![]() |
Dulce |
DOMINGO DE RESURRECCIÓN
![]() |
El arbitro ALBERTO sale con los dos Equipos al campo (Baiñas y Esteirana) |
PREFERENTE NORTE
Recibe o DUMBRÍA ao ESTUDIANTIL nun choque que os do Conco teñen que xogar coma se fose o último, despostos a dar esa estocada que os suba un chisco máis na clasificación e faga reais as aspiracións de salvarse. O SOFÁN, ben encaramado no medio da táboa, acollerá ao pechacancelas OUTEIRO DE REI, que por forza ten que servirlles para reafirmarse e manterse en posicións altas e afastadas de perigos. O XALLAS agarda en Fontenla ao ÓRDENES, dous puntos e unha posición por debaixo dos xalleiros no que promete ser un dos encontros da xornada.
![]() |
Encuentro que enfrentó hace unas semanas al Xallas y Sofan |
PRIMEIRA GALEGA
Acode o SONEIRA a SILLEDA, rival en postos de descenso que non debera inquedar aos de Vimianzo, coas feridas sanadas despois da goleada da semana pasada a outro colista coma o Riveira. Non hai mal que cen anos dure nin goleada que non redima. Pola contra, o BAIO esmorece xornada tras xornada e non parece esta a propicia para a remontada, pois a visita do potente PUEBLA vai ser un oso duro de roer. Mais o efecto cancha e a ilusión por engancharse a esa vitoria que os encamiñe cara arriba, ten que ter o seu peso. O SAN LORENZO achégase ao AT. RIVEIRA nunha loita fratricida entre colistas, onde estes puntos suman moito máis que tres. E o FISTERRA, decidido a que a súa visita ao duro UNIÓN supoña outra xornada máis sen perder, sen apenas encaixar goles e con xogo e emoción en cada partido.

El Soneirán De la Sierra con un rival del Riveira |
LIGA DA COSTA
O rexurdimento do CEE apaciguou por un intre as malas sensacións de xornadas anteriores, pero a súa visita a MAZARICOS non semella o máis doado para consolidarse, sobre todo cuns mazaricáns enrabietados despois de ceder dous puntos ante un BUÑO que a súa vez recalará en MALPICA. O MONTELOURO ten ante o OUTES unha inmellorable ocasión de seguir sumando e abraiando, gustando e gustándose. Máis ou menos coma o MUXÍA, que se batirá en Arliña co PONTECESO coa praza en desputa, pois só os separan dous puntos. O CAMARIÑAS será o anfitrión da estrela da semana pasada, o BAÍÑAS que venceu con superioridade á ESTEIRANA, que esta xornada serán visitados por un sempre difícil e combativo LIRA, nese tipo de partidos de resultado impredecible. CORISTANCO e ZAS miden forzas, un para fuxir dos postos de abaixo e outro e para manterse na zona de cónfort. Por último, un CERQUEDA - CORME que pode ben ser o partido da xornada, con moito en desputa por ambas partes. Goles e paixón seguro que non faltan.

Jugadores del Cee (AITOR) y Cerqueda (MIGUEL) en la pugna por el esférico |
TERCEIRA GALEGA
VOLANTES e MUROS xa viven días de viño e rosas, e o segundo descansará mentres o primeiro recibirá a un AMEIXENDA con ganas de non perder o tren da Fase de Ascenso, nun partido prometedor nesta categoría. CAMELLE e CORCUBIÓN ven o seu encontro dende posicións moi dispares, cos de Emilio moi acuciados por vitorias que nunca dan acabado de chegar. CASTRIZ - PORTEÑO será outra batalla a brazo partido, empatados e puntos nunha zona media que aínda alberga aspiracións. Outro tanto pasa co CABANA - LAXE, a só un posto un do outro e ben situados para a fase final, pero lonxe dos primeiros postos de saída directa. O OUTES B terá no NANTÓN outra pedra de toque máis no que aspirará a puntuar e ver a vida un pouco dende máis arriba.

11 del CASTRIZ frente al Corcubion |
![]() |
11 del CORCUBIÓN frente al Castriz |
O BERGANTIÑOS de GUELI xogará ás doce do mediodía e recibirá ao U. CAMPESTRE, mellor situadas na táboa pero coas bergantiñanas máis que despostas a dalo todo. Non menos farán AS MIÚDAS recibindo ao XUVENTÚ AGUIÑO, nun encontro perfecto para escalar posicións e que Fran e as súas pupilas farán porque os tres puntos queden na casa.
![]() |
La portera de AS MIUDAS (JULIA) sale ante la rival CARLA |
Redactora: Dulce
No hay comentarios:
Publicar un comentario