 |
ESTEIRANA - CAMPEÓN DE LIGA DE LA COSTA 2017/2018 |
INIMIGO ÁS PORTAS
Difíciles encontros para todos aqueles que andan á procura de manterse ou de aspirar ata o derradeiro alento por unha praza que permita alomenos desputar a posibilidade dun ascenso. Algo que xa traen feito
Porteño e
Ameixenda, que se baterán no primeiro "round" este domingo. Intensísima será a tarde en
Baio, máis enchufados ca nunca para recibir a todo un
Soneira no que de seguro será un emocionante e espectacular derbi.
Dumbría e
Fisterra convivirán coa presión de que fallar está case prohibido. E na Liga da Costa hai campión, unha brilante
Esteirana...pero a parte baixa bota fume. Todo por decidir e moito por desfrutar!.
 |
Imagen del Dumbria - Betanzos de hace unas semanas (PESCO con un rival) |
PREFERENTE NORTEPésima xornada a pasada, con pleno de derrotas nos nosos tres participantes. Un
DUMBRÍA con imperiosa necesidade de puntuar terá boa ocasión coa visita do VIVEIRO, non moi alonxado dos seus postos. Non así o
SOFÁN, que terá que vérseas, tamén na casa, co PAIOSACO, que segue segundo. O
XALLAS recibirá a un RESIDENCIA moito peor clasificado, co que os xalleiros agardarán retomar a senda da vitoria.
 |
Imagen del Fisterra - Baio (Roco saltando con Peke) |
PRIMEIRA GALEGAUn
BAIO pletórico, que só suma vitorias dende fai varias semanas, terá no Platas Reinoso e diante de todo un
SONEIRA a proba definitiva que os saque de dúbidas e de botar contas, pois a salvación estaría perfectamente a tiro. Non poden dicir o mesmo en
FISTERRA, aos que as dúas derrotas consecutivas deixan nun lugar cando menos comprometido. Visitarán ao AGOLADA, en disputa pola Liga pero ante o que haberá que dar a batalla como sexa. Nun partido tamén decisivo para os fisterráns, enfrontaránse o
SAN LORENZO e o TORDOIA. A partires de agora, tarde de transistores en todas as categorías.
 |
Jugadores de la ESTEIRANA celebrando el Titulo de CAMPEONES DE LIGA |
LIGA DA COSTAHorarios unificados para as dúas xornadas que quedan na Liga máis emocionante deste ano. A
ESTEIRANA soubo dar o "do" de peito nos momentos importantes e aí está como flamante campión, título que estreará en
MUXÍA. Na parte baixa, un dramático
CORISTANCO -
CAMARIÑAS pode selo todo ou nada para calquera dos dous. Quen aínda está a un paso de conseguer algo é o
MAZARICOS, que visitará
PONTECESO co único obxectivo de manter a actual segunda praza que permite pelexar pola outra praza de ascenso. Coa mesma esperanza e aínda posibilidades tamén se atopa o
CORME, que despois do duro mazazo da semana pasada recibirá a un
BAÍÑAS onde a ilusión si que xa non xoga. Apaixoante derbi entre
CERQUEDA e
BUÑO nun partido deses no que calquera resultado é posible. O
CEE apunta alto despois de sendas vitorias, tanto no terreo de xogo coma nos despachos, e agarda polo
LIRA con toda a intención de non desfalecer e poder manterse.
MONTE LOURO e
MALPICA xóganse o posto, pois ambos están empatados a puntos e o que gañe, sube. Un
OUTES que ó único ao que renuncia é a tirar a toalla, será visitado por un goleador
ZAS nun partido vital para esas aspiracións ás que ninguén quere renunciar.
 |
Imagen del Cee - Sporting Zas de hace unas semanas |
FASE DE ASCENSO NA TERCEIRA
 |
Imagen del encuentro de vuelta de la fase de Ascenso entre Ameixenda y Camelle |
PORTEÑO e
AMEIXENDA faránnos vivir a emoción do ascenso na primeira tanda e dende A GRIXA. Ninguén quererá fallar, todo por decidir e moito en xogo. Que máis ingredientes pode ter unha fantástica tarde de fútbol?.
COPA DA COSTACASTRELO -
SEAIA e
CORCUBIÓN -
LAXE dirimirán esta previa da Copa xa cos partidos de volta.
FÚTBOL FEMININO
 |
JULIA (Portera de las Miudas que se lesionaba la semana pasada) |
Caen as nosas bravas e non por merecemento, pero ás veces son outros factores os que determinan os resultados.
AS MIÚDAS sufriron, ademais da derrota, a lesión da súa porteira Julia, e as mozas do
BERGANTIÑOS non puntuaron pese a ter remontado e a boas ocasións de pechar o partido. Finalmente non puido ser. E tampouco será doado esta semana...coas bergantiñanas recibindo a un temible Imperátor, mentres que as muradanas quizais atopen respiro no colista Atl. Estrada.
 |
Dulce (Artista de esta fantástica previa) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario