.
Encuentro Esteirana - Coristanco
LIGA DA COSTA

Todo o peixe vendido na Segunda, con campión dende fai un par de semanas e a incógnita de quen xogará a Fase de Ascenso. No partido definitivo un dos aspirantes, o MAZARICOS, recibe a outro aspirante pero a dalo todo pola salvación, o CORISTANCO. Un partido dramático para os dous e pendentes do LIRA - CORME, pois entre mazaricáns e cormeláns está esa codiciada praza para o ascenso. Pola parte baixa, o CAMARIÑAS terá na casa e diante do MUXÍA o todo ou nada da tempada, mentres un incrible OUTES quererá deixarse a pel diante do BAÍÑAS para que quede claro que ninguén pode ser enterrado antes de estar morto. Na mesma tesistura, o BUÑO - CEE, pois os temidos arrastres poden complicarlle a vida a calquera dos dous. A ESTEIRANA e o MONTELOURO firmarán un fin de festa con todos os deberes feitos, case igual que o MALPICA - CERQUEDA, cos malpicáns claramente colocados para non correr perigo de ningunha clase.
O segundo do Coristanco non as ten todas consigo
FASE DE ASCENSO DA TERCEIRA
Imagen del Porteño 1 - Ameixenda 1
O AMEIXENDA - PORTEÑO, xa definitivo, dará a benvida a un novo participante na Liga da Costa e acabará coas ilusións do outro deixándoo un ano máis na categoría de abaixo. O partido da xoranda para todos e todas os que gostan de emoción en estado puro. Sorte aos dous!.
El Mister del Porteño VARELA, no lo veía nada claro el domingo pasado
FÚTBOL FEMININO
Imagenes de las Miudas el fin de semana pasado
As bravísimas mozas do BERGANTIÑOS souberon sufrir e impoñerse a un dos poderosos da Liga a semana pasada. Unha vitoria das que dan tres puntos e moito ánimo para visitar ao PORTAZGO no seguinte encontro e seguir sumando. Non menos bravas as nosas MIÚDAS, que se deron un festín de goles, ata unha ducia. Visitarán nada menos que ao ANTAS, líder destacado da competición. Pero quen dixo medo?.
Plantilla del Bergan tras la victoria el fin de semana pasado
Texto escrito por la Fantástica Dulce Corcu
Dulce, buscando la inspiración en el puerto de Corcubión

No hay comentarios:

Publicar un comentario